Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


Produción da información, Ejercicios de Periodismo

Asignatura: Producción da Información, Profesor: Berta García Orosa, Carrera: Periodismo, Universidad: USC

Tipo: Ejercicios

2017/2018

Subido el 19/02/2018

mancebicienta
mancebicienta 🇪🇸

4.5

(4)

2 documentos

1 / 17

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
Produción da información
1. Introdución aos conceptos básicos do xornalismo
1.1 O sistema mediático e o rol do xornalista
Para poder entender que é un xornalista debemos entender que é un xornal. Un xornal
é un medio de comunicación social (como a TV e a Radio) que se publica
periodicamente. A súa misión fundamental é a de informar, educar e entreter.
Xornalista: un profesional da información, un mediador da realidade ou intérprete, ten a
función de informar e de tematizar, non podemos ser obxectivos pero debemos ser
honestos, hai que proporcionar coñecemento e non emocións.
Frente á suposta necesidade de informar obxectivamente, temos que dicir que a
obxectividade non existe, pero si a honestidade profesional. O concepto de
obxectividade refírese a reflexar os feitos tal e como son. Non obstante, poucos autores
defenden hoxe a posibilidade dunha obxectividade informativa. Sosteñen que incluso no
caso de que exista unha vontade por obxectivizar os acontecementos, o propio proceso
da comunicación está organizado de tal forma que iso é imposible.
No texto El periodista polivalente atopámonos con que antes o xornalista tiña unha
función determinada (redactor, editor…) e agora unha mesma persoa pode cubrir todas
esas funcións, de o termo polivalente. Esto é posible en gran parte grazas ás novas
tecnoloxías.
MARCO LEGAL
Segundo o artigo 20 da Constitución Española, temos dereitoa comunicar ou
recibir información veraz por cualquera medio de difusión. A lei regulará o dereito á
cláusula de conciencia (publicar información veraz, non falsa) e segredo profesional
no exercicio destas liberdades. O exercicio destes dereitos non pode restrinxirde
mediante ningún tipo de censura previa.
A pesar do Artigo 20 da Constitución Espñola, en numerosas ocasións somos
nós mesmos os que aplicamos unha censura (AUTOCENSURA). Exemplo da rolda de
prensa de políticos:
-Aos fotógrafos mándanos a zonas onde as fotografías non saen ben,
obligándoos a utilizar as que envían os propios partidos (que en xeral, favorecen ao
partido).
pf3
pf4
pf5
pf8
pf9
pfa
pfd
pfe
pff

Vista previa parcial del texto

¡Descarga Produción da información y más Ejercicios en PDF de Periodismo solo en Docsity!

Produción da información

1. Introdución aos conceptos básicos do xornalismo

1.1 O sistema mediático e o rol do xornalista

Para poder entender que é un xornalista debemos entender que é un xornal. Un xornal é un medio de comunicación social (como a TV e a Radio) que se publica periodicamente. A súa misión fundamental é a de informar, educar e entreter.

Xornalista : un profesional da información, un mediador da realidade ou intérprete, ten a función de informar e de tematizar, non podemos ser obxectivos pero debemos ser honestos, hai que proporcionar coñecemento e non emocións.

Frente á suposta necesidade de informar obxectivamente, temos que dicir que a obxectividade non existe, pero si a honestidade profesional. O concepto de obxectividade refírese a reflexar os feitos tal e como son. Non obstante, poucos autores defenden hoxe a posibilidade dunha obxectividade informativa. Sosteñen que incluso no caso de que exista unha vontade por obxectivizar os acontecementos, o propio proceso da comunicación está organizado de tal forma que iso é imposible.

No texto El periodista polivalente atopámonos con que antes o xornalista tiña unha función determinada (redactor, editor…) e agora unha mesma persoa pode cubrir todas esas funcións, de aí o termo polivalente. Esto é posible en gran parte grazas ás novas tecnoloxías.

MARCO LEGAL

Segundo o artigo 20 da Constitución Española, temos dereitoa comunicar ou recibir información veraz por cualquera medio de difusión. A lei regulará o dereito á cláusula de conciencia (publicar información veraz, non falsa) e segredo profesional no exercicio destas liberdades. O exercicio destes dereitos non pode restrinxirde mediante ningún tipo de censura previa.

A pesar do Artigo 20 da Constitución Espñola, en numerosas ocasións somos nós mesmos os que aplicamos unha censura (AUTOCENSURA). Exemplo da rolda de prensa de políticos:

-Aos fotógrafos mándanos a zonas onde as fotografías non saen ben, obligándoos a utilizar as que envían os propios partidos (que en xeral, favorecen ao partido).

-Aos xornalistas, en lugar de darlles un pase para a rolda de prensa, o partido político envía unha serie de declaracións. Así, a información a transmitir vai ser totalmente parcial, pois a fonte que recibimos nunca se vai perxudicar a si mesma.

Sistema de medios :

O sistema de medios é un sistema aberto e está influenciado por condicionantes políticos, económicos, sistema de produción da información e polo marco teórico (concepción do xornalista). Os sistemas abertos interrelaciónanse entre si.

Toda modificacións nun elemento do sistema vai influir no resto, posto que todos os elementos están interconectados. Se unha mesma entidade ten unha produtora de TV e un medio a través de internet e pechan o soporte de internet, perderán unha cantidade de fluxo de información posto que están pechando unha entrada

Outro problema da interconexión nos medios podémolo apreciar nas axencias de información. Estas danos noticias e nós mercámolas. O problema aparece cando todos compramos as mesmas, pois en todos os xornais atopamos o mesmo. Unh exemplo de axencia é EFE. Os soportes dos medios son diversos:

➢ Prensa impresa (xornais): ademais do contido, impacta a imaxe e a presentación da noticia ➢ Radio ➢ Televisión ➢ Axencias (*o gabinete non é un medio. é unha fonte) ➢ Medios online (internet): diversos medios decidiron trasladarse á rede e algúns son íntegramente online.

-diferencia entre gabinete e axencia-*

O gabinete non é un medio de comunicación, senon unha fonte de información cuxo obxectivo principal é planificar, implementar e avaliar a política comunicativda da entidade. Dan unha imaxe positiva da entidade para a que traballan. O gabinete non elixe o tema en función da audiencia, senon en función da entidade para a que traballa. Tampouco contrasta fontes, pois o gabinete en si é unha fonte.

A axencia de comunicación é un medio de comunicación cuxo obxectivo principal é a elaboración de noticias para vender a outros medios de comunicación. Elixe o tema en función da súa audiencia. Exemplos de axencias son EFE, Europa Press ou AFP.

Como síntese, o gabinete diferénciase da axencia nos intereses e no método de traballo.

1.3. La construcción social de la realidad.

Segundo Rosa María Calaf, unha noticia é aquelo que o protagonista non quere que se saiba. Á súa vez é algo que o cidadán debe saber, e tamén debe dar coñecemento de algo que o de o lado descoñece.

Noticia debería ser aquelo que ao protagonista non lle interese que se saiba. Por exemplo: en política, unha noticia sería aquelo que no queren que se saiba.

A realidade é que nos xornais moitas veces aparecen noiticias en portada que non interesan demasiado, pero sen embargo están aí.

-o funcionamento dunha redación-

A redación é o traballo dun xornalista, e é moi xerárquica:

  1. Director
  2. Director adxunto
  3. Subdirector
  4. Redactor Xefe
  5. Xefe de sección
  6. Subxefe de sección
  7. Redactores

A rutina que segue é a recollida de material, a elección do tema, o contraste das fontes, a documentación e a contextualización.

Un xornalista primeiro trata co xefe de produción sobre os temas dos que se ten que ocupar, sae á rúa (traballo de campo) e logo ponse a redactar.

Analizamos a redación de El País:

Cada 24 horas El País xenera máis de 150 páxinas de xornal. As previsións para o xornal fanse a noite anterior. As previsións poden ser de dous tipos:

-Fixas: citas oficiais que se rexistran periódicamente

-Imprevisibles: as que xenera a propia realidade.

Dentro dun medio de comunicación atopamos publicidade e información. Entre elas a maior diferencia é que a publicidade é pagada: pagan por aparecer no xornal, mentres que a noticia non. Ademais, o tipo de letra da publicidade soe ser distinto co fin de diferenciala do que é noticia. Dentro do que é publicidade atopámonos con tres tipos:

  1. Publicidade propiamente dita
  1. Publirreportaxes: reportaxes que proporcionan algo. Teñen que poñer que é un publirreportaxe.
  2. Publicidade en forma de noticia: non aparece en ningún lado que sexa publicidade, a única forma de sabelo é o contido.

1.4. Introducción a las teorías de la comunicación de masas.

Sobre as teorías da comunicación de masas, temos dúas grandes teorías.

Teorías sobre o funcionamento dos medios

Antes creíase que os medios eran un espello da realidade. Creíase que tiñan unha influencia directa sobre nós mesmos. Por exemplo, se vemos unha películta violenta volvémonos violentos. Ademais, esta teoría recolle que o xornalista plasma a realidade tal cal é. Chámase TEORÍA DO ESPELLO DA REALIDADE.

Teoría da construcción da realidade

Esta teoría cre que se constrúe unha realidade distinta, que non ten unha influencia directa como a teoría do espello, pero si indirecta: non inflúe no que falamos, pero si sobre que falamos. Esta teoría recolle que o xornalista interpreta a realidade.

2. A orixe da información xornalística

2.1 Os temas informativos. Realidade, acontecemento e acontecemento

xornalístico

ONDE NACEN AS NOTICIAS? As noticias nacen do xornalista. O xornalista ten a función de escoller unha información para transmitila.

Un aconcetecemento é un feito real que nos pode interesar

Un acontecemento xornalístico é un feito real que poida converterse en noticia.

Unha noticia é un discurso da realidade, un suceso que implica algún xénero de acción, unha información onde se describe ou relata a acción en termos comprensibles e un público co cal se dirixen esas noticias a través dos medios de comunicación.

A persoa que selecciona qué acontecemento vaise converter en noticia chámase GATE KEEPER.

A axenda mediática é a cantidade de temas que posteriormente elexirá ou non un medio atendendo a diferentes factores.

O máis sinxelo é que o xornalista vaia a por unha previsión simple. As rutinas do xornalista son:

Á hora de escoller o enfoque temos ás veces o problema de non saber en que sección do xornal se vai meter a noticia.

2.2 Os valores noticia

Son o conxunto de criterios cos que eliximos que acontecementos se convertirán en noticias.

1. Actualidade : todas as noticias teñen que ser de actualidade, agás os xéneros interpretativos, de opinión, e os acontecementos atemporais como pode ser o botellón. 2. Novidade : algo que non se coñecía e se publica porque agora si que se coñece. Por exemplo, Andersen foi a buscar a Dickens mentres escribía os seus contos. 3. Relevancia : importancia que poida ter dito feito na nosa vida e na do noso público 4. Número de persoas implicadas: o número de mortos, por exemplo, inflúe o mesmo á hora de escoller se se publica ou non a notica 5. Proximidade : algo que estea preto de nós. Ás veces a “proximidade económica” (intereses económicos) inflúe: Case non aparece Uruguai nas noticias pero sí Brasil, cando a proximidade é similar 6. Conflito : vén dado de feitos como as guerras, que é o único exemplo evidente. 7. Proxección e consecuencia: a importancia que poida ter un feito no futuro e as consecuencias para audencia. Por exemplo: o cambio dunha lei educativa ou laboral 8. Nivel xerárquico da fonte : o espacio que ocupa na sociedade. Non é o mesmo que dea a noticia o rector da USC que un estudante.

2.3 Condicionantes de publicación

Os condicionantes de publicación son aqueles facotres externos á información que inflúen na decisión de publicación dunha noticia.

Os factores de publicación ou de autocensura son as influencias das que nunca deberíamos formar parte á hora de publicar unha noticia.

1. Factor individual: cada persoa vai ter unha serie de mecanismos individuais (cultura, ideas, coñecementos previos) que condicionarán a súa selección sobre que é noticia e o tratamento que lle vai dar a esa noticia. 2. Propiedade dos medios de comunicación: segundo quen sexa o dono, o medio de comunicación terá uns obxectivos e valores ou outros. Por exemplo, os medios privados teñen por obxectivo a obtención de beneficio, polo que se publicará o que interese ao empresario. Se a COPE está ligada á Igrexa Católica, nunca haberá mala prensa sobre esta. Teoricamente, as empresas de radiotelevisión (que teñen licencia do estado) priorizan os valores noticia. Entón, dependendo de se o medio é público ou privado, a axenda mediática será unha ou outra.

3. Acceso aos feitos: se un xornalista non pode chegar aos feitos, non pode facelos noticia. Un xornalista non vai buscando feitos, acude a lugares onde de seguro se producirán acontecementos e noticias. Aquí aparece o termo rede de escenarios , que trata de explicar que en un entorno sempre haberá sitios onde haxa noticias (Xunta, Parlamento) mentres que noutros (Campus Sur, Vite) só haberá noticias se ocurre algo excepcional. 4. Formato: condiciona a información en dous sentidos. Por un lado, mediante a limitación de espacio (escoller unha noticia ou outra polo pouco espacio) e por outro, encher espacios baleiros que deben estar cubertos. Non pode ocorrer que nun informativo se diga “non hai noticias relevantes, pasamos ao tempo”. 5. Competencia: a posibilidade de que outro medio publique unha determinada información pode decantar a selección dun acontecemento e a súa conversión en noticia. No outro sentido, podemos entender esto como unha información que sabemos que o resto dos medios non posúen. Hai que cubrir un tema porque os outros medios o farán (por exemplo o caso de Asunta, que aínda que non había información seguían sacándose noticias porque os demais ían sacalas). Se El País saca á luz un caso de corrupción, ao día seguinte tes tres opción: 1) cubrilo porque cres que os outros medios tamén o farán 2) non cubrilo porque xa o cubriron 3) cubrilo porque é un tema moi importante e hai que cubrilo 6. Cultura: determinado consenso sobre as normas sociais, ideolóxicas… Por exemplo, o xenocidio ruandés. Trataron o tema dun xeito racista sen informar da realidade de forma veraz. Os feitos tampouco estaban contextualizados, o que dificulta a comprensión. Outro exemplo é que antes ninguén publicaba sobre a monarquía, pois existía un pacto tácito. 7. Convencións xornalísticas: existen unha serie de convenciones que non nos permiten redactar como queremos. Un exemplo é que escribimos en forma de pirámide invertida (o máis importante ao principio). Hoxe en día atopámonos con tres tendencias: 1) O xornalista non pode ser obxectivo 2) O xornalista ten que ser honesto 3) O xornalista ideolóxica: ten que defender unha postura ata o final. 8. Vertebración: a vertebración é o esqueleto dos medios, onde imos introducir as diferentes noticias. É a organización dos medios. Hai catro tipos de vertebración: 1) temática- distribúe as noticias en función de temas (política, sociedade, cultura) 2) territorial - divide a estructura das noticias a través do territorio (España, Galicia, A Coruña) 3) mixta- combina as dúas anteriores 4) caótica- non existe estrutura. 9. Demanda do público: hai moitos factores que determinan que se verá nun telediario, non só a demanda do público (por exemplo, o contido). Os xornais non escriben en galego porque cren que o público non respondería ben, aínda que non hai probas disto. A demanda do público pode ser real ou un suposto, pois case nunca hai publicacións en función da demanda do público, e moitos medios nin se quera teñen estudos, son só meras suposicións. 10. Liña editorial: ideoloxía en sentido amplo. A opinión do medio ante as cousas importantes na sociedade. Por exemplo: monarquía ou república.

❏ A profesionalización, institucionalización e a evolución do sistema informático potencia os gabinetes de comunicación ❏ O escenario xornalístico (rede de escenarios) deixa moitas fontes sen cubrir.

-valores das fontes-

  1. Autenticidade e proximidade da información qe se recolle
  2. A procedencia xeográfica da fonte
  3. O momento no que se consulte a fonte
  4. Interpretación da información dada polas fontes
  5. Xerarquización das fontes

CLASIFICACIÓN DAS FONTES SEGÚN H. BORRAT

Fonte resistente: aquela que opón fortes obstáculos, restriccións e reticencias a quen busca a información. Exemplo: muller maltratada ➔ Fonte aberta : non opón resistencia, pero tampouco asume a iniciativa. Fai falla buscala para que comunique a información. Por exemplo: un arquivo ou unha testemuña. ➔ Fonte espontánea: asume ela mesma a iniciativa de informar ao medio. É a que busca ao xornalista. É xente de a pé con ilusión por saír nos medios. ➔ Fonte compulsiva: toma a iniciativa con todos os recursos ao seu alcance, coa pretensión de obligar ao medio a comunicar a súa información. Por exemplo: políticos, administración pública.

Segundo a relación co xornalista:

Primeira man: cando o xornalista asiste persoalmente ao acontecemento que logo describe, é un testigo directo. Exemplo: suceso calquera, un pleno no parlamento. ➔ Segunda man: o xornalista coñece a información a través dun testigo directo, non asiste persoalmente. Exemplo: supervivente do accidente de Alvia ➔ Terceira man: a noticia baséase nunha información facilitada por unha fonte que foi informada por un testigo dos feitos. Exemplo: medios que recurren ás axencias de información

Segundo o tipo de fonte:

Peroais: grupo de persoas que ofrecen infomación aos xornalistas. Información puntual e pouco fiable. Organismos: institucións que dan información sobre si mesmas (empresas públicas ou privadas) Documentais: sobre documentos ou a partir de documentos.

3.2 A importancia das fontes de información e a súa relación co xornalista

Como traballar coas fontes? ● Independencia: a fonte está aí e úsase só cando se precisa. Pode darse unha independencia total entre o xornalista. É dicir, hai un distanciamento entre o que produce a noticia e o que informa sobre a mesma. ● Cooperación: a fonte e o xornalista cooperan, comparten obxectivos. A fonte precisa que a súa información se publique e o xornalista necesita producir noticias. Exemplo: un político. Precisamos da fonte para poder falar do tema. Normalmente é unha fonte compulsiva, porque quere saír en prensa e a nós interésanos sacar noticias. ● Usurpación: é a fonte quen fai prácticamente a noticia. Exemplo: comunicados oficiais.

IDENTIFICACIÓN E ATRIBUCIÓN

Identificación : actores da noticia. Explicación da personalidade pública dos nombres que aparecen nas noticias. Todos os actores da noticia deben ser identificados con trazos pertinentes (nome e cargo relevante, ex: Rosa María Calaf, antiga corresponsal de RTVE) e ser coñecidos polo lector. Cando son persoas sensible utilízanse as siglas. Hai varios errores: datos que non aportan ningunha información (ten o pelo moi longo) ou no caso dun accidente por exemplo, identificar a algunhas vítimas (polícias) e a outras non (persoas de a pé). ★ Atribución: os xornalistas revelan que a súa información provén de fontes determinadas. Esta precisión sobre quen fai determinadas afirmacións facilita crear unha sensación de veracidade na noticia, xa que o público contempla á fonte como unha garantía. Todo o que publiquemos debería ter un respaldo (un responsable). Existen tres tipos de atribución:

  • On the record : atribución directa. Persoa identificada que da unha determinada información. Exemplo: o presidente do goberno español, Mariano Rajoy…
  • Reserva parcial : a fonte dá unha información que podo publicar, pero non atribuir. Exemplo: un testigo que non aporta a súa cara nin o seu nome.
  • Off the record : a fonte da unha información que non podo nin publicar nin atribuir. Os xornalistas poden utilizar a esta fonte para buscar máis información sobre o tema, contrastar con outras fontes e intentar publicar deste xeito. En realidade podemos publicar a noticia igualmente, pero podemos provocar que outras fontes xa non confíen en nós. Ás veces seguir este “pacto” é lícito: por exemplo, os xornalistas sabían que o PSOE estaba negociando con ETA, pero non publicaron nada porque así romperían a negociación.

PROBLEMAS: aínda que as roldas de prensa convócanse para tratar temas delicados ou complexos nun canal aberta coa posibilidade de facer preguntas, a extensión desta práctica leva a que nunha cidade de 200mil habitantes haxa aproximadamente entre 10 e 15 roldas de prensa diarias.

Ademais, debe vixiarse que o portavoz que vai representa á entidade sea válido e teña aptitudes para elos. Por outro lado, se existe un problema interno, o xornalisa sempre (ou case sempre) vai enfoca as súas preguntas cara el.

Finalmente, cabe destacar unha práctica que se está levando últimamente a cabo entre partidos políticos: roldas de prensa sen entrevistas. Trátase dunha reunión cos xornalistas na que se pon un vídeo do entrevistado e non se da opción a intervir nin a facer preguntas.

Quen son os Gabinetes de Comunicación?

O Gabinete de Comunicación é o responsable da planificación, implementación e evaluación da política comunicativa dunha entidade. Encárgase da organización (interna e externa) de mensaxes, verbais ou non verbais, para transmitir unha imaxe positivo e unificada da entidade ante o público. Atopámonos con distintos modos de organización, dende os que parten dun directos de comunicación e os subordinados responsables de publicidade, e da relación cos medios como modelo máis sinxelo de xefe de prensa, becario…

-tipos de gabinetes de comunicación-

Gabinete institucional: os gabinetes das institucións públicas acostuman a estar formados por un amplo grupo de profesionais nomeados “a dedo”. É habitual ver que cando se da un cambio de goberno o gabinete de prensa tamén é sustituido. As súas actuacións baséanse no control público e na obriga de informar, tanto interna como externamente, deixando moi pouco peso e espacio para a publicidade. ➔ Gabinete empresarial: o gabinete de prensa empresarial ten como obxectivo vender a imaxe e o produto da empresa, polo que non ten a obriga directa de informar. É dicir, hai unha ausencia de obriga legal, xa que a estratexia establécese en torno á busqueda de fins propios do sector como a produtividade, a rentabilidade e a competencia. ➔ Terceiro sector: está conformado por entidade privadas pero sen ánimo de lucro. A súa actuación debería ser máis ben informativa, pero na actualidade cada vez é máis similar á empresarial.

As Asesorías de Comunicación son empresas externas que se ocupan da política comunicativa de diferentes entidades. Son similares aos Gabinetes de Comunicación

pero non sos propiedade da empresa. Tamén poden denominarse Axencias de Publicidade. Ás veces non traballan con todo o proceso comunicativo, senon só con pequenos detalles do mesmo. A vantaxe das Asesorías de Comunicación é que o equipo acostuma a estar formado por un gran equipo de expertos en comunicación, pero como inconveniente temos que non pode existir plena confianza, pois trátase de xente que actúa ao marxe da empresa.

-forma de traballo dos Gabinetes-

Traballan a través dun plan de comunicación moi similar ao plan contable. Acostuma a ser anual ou bianual, e as decisións que se tomen serán sempre acordes a este, non poden ser bruscas ou improvisadas.

Os obxectivos poden ser de calquer tipo: normalmente é o de saír moito nos medios e dar boa imaxe á opinión pública, pero tamén pode ser todo o contrario: coexisten institución cuxo obxectivo é sair o menos posible nos medios (como a Casa Real ou as forzas de seguridade do Estado). Debido á aparición de internet, este último obxectivo é moi difícil de manter.

O plan de comunicación divídese en dúas partes diferenciadas, e a comunicación pode ser interna ou externa:

ESTRATEXIAS : división ampla e xeneralizada do plan para conseguir o obxectivo final ❏ TÁCTICAS : movementos moito máis concreto que se levan a cabo dentro da estratexia por algún factor temporal.

● Comunicación interna: emprégase para relacionarse cos membros da

entidade. Apenas se da en España e Galicia, é máis común en

latinoamérica.

○ Publicacións periódicas

○ Revista o boletín interno

○ Tablóns

○ Manual o protocolo de actuación (inclusión de novos membros)

○ Informes e actas

○ Reunións de traballo

○ Buzón de suxerencias

○ Xornadas de traballo

○ Xornadas de convivencia

● Comunicación externa: é a política comunicativa que se elabora para

relacionarse co público que non forma parte da entidade.

○ Rolda de prensa

○ Nota de prensa e/ou comunicado

De escándalo: trátase dunha información intencionada. O promotor da noticia non é o protagonista, e da unha información negativa sobre o protagonista (que se convirte no antagonista). O exemplo máis claro é unha filtración. ➢ Serendipity: hai un acontecemento en principio non intencionado e que ocorre involuntariamente pero que normalmente se transmite a través de canles de rutina. Promotor e protagonista normalmente non coinciden. (deixala no esquecemento, non conseguimos atopar un exemplo de noticia).

-actores e voces- O actor é aquela persoa que actúa na información. Hai actores con voz e outros sen voz. A voz é a persoa que fala. Hai tres tipos de voces: -Monofonía: só fala unha persoa -Polifonía: falan todas as persoas que teñen algo que dicir -Polifonía ficticia: só fala un sector das persoas que teñen algo que dicir. Os autores son as persoas que firman e dan a cara, son os responsable do publicado. A autoría pode ser individual (un xornalista) ou colectiva (a editorial).

4.2 A edición

A edición faise a través dunha serie de convencións para que a noticia chegue ao receptor, que volverá a contextualizarla. ordenación > presentación idónea > adaptación ao formato > receptor