Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


Apuntes unidade 4, Apuntes de Periodismo

Asignatura: Producción da Información, Profesor: Berta García Orosa, Carrera: Periodismo, Universidad: USC

Tipo: Apuntes

2016/2017

Subido el 09/12/2017

saramtnez
saramtnez 🇪🇸

5

(1)

5 documentos

1 / 8

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
TEMA 4. AS FONTES DE INFORMACIÓN
A. Denición e importancia das fontes
As fontes son persoas, institucións ou organismos de distinta
índole que facilitan a información que necesitan os medios para
subministrar noticias. Exemplos: EFE, o protagonista dunha
noticia…
Esta é a denición técnica básica, polo tanto, é obvio que as
fontes son esenciais para a produción da información, porque
son elas as que informan aos xornalistas; sen fontes non hai
información.
Dependendo de con que fontes falemos, o tema vai ser
totalmente distinto.
O nexo acontecemento fonte noticia, é central na
construción da realidade xornalística.
O emprego dunha ou doutras fontes de información dará
lugar á construción de temarios xornalísticos distintos e
dene a personalidade do medio.
A escolma de fontes debe ser honesta e responder aos
criterios de diversidade e equilibrio.
Polo xeral, diríase que se deben contrastar mínimo 3 fontes, que
deberían ser variadas para manter o principio de honestidade e
imparcialidade. Hai que ter en conta que, as fontes, ao igual
que o xornalista, non son obxectivas, polo que a
profesionalidade pode ser cuestionada se nos deixamos guiar
pola interpretación subxectiva que a fonte ten dun determinado
feito xornalístico. En resume, o xornalista debe facer unha
mestura dos diferentes puntos de vista das fontes sen
condicionar a opinión pública, salvagardando, así, os principios
de honestidade, equilibrio e diversidade.
Os xornalistas case nunca tratan cos feitos mesmos, senón con
versións xa “codicadas”, é dicir, interpretacións ou
construcións dos feitos en forma de discurso de moitas fontes.
Problemas que nos podemos atopar ao tratar con
fontes:
Non seguir o código ético e manipular, co emprego das
fontes informativas (ex.: caso Doñana).
Non contrastar con tódolos implicados antes de
publicar (texto da vericación).
pf3
pf4
pf5
pf8

Vista previa parcial del texto

¡Descarga Apuntes unidade 4 y más Apuntes en PDF de Periodismo solo en Docsity!

TEMA 4. AS FONTES DE INFORMACIÓN

A. Definición e importancia das fontes

As fontes son persoas, institucións ou organismos de distinta índole que facilitan a información que necesitan os medios para subministrar noticias. Exemplos: EFE, o protagonista dunha noticia…

Esta é a definición técnica básica, polo tanto, é obvio que as fontes son esenciais para a produción da información, porque son elas as que informan aos xornalistas; sen fontes non hai información.

Dependendo de con que fontes falemos, o tema vai ser totalmente distinto.

  • O nexo acontecemento – fonte – noticia, é central na construción da realidade xornalística.
  • O emprego dunha ou doutras fontes de información dará lugar á construción de temarios xornalísticos distintos e define a personalidade do medio.
  • A escolma de fontes debe ser honesta e responder aos criterios de diversidade e equilibrio.

Polo xeral, diríase que se deben contrastar mínimo 3 fontes, que deberían ser variadas para manter o principio de honestidade e imparcialidade. Hai que ter en conta que, as fontes, ao igual que o xornalista, non son obxectivas, polo que a profesionalidade pode ser cuestionada se nos deixamos guiar pola interpretación subxectiva que a fonte ten dun determinado feito xornalístico. En resume, o xornalista debe facer unha mestura dos diferentes puntos de vista das fontes sen condicionar a opinión pública, salvagardando, así, os principios de honestidade, equilibrio e diversidade.

Os xornalistas case nunca tratan cos feitos mesmos, senón con versións xa “codificadas”, é dicir, interpretacións ou construcións dos feitos en forma de discurso de moitas fontes.

• Problemas que nos podemos atopar ao tratar con

fontes:

  • Non seguir o código ético e manipular, co emprego das fontes informativas (ex.: caso Doñana).
  • Non contrastar con tódolos implicados antes de publicar (texto da verificación).
  • As fontes poden ser tratadas directa ou indirectamente, pero sempre hai que respectar o que din, non se pode cambiar.
  • A profesionalización, institucionalización e evolución do sistema informático, potencia os gabinetes de comunicación.
  • O escenario xornalístico (rede de escenario) deixa moitas fontes sen cubrir.
  • Parece que hai moitas fontes e moita diversidade, cando en realidade o xornalista só se basea nunha fonte básica ou sen contrastar (importancia das fontes oficiais-valor noticia nivel xerárquico da fonte).

B. Clasificación das fontes

• Segundo H.Borrat:

  • Fonte resistente: aquela que opón fortes obstáculos, restricións e reticencias a quen busca nela información (ex.: muller maltratada).
  • Fonte aberta: non opón resistencia, pero tampouco asume a iniciativa. Cómpre buscala para que comunique a información (ex.: un arquivo ou unha testemuña).
  • Fonte espontánea: asume ela mesma a iniciativa de informar ao medio. A fonte busca ao xornalista.
  • Fonte ávida: asome a iniciativa de comunicar información, pero cunha carga de identidade e de urxencia maior (ex.: científicos).
  • (^) Fonte compulsiva: toma a iniciativa con tódolos recursos ao seu alcance, coa pretensión de obrigar ao medio a comunicar a súa información (ex.: políticos, administración pública..)

• Segundo a relación co xornalista:

  • Primeira man: cando o xornalista asiste persoalmente ao acontecemento que logo describe, é unha testemuña directa (ex.: un suceso calquera, un pleno...).

No caso das citas, estas, poden ser directas ou indirectas.

  • Erros:
    • Datos que non aportan información (ex.: ten o pelo moi louro).
    • En caso de accidente, por exemplo, identificar a algunha vítima (policías) e outras non (persoas normais).

• Atribución (atribuír o que di alguén a unha persoa

concreta) :

Os xornalistas revelan que a súa información provén dunhas fontes determinadas. Esta precisión sobre quen fai unhas determinadas afirmacións ou facilita uns datos dá maior veracidade á noticia, xa que o público contempla como unha garantía de fidelidade aos feitos e de veracidade. Todo o que publiquemos debería ter un respaldo (un responsable).

  • Tipos:
    • On the record (atribución directa): persoa identificada que dá unha determinada información (ex.: o presidente do Goberno español Mariano Rajoy...)
    • Reserva parcial: a fonte dá información que se pode publicar, pero non atribuír (ex.: testemuñas que non aportan a súa cara nin o seu nome).
    • Off the record (atribución reservataria): a fonte convoca ao xornalista para dar unha información que non se pode publicar nin atribuír. Serve para buscar máis información sobre o tema, contrastar con outras fontes e intentar, así, publicar. Chama a investigar para atopar información por outros lados e así poder publicala. Se só temos unha fonte off the record, non podemos publicar. É un pacto realmente, que nalgúns casos é totalmente lícito, xusto (ex.: pacto entre o PSOE e os xornalistas para non publicar información sobre ETA ou unha denuncia sobre unha empresa que dá un traballador; Rubalcaba e Zapatero reúnen aos xornalistas e lles din: “sabemos que sabedes que estamos a negociar con ETA, non publiquedes nada porque entón non imos conseguir a negociación”).

E. Principais erros do xornalista

  • A urxencia por publicar a noticia, non contrastar. Como mínimo deberían usarse 3 fontes (ex.: Internet e a constante actualización informativa).
  • Seguimento fiel e cego da información que aporta a fonte. Isto xera dependencia da fonte.
  • Empregar só fontes favorables á posición/ideoloxía do medio (texto da relación entre xornalistas e políticos).
  • Tamén os problemas relacionados coas citas (directas ou indirectas), que son unha cuestión de estilo moi vulnerable á manipulación.
    • Non se debe introducir unha cita repetindo o que ela di.
    • Non se debería rematar a introdución da cita coas mesmas palabras coa que esta comeza.
    • Tampouco mesturar o estilo directo co indirecto.

F. Lecturas

• Caso Doñana:

  • Desastre medioambiental ocorrido no parque natural de Doñana polo vertido de lodos tóxicos.
  • Disputa entre partidos políticos para asegurarse de que tiña a responsabilidade sobre a zona afectada (PSOE, Junta de Andalucía; PP, Goberno Nacional).
  • Función dos medios sobre o tratamento da noticia:
    • El Mundo: mellor trato da información, inclusión de máis opinións científicas, máis crítico con ambos partidos políticos (PSOE-PP).
    • El País: consultou fontes practicamente só de axencias, inclusión tardía de diversas opinións científicas.
  • Centralización de toda a información científica sobre o sucedido no CSIC, mediante o seu gabinete de comunicación, subordinado inicialmente aos intereses políticos que intentan suavizar os datos sobre a crise medioambiental. Ningún dos medios reparou en se os investigadores seleccionados eran os máis adecuados, nin se preguntou sobre os

▲ Non engadir datos adicionais.

▲ Non enganar ao lector.

▲ Transparencia.

▲ Orixinalidade.

▲ Humildade.

• Relación dos xornalistas e os políticos:

Os xornalistas requiren dos políticos para que lles acheguen información e os políticos dos xornalistas para facer chegar as súas mensaxes á sociedade. Os dous crean a realidade social. Ambos crean e condicionan a opinión pública.

  • Hai varios tipos de relación entre xornalistas e políticos en función do grao de dependencia e do conflito que se poida crear entre eles: - Modelo adversarial (watchdog): o xornalista supervisa o sistema político, intenta evitar os abusos de poder e é crítico cos políticos. A relación é de independencia e buscan a obxectividade. Xeran rivalidade e fomenta o aloxamento do cidadán da política. - Modelo colateral (defensor): establécese unha relación de subordinación, xa que defenden un certo ideario político. A independencia é relativa (politización televisiva). - Modelo de competición: neste modelo os xornalistas distáncianse dos políticos. Os dous loitan pola representación dos intereses sociais. - Modelo de intercambio: cada sistema é autónomo e independente, pero cooperan mediante unha especie de pacto do que os dous se benefician (ex.: Fraga paga aos medios durante as eleccións autonómicas). - Modelo de negociación constante: é a relación máis importante e da que máis fala o texto. É unha constante relación entre sistemas políticos e xornalísticos, pero mantendo a autonomía. Estas negociacións poden

desembocar en competencia ou en cooperación.