































Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Prepara tus exámenes con los documentos que comparten otros estudiantes como tú en Docsity
Encuentra los documentos específicos para los exámenes de tu universidad
Estudia con lecciones y exámenes resueltos basados en los programas académicos de las mejores universidades
Responde a preguntas de exámenes reales y pon a prueba tu preparación
Consigue puntos base para descargar
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Comunidad
Pide ayuda a la comunidad y resuelve tus dudas de estudio
Ebooks gratuitos
Descarga nuestras guías gratuitas sobre técnicas de estudio, métodos para controlar la ansiedad y consejos para la tesis preparadas por los tutores de Docsity
Asignatura: Arqueologia II, Profesor: Mª Mercedes Torres Carro, Carrera: Historia, Universidad: USC
Tipo: Apuntes
1 / 39
Esta página no es visible en la vista previa
¡No te pierdas las partes importantes!
































integral).
que lo descubre no se queda con el sino que la administración le da una cuantia en forma de premio. Cuando aparecen restos en una obra el que financia la excavación es el promotor de la obra. O arqueologo é un historiador. Debe investigar, estar ao día en técnicas arqueoloxicas, ... para coñecer a historia. Pero a diferencia de outro historiador o arqueologo utiliza restos materiaís. Traballa cuns restos materiais concretos. Traballa nunha disciplina cientifica e é un historiador. Está comprometido co estudio e o coñecemento da historia. O arqueologo ten a obrigación, protexer, conservar, divulgar e valorar o patrimonio. O arqueologo está comprometido nun primeiro lugar coa disciplina cientifica, en segundo co patrimonio arqueoloxico pero tamén está comprometido con todos aqueles axentes que participan na actividade arqueoloxica (cos colegas de profesión cos cales investiga ou traballa, as entidades publicas ou privadas, institucións que patrocinan a actividade arqueoloxica, coa administradións publicas, co medio-ambiente e a sociedade). Arqueoloxía: disciplina historica!!! -> concepto Tipos de compromisos que ten o arqueologo coa investigación e conservación patrimonio: responsabilidade de investigar utilizando unha metodología cientifica, con tecnicas que estean actualizadas e sean acordes aos fins que quere conseguir. O arqueologo ten que dominar a arqueoloxía. Para conseguir coñecer o pasado a través do resto materiais o arqueologo necesita ter coñecementos de ese momento histórico. Ten unha responsabilidade a hora de escoller os metodos menos destructivos. Os bens mobles podense estudar fora do xacemento, ao contrario que as estructuras que neste caso o arqueologo ten que valorar se o xacemento é dun só horizonte cultural e se as contrucción son conservables e merecen a pena conservalas ou se só vasta estudar o xacemento e voltar a cubrilo ou permitir a súa destrucción (p.e. Unha obra). Ou se hai superposición de horizontes culturais o arqueologo debe cuestionarse se se queda nun horizonte cultural ou se segue os seus estudos noutras fases culturais. Pode excavar e documentar unha fase e seguir excavando as sucesivas fases. Se tan só unha parte dunha fase ou totalmente. O arqueologo debe anticiparse as posibilidades que se poden producir nun xacemento. Ten que tratar ser obxectivo no traballo para saber ler o rexistro arqueoloxico do xacemento, para non tratar de ver no xacemento ideas preconcevidas. Ten que documentar rigurosamente o xacemento, o traballo realizado. Unha documentación precisa e ordenada. Faise responsable dos materiais obtidos das excavacións antes de depositalos no museo. Debe dibulgar os resultados obtidos, difundir datos, analises e evidencias a sociedade. No caso en que o a actuación patrimonial afecte ao medio natural ten que incluir un estudo de impacto medio ambiental. O arqueologo é o director da excavación é o responsable da intervención arqueoloxica. Ten a obrigación de entregar unha memoria e os materiais ao lugar indicado pola xunta no caso galego. O arqueologo ten unha responsabilidade sobre os daños causados nas actuacións arqueoloxicas que leve a cabo. Responsabilidades éticas do arqueologo: a función divugaltiva do arqueologo coas autoridades
Tipos de xacemento: Utilizase diferentes criterios: situación xeográfica: de montaña, val, costeiro, en chan. Formación: estratificado, sen estratificar. Vida: intacto, ou primario, alterado ou secundario. Clima: húmedo ou seco?? Duración: permanentes, temporales. Cronoloxía: época, cultura. Funcionalidade: lugar de habitación ou asentamento. Lugar funerario, de culto ou de actividade. A clasificación permite centrar o xacemento, o campo de traballo e a forma de actividade. Facilitase a recuperación de información. Hai que analizar os xacementos dende a perspectiva temporal e espacial. Hai que dipoñer de unidades dentro de ambas escalas par apode operar a nivel interpretativo. O sitio arqueoloxico atopase nun lugar, donde se conservan os restos e as pegadas coas que se vai a traballar e que forman o rexistro arqueoloxico có que se vai a traballar e que vamos a interpretar. Para elo o xacemento é unha Unidade básica operativa para calquera actuación. Os xacementos cando foron creados non existían de forma aillada. Cada xacemento formaba parte de pautas máis extensas do comportamento humano a maior escala. Estas pautas dan lugar ao paisaxe cultural ou a totalidade de actividades humanas e fisicas e sociales. Rexión arqueoloxica: agrupación de sitios que presentan as mesmas características. Área arqueoloxica: agrupa un número de rexións que poden coincidir có concepto de "área cultural" en Etnoloxía. Esta visión do terreo permite desenrolar enfoques analíticos espaciales concretos e apropiados. O concepto de xacemento pode aplicarse a todolos restos materiales utilizados polo home dende a Prehistoria á civilización industrial. Gran variedade de época e grupo social. A dimensión temporal mide a duración de ese xacemento ou territorio. O contexto é a unidade estratigráfica (UE), ten significado espacial e temporal. Poden estar alterados pola presenca de obxetos depositados en épocas distintas, ou intactos, asociados a obxetos que establecen cronoloxías e para a reconstrucción de acontecementos ou actividades. Interesa coñecer o panorama cambiante de cor distintos contextos da excavación. Todo esto forma a estratificación(distintos estratos do xacemento)- estratigrafia(o estudo da estratificación) dun xacemento. Se queremos reconstruir as actividades do pasado temos que identificar os patróns de comportamento no interior e totalidade do xacemento como na rexión e o territorio. Interesa a formación, transformación, os contextos estratigraficos, o panorama cambiante de estos contextos, que son os compoñentes primarios do estudo fevarqueoloxico segundo Buzer; ademais
do contexto paisaxistico e a modificación do paisaxe. O rexistro arqueoloxico: Schifer di que os contextos estratigraficos arqueoloxico son o rexistro material do comportamento humano e de cos procesos de transformación natural que se produciron no xacemento. O rexistro arqueoloxico son os contextos estratigráficos que se forman nel. Están suxeitos a procesos culturales e non culturaes (naturales) que os puideron tranformar, cuantitativa e formalmente, así como as relacións. Estas transformación son moi complexas, dende a súa orixen ata o seu descubrimento. O rexistro arq definese como o reflexo irregular dun sistema de comportamento antigo. A función do arqueologo é filtrar o rexistro arq, entendido como palimpresto das distorsións causadas polos varios procesos, e referidos ao contexto sistémico orixinal. Tratase de reconstruir a actividade humana que levou á formación do rexistro. Para facelo é necesario tratar de reconstruir o proceso que levou a cabo a formación (nivel inmediato, situación, asociación), saber si se trata dun contexto primario ou secundario. Entender os mecanismos de formación dun xacemento é imprescindible para a súa interpretación. Elementos do rexistro arqueoloxico: son os fabricados polo home: establecer o acumulados, desechados, incompletos, semidestruidos ou rodados, e incluso desaparecidos. Artefacto: calquer obxeto modificdo polo home, informan sobre o proceso de producción, tecnoloxía e morfoloxía. Ecofacto: calquera obxeto natural, manipulado ou non (flora, fauna, osos, ...), aportan info dunha actividade do home no pasado, ou dos trazos medioambientais nos que vivia ese home. Ambos se asocian e distribuen espacialmente como un conxunto. Relación espazo-temporal do rexistro arq. Ve la distribución vertical e horizontal. A distribución espazotemporal do material reflexa o patrón da actividade humana na mesma medida que o estivo, forma e técnica. Compoñentes do rexistro arq:
Os procesos de formación do rexistro engloban tanto os procesos postdeposicionais como os
c. Catastróficos: terremotos, fallas, pregamentos.
experiencia dos prospectores, condiciona en gran medida a obtención de resultados.
A presenza de vestixios no chan pode modificar as cores da terra na superficie. Principios que rixen o análises dos procesos de formación do rexistro arqueolóxico. A compresión da formación do rexistro dun xacemento baseas en tres principios: Principio de entropía. O coñecemento arqueolóxico potencial do pasado está directamente relacionado có estado de preservación do rexistro de vestixios materiais. Este estado de conservación depende dunha serie de variables: tempo transcurrido dende a deposición, cualidades intrísicas dos vestixios materiais, procesos postdeposicionais a que foron soetidos. Principio de transformación: non é posible interpretar o rexistro arqueolóxico directamente en clave ao comportamento humano. Debe entenderse en conta a variabilidade aos procesos deposicionais e postdeposicionais. Os vestixios materiais transformanse: formalmente, espacialmente, cuantitativamente, nas súas relacións. Entre o momento da súa deposición e o momento da súa constatación científica. Os procesos postposicionais poden formar pautas artefactuais non relacionadas coas pautas culturais que rixiron a deposición orixinal dos vestixios. Os procesos postdeposiconais mostran regularidade de carácter estadístico que os fan susceptibles de interpretación científica. As transformacións qeu experimenta o rexistro arqueolóxico son de tipo: -n (naturais: geomorfolóxicas ou biolóxicas) -c (de orixe antrópico ou cultural). Principio de rexistro sesgado: as transformacións postdeposiconais tenden a xenerar sesgos no rexistro arqueológico que non están necesariamente asociados a pautas de comportamento humano. Un exemplo de sesgo frecuente: a infrarrepresentación dos vestixios orgánicos que, salvo nos ambientes deposicionais excepcionais; degradanse con maior rapidez e de forma máis integral que os inorgánicos. Crease así un risco potencial de percepción distorsionada da cultura material e os procesos tecnolóxicos e económicos das sociedades pasadas. Dada a singular importancia dos vestixios orgánicos na formación do rexistro surxen duas especialidades que o estudan: a tafonomía (estuda os procesos a través dos cales, unha vez fosilizados, os restos dos organismos mortos nas diversas partes da biosfera transformanse en parte da litosfera) e a bioestranomia (estuda as causas e tipo de morte dos organismos e dos problemas ligados a súa descomposición, transporte e deposición. Condicións ambientais de boa preservación do rexistro arqueolóxico En relación cos procesos postdeposiconais é preciso ter presente a existencia de ambientes extremos dende o punto de vista edafoquímico e climático donde se poden dar unhas condicións excepcionais de preservación. Ambientes de extrema aridez. A escasez de agua impide o desenrolo dos microorganismos que habitualmente destruen a materia organica o cal posibilita a conservación de obxectos de coiro
madeira ou texido. Tamén se dan momificacións espontáneas de cadáveres de animais e seres humanos. Esto proporciona a posibilidade de estudar texidos humanos (pel, cabelo, órganos) habitualmente descompostos. Ambientes de extrema frialdade. A refrigeración natual por conxelación pode suspender o procesos de descomposición dos organismos vivos durante miles de nos. Ambientes e saturación hídrica. A inmersión en barro: as condicións anaeróbicas fan que os organismos que descompoñen a materia orgánica e os cadáveres non podan desenrolarse. En tales condicións os artefactos elaborados con materias primas orgánicas, os ecofactos e os texidos humanos non óseos poden chegara preservarse durante longos periodos de tempo. Nos palafitos, hábitats da Prehistoria recente europea, a deposicón baixo grosas capas de barro posibiliou a conservación de artefactos, ... Modelo de formación dun xacemento arqueologico. Prehistoria recente de Galicia (aprox. 3200-1000 adc.) Horizontes edafolóxicos: a. Terra orgánica. b. Horizonte de transición: material mineral procedente da descomposición da rocha nai + material orgánico procedente da alteración da vexetación. c. Horizonte mineral constituido pola rocha nai alterada. Empezase desmantelando o horizonte A e B, ou ao menos unha parde de B. Abrense as zanjas de cimentación, ocos para os postes e os fosos e fosas que se necesitaran. Dispoñiase o pavimento de terra (a), xeralmente sacada dunha parte do horizonte C, batida con máis ou menos intensidade. Levantanse a construcción, xeralmente de madeira. As escasas construccións en pedra (fogares, cistas, pequenos zócalos e liñas perimetrales, metíanse no horizonte C. Algunhas partes da construcción (postes, cistas, pequenos zocalos e liñas perimetrales, metíanse no horizonte C. A continuación comeza o ciclo de uso do asentamento, que da lugar ao chan de ocupación (b) constituido polos restos de basura, material arqueolóxico etc. Fase de abandono: nesta fase podese pensar que a madeira foi reutilizada, pola mesma comunidade ou por outros posteriores, deixando o aire os buratos de poste. Efectos dos procesos postdeposicionais: choiva, vento e escorrentías antes de que sean cubertos os restos abertos por outros depósitos posteriores. Esto da lugar a un primeiro desprazamento en sentido horizontal, o que uniformiza e difumina a súa disposición e finalmente o desmantela. Ademais podese dar lugar á formación dunha liña de pedras. Colmataríanse os buratos co material procedente do nivel de ocupación. Formación do xacemento arqueolóxico: pronto comezan unha nova vexetación, a través das raíces desmantelanse os escasos restos do nivel e uso. Comeezase a desdibuxar as estructuras excavada en B e C. A descomposición incorpora novo material no chan (D). Este proceso combinase cos aportes de materiais por aportación hídrica e eólica e hidria (e). Formanse liñas de ¿? Formación dun novo chan sobre o xacemento. Duas dirección: hacia arriba pola incorporación da
que poda captar toda a amplitude de emisións do espectro electromagnético. Segundo o número de bandas que detecten xeneran imáxes que se dominan multiespectrais o hipespectrales. Tipos: activos que incorporan a súa propia fonte de iluminación que emite as señais que logo recollen. E pasivos que non emiten señais propias, só captan e procesan as existencias no ambiente. Intérprete é un complexo sistema informático que analiza a información obtida polos sensores, tranformadoa en imaxes interpretables polo ollo humano e en mapas derivados delas. Variables de resolución de calquera investigación basada neste sistema:
podense utilizar estos sistemas. Nas prospeccións deste tipo realizanse un conxunto de precedementos técnicos que se basean na aplicación de sensores terrestres ao subsolo para localizar e caracterizar os elementos arqueolóxicos enterrados. Comparte coa teledetacción a utilización dunha parte da gama de ondas do espectro electromagnético para determinar a presencia de vestixios arqueolóxicos no subsolo. A aplicación de sensores realizase dende a superficie terrestre. Hai dous grupos de métodos xeofísicos:
sitio atopado. Basease no qeu a corteza terrestre está constituida por numerosos minerales qeu incorporan ferro na sua constitución e que forman parte dos seus chans, arcillas e rochas. Estos materiales teñen magnetismo: inherente (prospección de susceptibilidade magnética: mide o magnetismo natural ou inherente nos materiales). E incremento por certas condicións de acción antrópica (prospección magnetométrica mide o magnetismo inducido en certos materiales pola acción antrópica). En ambos casos, a prospección magnética consiste simplemente en medir o campo magnético do lugar no qeu un se atopa. Grazas a medicións moi sensibles, podense captar anomalías debidas á imatación inducida dos muros, fosas e outros vestixios arqueolóxicos, e á imantación termo-remanente dos obxectos que foron cocidos. Basta comparar o valor do campo magnético que se mide có valor "normal" do campo magnético terrestre: as desviacións son debidas á presencia de estructuras no chan que poden ser de orixen arqueolóxico. Prospecicón magnetométrica: mide o magnetismo inducido. Un dos materiales máis suscetibles de ver incremetnando o seu magnetismo é a arxila. Cando se somete a procesos de combustión potentes ve incremetnada a súa magnetización interna pola aparición de óxidos de ferro (magnetita, hamtita, ...). Ao enfriarse estos minerales magnetizan en masa en relación có campo magnético terrrestre aon respecto ao cal se orientan os seus cristales. Esta magnetización qeuda fixada no material resulatnte (arxila cocida, cerámica) por longos periodos de tempo: é o que se coñece como termorremanencia ou magnetización termorremanente (nela basease a datación por arqueomagnetismo). A termorrenamencia producida por fornos e chans queimados pode ser detectado séculos despois con axuda de sensores adeucados en base ao seu contraste con outras zonas do entorno nas que a termorremanencia non se viu alterada. Estos sensores son os magntómetros (de protóns, de fluxo, etc.). Limitacións: unha limitación dos magnetómetros é que a súa capacidade reducese bastante máis alá dos 1,5-2 metros de profundidade, có que a súa aplicación queda reducida aos elementos que se hallan a escasa distancia da superficie. Outro prolema é que o aparato de medida do campo magnético debe estar alonxado de calquera material eléctrico ou metálico. Os aparatos eléctricos e o metal producen campos magnéticos que poden perturbar a medida. Outros factores que anulan os resultados serán os terreos que sufriron fenómenos de volcanismo, os que se atopan sometidos a fortes disturbios mágneticos, como liñas de alta tensión, liñas ferroviarias, etc. Ventaxas: a obtención de medicións podense facer dunha forma bastante fluida, simplemente có prospector camiñando ao longo e ancho dunha malla preestablecida, tomando os datos a
intervalos de 1 ou 2 metros. O tratamento dos datos traducese, como nas prospeccións eléctricas nun mapa de anomalías. Prospeción de susceptibilidade magnética: a suscetibilidade magnética podese definir como a propiedade dos materiales para magnetizarse cando son exposostos un campo magnético. Os materiales ferromagnéticos teñen un valor positivo alto. O magnetismo que se trata de identificar é moito máis tenue que o termorremanente. No caso da prospección os mecanismos que se usan para identificar este magnetismo teñen que ser activos, que inxectan unha sinal no subsuelo, midindo logo a resposta que se obten en base a sua suscetibilidade magnética. Os niveis superficiais dos chans son normalmente máis suscetibles porque teñen tendencia a acumular minerales de ferro. Esta suscetibilidade incrementase cando os chans están expostos a actividades antrópicas por un periodo de tempo relativamente prolongando. As estructuras verticales negativas que quedan recheadas con terra superficial poden mostrar un magnetismo tenuamente superior que o do entorno. Na actualidade tamén se utilizan métodos de tracción para realizar este tipo de prospección: colocase o aparato sobre unha plataforma rodante en material non magnético (materiales plásticas), e se tira desta plataforma cun tractor para poder cubrir grandes superficies en pouco tempo. Un GPS recolle a posición da medida en cada instante. Resultados obtidos: como có método eléctrico, obtense planos nos que as variacións do campo magnético fan parecer as estructuras arqueolóxicas. Resultados da prospeción cun gradiómetro de fluxo. No croquis de desindade de puntos da esquerda as áreas máis oscuras indican as alteracións magnéticas máximas orixinadas polas estructuras sepultadas. Prospección mediante Xeorradar O seu principio de funcionamento consiste en transmitir hacia o chan ondas electromagnéticas de alta frecuencia e medir o tempo transcurrido entre a transmisión e a reflexión orixinada polo obxetivo enterrado, que se recolle no receptor do equipo. A onda resultante da enerxía electromagnetica propagase cara abaixo no subsuelo, donde parte deles son reflexadas cara a superficie como discontinuidades ou anomalías. Esas anomalías debense a diferentes causas: cambios nas propiedades eléctricas do sedimento, o do chan. Variacións no contido da agua, cambios litolóxicos e cambios na densidade aparente das capas atravesadas. Equipo de xeordar con antena emisora receptora (que se ubica na parte do carriño en contacto có chan) e ordenador.
Cada pixel corresponde cun valor de medición da radiación; cun valor de temperatura. A esa imaxen se lle pode definir como Radiométrica. En arqueología utilizase para detectar as construcción enterradas no subsolo polas débiles variacións de temperatura que se producen sobre as estructuras, cuxas propiedades térmicas difiren das do entorno. As construcción sepultadas aparecen con tonalidades frías por ter un contido máis humedo. Aplicación patrimonial: ofrece unha valiosa información durante a restauración de edificios e monumentos. Os entramados das construcción que se atopen ocultos son relevados claramente na imaxen infrarroja. Podese decidir, por exemplo, se teñen sentido levantar o revoque. Tamén poden detectarse con anticipación despredimentos de revoque nas paredes e tomar así as medidas oportunas para a súa conservación. O rexistro da información A recollida de información debe adaptarse dunha forma flexible ao proxecto de traballo no que se enmarque a prospección, tendo en conta tamén a experiencia dos prospectores e as pautas de perceptivilidade do rexistro. Hai tres aspectos importantes a ter en conta no rexistro: 1. Características morfolóxicas: descripción xeral dos atributos físicos do xacementos: forma de acceso, cobertura vexetal predominante, altitude e topografía, extensión e forma e atributos do entorno. Actualmente a aplicación combinada das tecnoloxías GPS e SIG fan posible unha representación microtopográfica dos xacementos arqueolóxicos dentro duns márxes razoables de custo/rendemento e con elevados niveles de precisión. Coa extensión dos SIG se foron reducido notablemente a necesidade de rexistrar sobre o terreo determinadas características físicas do entorno dos xacementos unha vez ubicado con precisión un xacemento nun sistema xeral de coordenadas, esta información podese obter das coberturas temáticas xeradas polos organismos reponsables da xestión medioambiental. Características artefactuales: os criterios de recollida e registro dos artefactos de superficie son moi dependentes de: as características de perceptibilidade dos xacementos dunha rexión determinada e as características do proxecto no que se inscribe a prospección. En rexión nas que son comúns xacementos con moi abundante material de superficie pode non ser recomendable que se recolla todo o material: o transporte, a súa posterior clasficiación e a valoración de grandes volúmes pode resultar problemático dende a perspectiva loxística. En zonas en donde os niveles de perceptibilidade do rexistro son moi baixos, é recomendable aumentar a taxa de recollida de artefactos, pois do contrario o diagnóstico cronolóxico e funcional pode verse seriamente dificultado. Metadatos: rexistro, control e publicación das características loxísticas e organizativas das
prospección de superficie: permiten a valoración a posteriori do rendemento e da eficacia do traballo de prospección. Permiten a comparación, no seu caso, a homologación de resultados. Aspectos a considerar: número de prospectores por día, experiencia dos prospectores, extensión do terreo cuberto por día, produtividade por prospector/día, intervalo entre prospectores, número de reccorridos, horario de localización do hallazgos, condición de luminosidade e humidade no ambiente. Procedementos de rexistro da información os principios qeu rixen na prospección son os mesmos que os que se foron implantado nos últimos anos na excavación: formalización do vocabulario, estadardización dos formularios de rexistro de datos e informatización dos datos. A utilización de formularios predefinidos a cumplimentar polos prospectores: disminue as posibilidades de sesgos subxetivos na descripción dos recorridos efectuados, as localización encontradas e o material de superficie recollido. Permite unha utilización consciente e normalizada do linguaxe. O diario de campo: sigue sendo un excelente instrumento do rexistro de información para a coordinación e dirección do equipo, complmentando a información dos formularios ou fichas. A informatización dos datos da prospección de superficie constituiron un proceso sostido, inicialmente realizado despois da prospección, pero cada vez con maior tendencia a incorporarse directamente no traballo de campo. TEMA 4: A excavación arqueolóxica Introducción: conveniencia, concepto e principios básicos. Sobre a excavación surxiron posturas diversas: oponse abertamente á excavación, cuestionan a necesidade de excavar, só debense excavar os xacementos amenazados. Os argumentos que se baraxan son de diversa índole: gran desembolo, destrucción do xacemento e o feito de que nun futuro ponderanse obter máis datos polos avances científicos. A maior parte dos arqueólogos consideran necesario excavar. A excavación foi e sigue sendo un dos princpales métodos da Arqueoloxía. Os datos que se obteñen na excavación son de diferente tipo dos que se obteñen na prospección. Non se considera como razón suficiente para comenzar unha excavación a curiosidade do arqueólogo. A excavación debe responder a un plan de investigación. Debense excavar aqueles xacementos que supostamente proporcionen datos para encher os vacíos de investigación. Consiste en retirar a terra que cubre os obxetos e as estructuras abandonadados polo home en tempos pasados. Porén, existen moitas maneiras de desenterrar os restos e non é fácil facelo adecuadamente. E. Aznini defini a excavación como unha secuencia de operacións e procedementos metodolóxicamente controlados, dirixidos e desmontar e inspeccionar analíticamente unha porción máis ou menos extensa da estratigrafia natural e antrópica do terreno dun xacemento arqueolóxico.