






















































Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Prepara tus exámenes con los documentos que comparten otros estudiantes como tú en Docsity
Encuentra los documentos específicos para los exámenes de tu universidad
Estudia con lecciones y exámenes resueltos basados en los programas académicos de las mejores universidades
Responde a preguntas de exámenes reales y pon a prueba tu preparación
Consigue puntos base para descargar
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Comunidad
Pide ayuda a la comunidad y resuelve tus dudas de estudio
Ebooks gratuitos
Descarga nuestras guías gratuitas sobre técnicas de estudio, métodos para controlar la ansiedad y consejos para la tesis preparadas por los tutores de Docsity
Asignatura: Arqueologia II, Profesor: fabregas fabregas, Carrera: Historia, Universidad: USC
Tipo: Apuntes
1 / 62
Esta página no es visible en la vista previa
¡No te pierdas las partes importantes!























































É unha disciplina histórica que emprega un conxunto de metodoloxías combinadas e unha serie de plantexamentos teóricos que permiten reconstruír o pasado da humanidade e cunha cronoloxía moi ampla. Por outro lado, podemos falar do obxectivo da arqueoloxía que é reconstruír a historia da humanidade a partir do estudo dos restos materiais que deixaron as sociedades pasadas. É moi importante que este coñecemento repercuta na sociedade. Para reconstruír a historia hai que empregar o coñecemento histórico dispoñible e usando as metodoloxías consideradas tradicionalmente como arqueolóxicas. Por outro lado tamén se poden aplicar técnicas analíticas imaxinables procedentes de outras disciplinas tanto alleas como afíns.
TEMA 1 INTRODUCIÓN Á PRAXIS ARQUEOLÓXICA: ASPECTOS LEGAIS E PRÁCTICOS
No marco lexislativo podemos falar dunha serie de leis que son as que regulan a actividade dos arqueólogos. As leis en vigor máis importante nestes momentos son a Lei 8/1995, do 10 de Outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia, publicada no DOG o 8/11/1995 e no BOE o 1/12/1995. Por outro lado, podemos falar doutra lei, a do 16/1985, do 25 de Xuño, de Patrimonio Histórico Español publicada no BOE o 19 de Xuño de 1985. Outras leis de interese que podemos citar son o Convenio Europeo do Paisaxe, Florencia o 20 de outubro de 2000.
A lei 16/1985 de Xuño, do Patrimonio Histórico Español establece a protección como Patrimonio Histórico dos xacementos arqueolóxicos baixo a figura xurídica de BIC ( B en de I nterese C ultural). Podemos apuntar que os bens máis relevantes do patrimonio histórico son declarados mediante decreto.
A lei anteriormente citada recolle o seguinte: “forman parte do Patrimonio Histórico Español os bens mobles e inmobles de carácter histórico susceptibles de ser estudados con metodoloxía arqueolóxica, foran ou non extraídos, e tanto se atopen na superficie como no subsolo, no mar territorial ou na plataforma continental. Forman parte, asimismo, deste Patrimonio os elementos xeolóxicos e paleontolóxicos relacionados coa historia do home e os seus orixes e antecedentes” (art. 40.1). Podemos afirmar, a partir de esta lei, que un xacemento arqueolóxico é un ben do patrimonio histórico. Os artigos 40 e 50 refírense ó Patrimonio Arqueolóxico en particular. Dentro dos bens considerados inmobles, unha das categorías definidas é a zona arqueolóxica que é a zona ou paraxe natural onde existen bens inmobles ou mobles susceptibles de ser estudados con metodoloxía arqueolóxica, foran ou non extraídos, e tanto se se atopan en superficie, no subsolo ou baixo as augas territoriais españolas (art.15.5, Lei 16/1985, PATRIMONIO HISTÓRICO ESPAÑOL). Calquera obra ou remoción do terreo que se proxecte nestas Zonas Arqueolóxicas deberá ser autorizada pola Administración competente. Igualmente, calquera actividade arqueolóxica, sexa extractiva ou non, deberá ser autorizada pola administración. A realización de prospeccións ou escavacións sen autorización está cualificada como infracción administrativa grave, e pode chegar a ser delito penal, no caso de conlevar expolio. Despois de falar da normativa en España, pasamos agora a referirnos á normativa de carácter autonómica que se rige pola Lei 8/1995, do Patrimonio Cultural de Galicia, na que se recolle que o patrimonio cultural de Galicia está constituído por todos os ben materiais e inmateriais que, por recoñecido valor propio, sexan considerados como de interese relevante para a permanencia e identidade da cultura galega a través do tempo. Asimismo, esta lei define cales son os elementos que forman parte dese patrimonio cultural: (...) bens mobles, inmobles e inmateriais de interese artístico, histórico, arquitectónico, paleontolóxico, arqueolóxico, etnográfico, científico e técnico. Tamén forman parte do mesmo o patrimonio documental e bibliográfico, os conxuntos urbanos, os lugares etnográficos, os xacementos e a zona arqueolóxica, así como os sitios naturais, xardíns e parques que teñan valor artístico, histórico ou antropolóxico. Esta normativa de carácter autonómica toma da lexislación estatal a definición de Patrimonio Arqueolóxica da seguinte maneira: integran o patrimonio arqueolóxico galego os ben mobles e inmobles de carácter histórico, susceptibles de ser estudados con método arqueolóxico, foran ou
Debe realizarse un deseño da actividade, sempre en relación coas características de cada convocatoria. Isto implica a realización dun proxecto acorde coa actividade arqueolóxica que se vai a levar a cavo. Hai unha serie de requisitos que se necesitan para a financiación como obxectivos claros orientados a resolver o “problema arqueolóxico” que se plantexa; produto atractivo; proposta de traballo de calidade que segundo a actividade pode requerir ser orixinal e novedoso; realismo e xustificación da proposta de acordo coa financiación solicitada; adecuación da proposta ós obxectivos da entidade financeira. Na actualidade, a Arqueoloxía Preventiva é a que obtén maior financiación, o aumento da actividade construtiva no territorio obriga a priorizar a finaciación das actuacións de urxencia sobre as restantes. Esta adoita ser sufragada polas entidades que destrúen o patrimonio. Condicións que xustifican a actividade: incorporar un informe de impacto ambiental; financiadas por un promotor; presentación a un concurso público. A Arqueoloxía de Investigación normalmente debe recurrir a convocatorias públicas nas que subvencionen algúns aspectos da investigación, normalmente os temas que se subvencionan están perfilados nas políticas de investigación oficiais nacionais, autonómicas, etc. A condicións son entregar en plazos da convocatoria. O investigador ten que adaptarse ás liñas priorizadas pola política de investigación do goberno que da a subvención.
Na actualidade a arqueoloxía é unha actividade obrigatoria en moitos casos, dado ó elevado índice de destrución da nosa sociedade, e está condicionada por efectos de mercado. Existe un grupo heteroxéneo e amplo de axentes que interveñen na realización dunha actividade arqueolóxica:
No entorno de traballo, o campo e o laboratorio sempre están relacionados. Os tipos de actuacións arqueolóxicas que se poden levar a cavo, sempre están asociadas a un obxectivo e poden ser de diversa natureza. As actuacións arqueolóxicas de campo pódense clasificar según diversos criterios como o de tipo superficial, prospección, evaluación (dentro dun estudo de impacto arqueolóxico). Tamén poden ser intervencións agrarias sobre o terreo como os sondeos, escavación, actividades de restauración e conservación, Control e Corrección.
A lei establece unha definición xeral das actividades arqueolóxicas máis frecuentes: prospección arqueolóxica; sondeo arqueolóxico; escavación arqueolóxica; estudo de arte rupestre; labores de protección, consolidación e restauración arqueolóxica; manipulación con técnicas agresivas de materiais arqueolóxicos.
Podemos definila como a exploración superficial e sistemática sen remoción, tanto terrestre como subacuática, dirixida ó estudo e investigación pola detección de restos históricos e
En primeiro lugar hai que levar a cabo unha limpeza dos artefactos e ecofactos exhumados durante a escavación. Logo hai que clasificar o material en categorías como cerámica, metal, vidro...Posteriormente hai unha clasificación dos materiais por formas e por tipos. De seguido compre debuxar, fotografar e describir cada peza que se considere polo seu interese cronolóxico. A continuación hai que levar a cabo a informatización das fichas de descrición dos materiais e formar unha base de datos coa que se poda traballar. Por último, hai unha restauración e aplicación de tratamentos de conservación daqueles obxectos que o esixan. O obxectivo final é a exposición. O análise dos datos obtidos na escavación, en vistas da súa interpretación histórica. Ademais da ordenación, clasificación, inventario e restauración dos materiais e do seu análise e estudo detido, hai que ter en conta outros aspectos como son os datos obtidos a través da estratigrafía e todos aqueles elementos que nos permitan saber todo o posible da vida do pasado. Tamén podemos falar da reconstrución ambiental (restos de vexetación, análises de polen); reconstrución da fauna (zooarqueoloxía); un estudo dos restos humanos que proporcionan datos de idade, vida media, enfermidades, medicina, malformacións, nutrición...; un estudo dos sedimentos e basureiros que dan datos sobre a dieta; estudo da tecnoloxía dos útiles empregados e da procedencia das materias primas; estudo da cronoloxía, etc.
Podemos falar de diferentes definicións:
físicas e sociais dunha área. Outras entidades a considerar son a rexión Arquelóxica que é a agrupación de sitios ou xacementos que presentan as mesmas características e a Área Arqueolóxica que reúne un certo número de rexións e que ás veces coincide co concepto de “área cultural” en Etnoloxía. Hai que desenvolver enfoques analíticos especiais concretos e apropiados.
Schiffer entende que os contextos estratigráficos arqueolóxicos son o rexistro material do comportamento humano e os procesos de transformación natural que se foron producindo nun xacemento. O rexistro arqueolóxico dun xacemento son os contextos estratigráficos que se forman nel.
Os contextos estratigráficos estiveron suxeitos a unha serie de procesos naturais e non culturais que se transformaron espacial, cuantitativa e formalmente e tamén nas súas relacións recíprocas. As transformacións que sufriu o rexistro arqueolóxico dende a época na que os obxectos se construíron e se usaron no pasado, ata o día que o arqueólogo os atopa, son moi complexas. Por todo iso, o rexistro arqueolóxico defínese como o reflexo irregular dun sistema de comportamento antigo. A función do arqueólogo é filtrar o rexistro arqueolóxico, entendido como palimpsesto das distorsións causadas por varios procesos. Referido ó contexto sistemático orixinal. Trátase de reconstruír a actividade humana que levou á formación do rexistro. É necesario tratar de reconstruír o proceso que levou á formación do rexistro; comprender o contexto de cada hallazgo (nivel inmediato, situación, asociación con outros hallazgos do mesmo nivel); saber se se trata dun contexto primario ou secundario. Entender eses mecanismos de formación dun xacemento é imprescindible para a súa interpretación.
Podemos falar os elementos realizados polo home que poden ser estables ou arruinados, incompletos, semidestruídos...É o que podemos chamar artefacto, que é calquera obxecto modificado polo home. Dan información sobre o proceso de produción, tecnoloxía e morfoloxía. Ademais dos elementos realizados polo home, temos o elementos naturais que son os encofactos, que ben sendo calquera obxecto natural modificado ou non. Da información sobre un xacemento do home no pasado, ou dos rasgos medioambientais en que vivía o home. Asociación e distribución espacial de ambos como un conxunto.
A transformación e movemento posterior dos diferentes elementos deshechados unha vez que formen parte do contextos arqueolóxicos teñen unhas causas tanto de tipo natural como humano. Os materiais sepultados nun xacementos distorsiónanse ou elimínanse mediante a perturbación: reordenación in situ dos xacementos sepultados. As disposicións previas ó enterramento producen a distorsión parcial ou eliminación/ destrución das relacións microespaciais. A dispersión pode suceder por procesos xeomorfolóxicos antes de que os materiais queden sepultados pola reutilización dos materiais por parte do home.
Os mecanismos que afectan a sedimentos, contextos arquitectónicos e artefactos poden ser:
c) Catastróficas: terremotos, faias, plegamentos...
A comprensión da formación do rexistro dun xacemento baséase en tres principios:
As posibilidades que ofrece a prospección para o coñecemento dunha zona e dos seus xacementos son inmensas e variadas. Por un lado proporciona información sobre a explotación humana do entorno dos xacementos. Por outro lado permite observar o comportamento histórico dun territorio como por exemplo como se sitúan os xacementos; como se realizan os repartos de terras; cales eran os lugares de extracción das materias primas. Tamén proporciona datos para analizar os asentamentos e intentar establecer modelos de ocupación do chan en función da distribución dos restos arqueolóxicos. Ademais é un método de traballo non destrutivo que en moitas ocasións evita a necesidade de escavar. Por iso a prospección pasou a ser un dos principais métodos de traballo da arqueoloxía. Existen diferentes métodos para localizar xacementos e os artefactos dispersos. Tamén existen métodos para prospectar un xacemento concreto sen ter que escavalo e obter así datos máis concretos sobre el. Podemos falar de dous métodos distintos de prospección:
Ó longo do século XX o papel da prospección vese supeditado ó da escavación, en canto o seu obxectivo máis importante era descubrir xacementos, que logo poderían ser escavados. Nesta época, en España realizábanse un tipo de prospeccións que se coñecen co nome de “viaxes exploratorios”. A estratexia resumíase na obtención, xeralmente a partir de informantes locais, de referencias sobre posibles xacementos que logo eran visitados e documentados. Solíase desenvolver dentro dun ámbito eminentemente local, nas proximidades do centro académico do responsable da prospección. A súa realización era eminentemente individual e incluso pódese dicir que constituía unha especie de excursionismo.
A prospección arqueolóxica de superficie comeza cun proceso de documentación previo ó traballo sobre o terreo. Existen numerosos aspectos de crucial importancia para o desenvolvemento da propia prospección que deben ser contrastados antes de pasar á propia actividade de campo.
- Análise da cartografía: o normal é acudir ó Instituto Xeográfico Nacional (IGN) e ó Servizo Xeográfico do Exército (SGE). O Mapa Topográfico Nacional (MTN) está dispoñible en dúas escalas, 1:50.000 e 1:25.000. A recompilación cartográfica é relevante para o área de prospección. Ademais, da un coñecemento das series cartográficas dispoñibles para unha rexión dada e as súas características. O estudo de determinados elementos do territorio pode contribuír a delimitar propiedades. - Fotografía aérea e ortofotografía: dende o aire é posible obter perspectivas que permiten apreciar restos arqueolóxicos practicamente imperceptibles nunha observación dende a superficie. A fotografía aérea é máis custosa e non ofrece os mesmos resultados en todos os lugares. Pódese aproveitar o material procedente dos destinados a outras funcións.
- Exame do traballo arqueolóxico: é importante realizar unha revisión e vacío da bibliografía existente sobre o territorio. Nesta revisión débense incluír os últimos informes arqueolóxicos publicados. - Estudo da toponimia: esta sempre foi unha fonte moi rica de información xa que nela refléxase a memoria colectiva das comunidades. Ó longo do territorio nacional podemos atopar numerosos topónimos que se veñen empregando séculos atrás e poden ser vinculados con un período de tempo concreto. Estes nomes aluden a realidades históricas que perduran no imaxinario popular e que gardan relación coa existencia de xacementos nas proximidades. - Exame da tradición oral.
Isto supón un peinado exhaustivo do territorio. O seu grado de detalle incrementa o número de evidencias dispoñibles: o seu grado de resolución é moi alto. Proporciona unha lectura continuada do territorio das sociedades do pasado: os seus resultados ofrecen unha visión diacrónica moi precisa do poboamento humano. Proporciona datos globais sobe patróns de asentamento, evolución demográfica e outras cuestións concernientes ó análise macro- espacial. É especialmente recomendable alí onde as condicións de perceptibilidade son malas. É necesaria en casos de prospeccións derivadas por actuacións administrativas de urxencia ante a construción de obras de gran envergadura que poden destruír os xacementos. O seu principal inconveniente é que ten un elevadísimo coste en comparación co muestreo. Podemos falar de muestreo probabilístico: se non é posible procesar a totalidade dun xacemento extenso ou todos os xacementos dunha rexión, pódese levar a cabo un muestreo probabilístico prospectando unha parte. As conclusións e os datos obtidos para ó área prospectada vanse a extrapolar a todo o universo da prospección, podéndose calcular por métodos estatísticos o índice de error e de fiabilidade dos datos totais. Para obter resultados fiables hai que ter en conta 3 aspectos: