




Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Prepara tus exámenes con los documentos que comparten otros estudiantes como tú en Docsity
Encuentra los documentos específicos para los exámenes de tu universidad
Estudia con lecciones y exámenes resueltos basados en los programas académicos de las mejores universidades
Responde a preguntas de exámenes reales y pon a prueba tu preparación
Consigue puntos base para descargar
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Comunidad
Pide ayuda a la comunidad y resuelve tus dudas de estudio
Ebooks gratuitos
Descarga nuestras guías gratuitas sobre técnicas de estudio, métodos para controlar la ansiedad y consejos para la tesis preparadas por los tutores de Docsity
El concepto de posesión, sus funciones en el derecho y tipos diferentes de posesión. La posesión se refiere a un poder ejercido sobre una cosa o derecho, centrada en la situación factual. Se discuten los derechos susceptibles de posesión, el papel del corpus y animus, y las formas de adquisición. Se también abordan las pérdidas de posesión y la protección posesoria.
Tipo: Apuntes
1 / 8
Esta página no es visible en la vista previa
¡No te pierdas las partes importantes!





A posesión é un poder de feito da persoa que se proxecta sobre as cousas que ás veces comprende tódolos aspectos da cousa posuída e outras veces algún dos proveitos que a cousa posuída pode xerar. Cando este poder de feito abrangue tódalas facetas da cousa posuída fálase de señorío total ou posesión da propiedade. Cando se limita a unha ou varias utilidades que a cousa pode aportar falamos dun señorío parcial ou da posesión dun dereito real limitado. Ex. señorío total: servidume Ex. señorío parcial: usufruto
A posesión está centrada na situación fática, é un feito, que pode ou non reflexar a existencia dun dereito realmente detentado polo posuidor. Pode comportarse como dono e ser dono ou comportarse como dono pero sen selo.
A posesión é expresión dun dereito: Ás veces o dereito existe e a persoa que posúe é o seu titular, outras veces o feito posesorio existe pero o posuidor non é titular do dereito que reflexa.
Todas estas modalidades teñen incidencia no ordenamento xurídico, son un feito relevante para o dereito. A posesión é relevante para o dereito porque cumpre unha serie de funcións:
a. Suxeito da posesión Poden ser posuidores tódalas persoas físicas ou xurídicas ( art. 38 CC ). Para posuír non fai falta ter capacidade de obrar plena basta a capacidade natural de querer apropiarse de algo, de posuír e de aprehender algo. Os nenos teñen esa capacidade. Os actos xurídicos de adquisición e de defensa da posesión non os poden facer eles (os nenos), teñen que facelos os seus representantes legais.
En principio, sobre as cousas só pode haber unha posesión, o poder de feito ten que ser exclusivo, non obstante o CC admite a coposesión , característica dos casos de indivisibilidade das cousas: copropiedade dun ben ou cotitularidade de dereitos reais sobre a mesma cousa ( art. 445.1 CC). Nas situacións de copropiedade a propiedade por usucapión adquírese para todos ( art. 1933 CC). O art. 450 CC di que se se parte antes enténdese que cada un posuíu con independencia.
b. O obxecto da posesión (art. 437) Poden ser as cousas e os dereitos susceptibles de posesión. Isto non é verdadeiro porque: Tódalas posesións son posesións de cousas e tódalas posesións son posesións de dereitos.
Non tódolos dereitos reais son susceptibles de ser posuídos. Os dereitos reais de garantía non dan poder sobre a cousa, son dereitos reais non posuíbles. Tampouco os dereitos reais de adquisición preferente son posuíbles.
Hai algúns dereitos de crédito que si son posuíbles (o do arrendatario, o do comodatario...) e por iso a súa clasificación é discutida, pero non son dereitos reais, son dereitos persoais e aínda que dean posesión e protección interdital non dan a posibilidade de usucapir o dereito. O art. 609 limita a usucapión a unha forma de adquirir dereitos reais, nunca dereitos de crédito.
Poden ser obxecto de posesión a propiedade e os dereitos reais limitados de goce e algúns dereitos persoais que sen embargo dan solo unha posesión limitada (teñen protección interdital pero non teñen a posibilidade de usucapir).
c. Poder de feito Toda posesión é un poder de feito. É moi típico distinguir dous elementos distintivos deste poder:
O ordenamento considera posuidores moitas veces a persoas que non teñen ningún tipo de control (nin directo, nin indirecto) sobre a cousa, non teñen corpus.
Este art. non é obxecto de interpretación unánime.
Ambos son posuidores e gozan da protección interdital pero o posuidor civil é o único que pode chegar a usucapir. O posuidor civil sería o que actúa sobre a cousa facendo actos que só o titular dun dereito real pode realizar (actos de titular de dereito de propiedade ou actos de titular doutro dereito). Actúa sobre a cousa como se fose o seu dono ou como se fose titular dun dereito real limitado sobre a mesma.
O posuidor natural tamén é posuidor pero de menor rango. Pode defender a posesión con interditos pero non pode chegar a usucapir.
Ás veces nunha mesma persoa concorre a condición de posuidor civil e natural da mesma cousa.
Cando actúo dentro do marco legal do CC son posuidor civil dese dereito real e natural doutros. Se me saio estoume comportando como un posuidor en concepto distinto do dereito que teño.
Os arts. 430 e 432 recollen a mesma dicotomía de conceptos. Emprégase máis a designación do segundo.
A forma de posuír determínase no momento en que se inicia a posesión. Art. 436 -> salvo proba en contrario a posesión enténdese que se segue disfrutando no mesmo concepto en que se
Art. 438 -> adquisición:
Art. 460 -> perda: Pérdese a posesión cando de modo definitivo desaparece o corpus e o animus sobre a cousa.
Protección posesoria ou interdictal: posibilidade de defender a posesión. Art. 446 CC : todo posuidor ten dereito a ser respectado na súa posesión. O CC rexeita a violencia tanto para conseguir a posesión como para protexela ( art. 441 ). A LAC de 1881 (hoxe derrogada) regulaba os interditos nos arts. 1631 a 1666 , estes interditos tiñan un obxecto dobre:
Accións posesorias Accións petitorias -> entran no fondo do dereito
O obxecto é dobre. Xenericamente é a protección da posesión fronte a unha lesión ilexítima. Esa lesión pode adoptar dúas modalidades:
✓ Lexitimación activa: Todo posuidor é protexido na súa posesión ( art. 446 CC ). ✓ Lexitimación pasiva: as accións posesorias dirixiranse contra o autor da perturbación ou despoxo, ou ben contra quen deu as ordes ou instrucións para elo.
1 ano ( art. 439.1º LAC ou 460 CC )
En ambos casos a ST dítase sen prexuízo de terceiro, é dicir, a ST dítase sen prexuízo de que a titularidade do dereito real posuído se poida discutir nun xuízo petitorio.
En conclusión pódese dicir que a protección posesoria é moi útil pero non definitiva, só trata de manter a paz posesoria.
A presunción deste art. é global para bens mobles e inmobles pero a forza lexitimadora da posesión é moito maior en materia de bens mobles porque o art. 464 segundo a interpretación maioritaria establece que se alguén adquire dun non dono a posesión en concepto de dono dun ben moble adquire a súa propiedade. Hai dúas interpretación fundamentais do art. 464 : 1º. Interpretación romana: ninguén pode transmitir o que non ten e en consecuencia o dono pode reivindicar alí onde a cousa estea ou nas mans de quen estea, incluso se se trata dun terceiro de boa fe, unicamente co límite da usucapión. Non hai máis adquisición a non domino que a que pode chegar a consolidar a usucapión. A tese romanista estende tamén isto aos bens mobles. Esta tese entende que cando o art. 464 di título se refire a título apto para usucapión. (Na nosa lexislación hai dous tipos de usucapión: ordinaria [3 anos e esixe título e boa fe – art. 1955.1 ] e extraordinaria [ anos e non esixe título]) Conclusión: o verdadeiro propietario pode reivindicar a cousa salvo que xa estea usucapida. Para a tese romana: título = título a efectos de usucapión. 2º. Interpretación xermánica: a transmisión e reivindicación de bens mobles baseábase nun principio -> busca a confianza alá onde a depositaches. Este principio viña a xustificar que se unha persoa transmite a propiedade a outra voluntariamente e esta frustra a súa confianza transmitindo a cousa a un 3º, no conflito entre o verdadeiro propietario e o 3º debe vencer o 3º porque o verdadeiro propietario confiou en quen non debía. Para o dereito xermánico a cousa é irreivindicable. Se a posesión a perdo involuntariamente podo reivindicala. O art. 2279 do código francés recolle este planteamento de orixe xermánica. En España, García Goyena declara que o art. 464 deriva do código francés. Para a tese xermánica: título = título de propiedade. É a tese maioritaria.
O réxime de percepción dos froitos polo posuidor de boa fe dura ata que non sexa interrompida legalmente a posesión (art. 451). A interrupción legal equivale á interrupción civil da posesión a efectos da usucapión. A interrupción legal prodúcese: ■ Por citación xudicial ao posuidor, aínda que fose por mandato de xuíz incompetente. ■ Polo acto de conciliación, sempre que dentro dos dous meses seguinte á súa celebración se presente ante o xuíz demanda sobre posesión ou dominio da cousa cuestionada. En realidade o que produce a interrupción da posesión de boa fe non é propiamente a citación xudicial senón a sentencia condenatoria do posuidor. Próbao o que a interrupción deixa de surtir efectos se non hai sentenza condenatoria. É esa sentencia condenatoria a que ten efectos retroactivos ata o momento da citación xudicial. Pode ocorrer que existan froitos naturais ou industriais pendentes. O art. 452 regula esta situación con referencia ao tempo en que cesase a boa fe, concedendo ao posuidor o dereito a que se lle resarzan os gastos que fixera para a súa produción, e ademais a parte do produto líquido da colleita proporcional ao tempo da súa posesión. Pero ao propietario da cousa facúltaselle para conceder ao posuidor de boa fe a facultade de concluír o cultivo e a recolección dos froitos pendentes como indemnización da parte de gastos de cultivo e do produto líquido que lle pertence. O posuidor de boa fe que por calquera motivo non queira aceptar esa concesión perderá o dereito a ser indemnizado doutro xeito.
As regras expostas deben aplicar non só aos casos nos que haxa un cese de boa fe na posesión, senón tamén cando haxa entrega voluntaria da cousa ou interrupción legal da posesión.
Posuidor de mala fe
Para o posuidor de mala fe o tratamento é distinto por razón da súa conduta. Está obrigado a abonar os percibidos e os que o posuidor lexítimo houbese podido percibir.
b. Gastos:
c. Responsabilidade por deterioros ou perdas:
O posuidor de boa fe non responde do deterioro ou perda da cousa fora dos casos nos que se xustifique haber procedido con dolo ( art. 457 ). Se ben o posuidor de boa fe non responde da perda ou deterioro a non ser que se xustifique que procedeu con dolo é claro que deberá restituír aquilo no que se enriqueceu por esa perda ou deterioro pois é o substitutivo no seu patrimonio do que se perdeu ou danou.
Distinto é o tratamento do posuidor de mala fe. De acordo co art. 457 fáiselle responsable do deterioro ou perda en todo caso e aínda dos ocasionados por forza maior cando maliciosamente retrasase a entrega da cousa ao seu posuidor lexítimo.