





Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Prepara tus exámenes con los documentos que comparten otros estudiantes como tú en Docsity
Encuentra los documentos específicos para los exámenes de tu universidad
Estudia con lecciones y exámenes resueltos basados en los programas académicos de las mejores universidades
Responde a preguntas de exámenes reales y pon a prueba tu preparación
Consigue puntos base para descargar
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Comunidad
Pide ayuda a la comunidad y resuelve tus dudas de estudio
Ebooks gratuitos
Descarga nuestras guías gratuitas sobre técnicas de estudio, métodos para controlar la ansiedad y consejos para la tesis preparadas por los tutores de Docsity
Este documento aborda los elementos esenciales de un contrato, incluyendo el consentimiento, el objeto y la causa. El consentimiento se refiere al acuerdo de voluntades de las partes y los demás elementos del contrato. El objeto es lo que se negocia y la causa es el fin o propósito común que justifica el contrato. Se discuten conceptos relacionados como la ineficacia, el dolo y la violencia relativa, y cómo afectan la validez del contrato. Además, se examinan las excepciones al principio de autorresponsabilidad y la importancia de la forma en determinados contratos.
Tipo: Apuntes
1 / 9
Esta página no es visible en la vista previa
¡No te pierdas las partes importantes!






2.1 Elementos esenciais do contrato:
Son todos aqueles elementos indispensables para que se poida falar de contrato. Constitúen presupostos de existencia do contrato. Si falla algún o contrato é nulo. Estes elementos son: o consentimento , o obxecto , a causa e en ocasións a forma.
No contrato pode haber tamén:
Os elementos esenciais do contrato están regulados nos arts. 1261 CC e ss.
É o acordo de vontades das partes sobre a celebración do contrato e que contén os demais elementos do mesmo (obxecto e causa). O consentimento é o que define o tipo contractual e é o que reglamenta a relación. Cando un xuíz ten que interpretar un contrato o que ten que interpretar é o consentimento.
Dentro do consentimento temos que distinguir varios requisitos:
a. Pluralidade de suxeitos:
Como mínimo precísase que haxa dous patrimonios aos que se imputarán os dereitos ou as obrigas derivadas do contrato, ten que haber dous centros de responsabilidade.
En principio se non hai esta pluralidade o contrato é nulo pero hai algunhas excepcións: o autocontrato. O autocontrato é o contrato dunha persoa consigo mesma. Ese contrato debería ser nulo pero o autocontrato pode ser celebrado por unha persoa que represente dous patrimonios e dogmaticamente sería válido. Dogmaticamente é posible o autocontrato, é dicir, son válidos os contratos realizados por un representante co seu representado, pero en determinadas circunstancias o CC prohíbeos porque se pode producir unha colisión de intereses.
Existe un risco de que o representante intente primar o seu interese sobre o do representado. Por exemplo: arts. 1459.1 e 1459.2.
A xurisprudencia interpreta esas prohibicións en sentido bastante laxo e considera que está permitido o autocontrato cando o risco que se teme desaparece: o mandante permite ao mandatario adquirir, o mandatario adquire cunha oferta mellor que a de calquera outro adquirente...
b. Capacidade contractual dos suxeitos:
A capacidade contractual (arts. 1963 e 1964) coincide coa capacidade de obrar. Estes arts. prohiben prestar consentimento aos menores non emancipados e aos incapacitados. En principio requírese sentenza de incapacitación para non poder contratar.
Os contratos celebrados por menores ou incapaces son anulables como regra xeral. Só pode impugnar o contrato a persoa menor ou incapaz, é dicir, pola persoa que padece o vicio que anula o contrato. Para iso terá un prazo de 4 anos a contar dende que o menor acada a maioría de idade e no caso do incapaz dende que recupere a súa capacidade (e se non a recupera nunca, polo seu representante).
Algunhas sentenzas din que cando falta absolutamente a capacidade de discernir o contrato debe ser considerado absolutamente nulo. Enténdese que non hai defecto de consentimento senón ausencia total de consentimento.
c. Existencia de vontade interna:
Ten que existir unha vontade interna da persoa correctamente formada. O consentimento debe ser expresión dunha vontade libre e consciente. Se no proceso de formación da vontade se produce algunha anomalía haberá vontade pero viciada (vicios do consentimento).
Se hai vicio do consentimento o contrato vólvese anulable. Os vicios do consentimento están regulados no CC nos arts. 1265 a 1270. Son o erro, o dolo e a violencia e intimidación:
A xurisprudencia e a doutrina esixen dúas características no erro: que sexa esencial e que sexa escusable.
(obxectivamente relevante). O art. 1267.3 ordena atender á idade e á condición da persoa para valorar a intimidación. A xurisprudencia matiza que non hai ameaza cando o mal que se anuncia e o exercicio dun dereito.
Moitos autores equiparan vis relativa e intimidación.
Se o consentimento non padeceu ningún destes vicios pode considerarse que existe vontade interna perfectamente formada, libre e consciente.
d. Exteriorización da vontade.
Para que haxa consentimento é preciso que esa vontade se exteriorice. A esa exteriorización da vontade interna chamámoslle declaración de vontade.
Normalmente esa declaración de vontade é expresa: vontade que se exterioriza a través dos medios idóneos, medios aos que convencionalmente se lles outorga ese valor palabra oral e escrita son as máis habituais pero non as únicas).
Tamén están as declaracións de vontade tácita: a que se manifesta a través de feitos concluíntes. Son feitos que necesariamente delatan a existencia dunha vontade porque sen esa vontade nunca se terían realizado.
Valor do silencio como declaración de vontade:
O punto de partida é que non ten ningún valor: o que garda silencio nin acepta nin consinte. Non obstante, hai determinadas circunstancias que poden transformar o silencio en declaración negocial:
En materia de relacións entre consumidores e profesionais o art. 99.1 do texto refundido de 2007 que prohibe absolutamente que as partes outorguen ao silencio valor negocial pero se o empresario envía un produto non solicitado o que recibe poderá retelo sen estar obrigado a contraprestación. Inscríbese no ámbito do contrato a distancia.
e. Coincidencia exacta entre a vontade interna e a exteriorizada:
Se hai discrepancia entre a vontade interna e a vontade exteriorizada, o consensualismo aboga por entender que o contrato non existe. Esta sería a teoría clásica que nos últimos tempos está sendo algo matizada pola xurisprudencia: en principio se hai discrepancia no hai contrato. Non obstante, esta afirmación debe ser matizada coa aplicación dos principios de autorresponsabilidade e respecto ás expectativas xeradas na contraparte.
Os principais supostos de discrepancia son:
■ Supostos de erro obstativo: erro na declaración. É aquel que se produce cando equivocadamente alguén expresa unha vontade que non ten. Salvo que o erro obedeza a unha clara neglixencia de quen emite a declaración de vontade prevalece a vontade interna. Prevalece en principio a vontade interna, o contrato pode anularse salvo que exista unha grave neglixencia ou confianza lexítima, pois nestes 2 últimos casos poden facer que o tribunal non acepte a nulidade.
■ Supostos de vis ablativa: non hai consentimento. Emítese unha declaración de vontade pero esta non existe. O contrato é nulo radicalmente.
Hai autores que defenden que toda violencia debe ter o mesmo réxime de anulabilidade de acordo co art. 1267 con independencia do que nos indique o sentido común.
■ Supostos de reserva mental: prodúcese cando a persoa tendo unha vontade declara outra sen a mínima intencionalidade de vincularse por ela. A discrepancia é absolutamente imputable a quen emite a declaración, salvo que a reserva fora percibida pola contraparte.
Regulase nos arts. 1271 a 1273 CC. O obxecto do contrato pode consistir en cousas ou en servizos (arts. 1271.1 e 1271.3). Na noción de cousas hai que soster unha visión ampla: a cousa para o dereito de contratos é calquera ben avaliable economicamente, tanxible ou intanxible. Os servizos son comportamentos ou actividades humanas que ás veces son valoradas en si mesmas como obxecto do contrato e outras veces non porque o obxecto do contrato é o resultado desa actividade.
En relación ao obxecto é frecuente falar dos requisitos que debe reunir para conformar un elemento esencial do contrato: que sexa posible, lícito e determinado.
a. Posible: se son cousas teñen que ter existencia real ou futura. A posibilidade non equivale á actualidade, á existencia presente. Poden ser obxecto do contrato cousas futuras que de acordo co curso normal dos acontecementos chegarán a existir. Só hai unha cousa futura sobre a que non se pode negociar: a herdanza (arts. 1271.2).
Se algunha das partes se nega a outorgar escritura pública a súa vontade será substituída polo xuíz, que outorgará escritura no seu nome pasándolle os gastos. Por moita importancia que teña, a obriga de outorgar escritura pública non é a causa da obrigación da contraparte no contrato. Non lexitima á resolución por incumprimento salvo que as partes así o pacten.
No sistema do CC os contratos vinculan dende que existe consentimento, obxecto e caso. Agora ben, nalgúns casos cada unha das partes pode esixir da outra o outorgamento de escritura pública, son os contratos ad probationem e ad utilidatatem (os do art. 1280).
Por último están os contratos formais strictu sensu. Son todos aqueles previstos por normas típicas nos que a forma se contempla expresamente como requisito do contrato. A exteriorización do consentimento debe de facerse dunha forma predeterminada pola lei. Por exemplo no CC: a doazón de bens inmobles ten que escriturarse publicamente para existir, o contrato de doazón de bens inmobles se a cousa non se entrega no mesmo momento de pactar, o contrato de sociedade cando se aporten bens inmobles, o contrato de constitución de hipoteca... e fora do CC temos: os contratos de compravenda de bens mobles a prazos. Tamén a lei de contratos de crédito ao consumo esixe a constancia escrita do contrato. E no ámbito do texto refundido da lei xeral de consumidores e usuarios o art. 154 esixe forma escrita para o contrato de viaxe combinado, o art. 98 esixen tamén constancia escrita nos contratos celebrados a distancia e o 111 en relación aos contratos celebrados fóra do establecemento mercantil (nestes dous últimos casos non é unha forma ad solemnitatem senón ad utilitatem).
Na regulación do CC para que exista o contrato debe haber causa. Esa causa regúlase nos arts. 1274 e ss. O CC non define a causa pero de acordo coa evolución histórica do dereito contractual pódese entender que é o propósito ou fin común que as partes perseguen ao celebran o contrato. É posible defender 2 nocións de causa bastante diferentes:
Réxime da causa no CC:
Está regulada nos arts. 1274 a 1277. Existe entre o 1274 e o 1275 certa contradición porque o primeiro acolle a concepción obxectiva e o segundo sanciona coa nulidade os contratos de causa ilícita, está contemplando a causa como móbil.
Críticas ao 1274: O art. 1274 non define a causa, simplemente ofrece 3 categorías globais de contratos e para cada un deles identifica a causa. O art. fala de 3 tipos de contratos (onerosos, remuneratorios e de pura beneficencia) e o certo é que a segunda categoría non ten presenza no CC. O contrato remuneratorio como tal non existe. O art. di que nos contratos onerosos a causa para cada parte é a prestación dunha cousa ou servizo pola outra parte pero en realidade non se está dicindo cal é a causa senón cal é a causa de cada prestación. O 1274 recolle unha definición puramente obxectiva de causa.
O art. 1275 di que os contratos con causa ilícita non producen efecto algún é evidente que a ilicitude como característica só se pode predicar da finalidade interna do contratante. O que nunca é ilícito é a causa definida pola lei. O art. 1275 está dando relevancia aos propósitos das partes, contradicindo en certo caso a definición de causa do art. 1274 que é totalmente obxectiva.
No ámbito do CC non ten ningunha relevancia a finalidade buscada polas partes se é unha finalidade que non contradí a lei ou as boas costumes. Isto é obxecto de crítica pola doutrina ecléptica que entende que se os fins lícitos son comúns ás partes e son coñecidos polo contratante deben ter relevancia a efecto de condicionar a validez do contrato se esa finalidade non se pode cumprir.
A causa debe: