Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


Lingüística interactivas e expositivas, Apuntes de Lingüística

Apuntes de Lingüística tando de interactivas como de expositivas

Tipo: Apuntes

2021/2022

Subido el 03/01/2023

andreaacarreira
andreaacarreira 🇪🇸

4.3

(3)

2 documentos

1 / 37

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
Lingüística I
1
Andrea Carreira Fernández
TEMA I
LINGUAXE E LINGUAS. A NATUREZA COMPLEXA DA LINGUAXE
O ser humano nace coa capacidade de poder intercambiar mensaxes e información mediante códigos, isto é
coñecido como linguaxe.
A etiqueta que nos singulariza a os seres humanos fronte a outras especies é a de Homo Loquens
(que fala): a posesión da linguaxe é a capacidade que mellor nos singulariza como humanos.
Dende o punto de vista intuitivo solemos establecer unha correlación entre a natureza humana e a
posesión da linguaxe: o primeiro rasgo de personificación que atribuímos aos animais ou incluso a
outros seres non animados é precisamente a fala. A posesión da linguaxe divide aos seres humanos
en dous grupos separados.
LI NGÜ ÍS TI CA
A lingüística é a disciplina científica que estuda a linguaxe e as linguas, é unha ciencia descritiva, non
ten regras e analiza as estruturas lingüísticas. A lingüística é aínda hoxe, a pesar dos seus esforzos,
unha ciencia débil: os seus métodos son aínda en moitos campos bastante incertos, as súas técnicas
de investigación adoecen a miúdo dunha considerable vaguidade e as súas mesmas definicións son
controvertidas. É tamén unha disciplina branda: carece do apartado formal da matemática e da física,
da capacidade de facer experimentos que poidan ser repetidos e verificados, da paixón pola ficción
típica da ciencia dos ordenadores e das súas aplicacións, desa claridade á hora de identificar as súas
propias prácticas e os seus propios obxectos que caracteriza a algúns sectores das ciencias
experimentais, do aparello tecnolóxico que acompaña, incluso a ollos dun profano, a ciencias como a
física, a bioloxía, etc.
LI NGU AX E
A orixe da linguaxe está ligada á orixe da especie. É un comportamento estruturado complexo, xa que a
linguaxe caracterízase porque pode transmitir calquera tipo de información cun número limitado de elementos.
A natureza da linguaxe é complexa, por iso está o é xa que ten unha natureza biolóxica, porque o
comportamento da linguaxe está localizado nunha zona específica do cerebro e tamén son necesarios outros
pf3
pf4
pf5
pf8
pf9
pfa
pfd
pfe
pff
pf12
pf13
pf14
pf15
pf16
pf17
pf18
pf19
pf1a
pf1b
pf1c
pf1d
pf1e
pf1f
pf20
pf21
pf22
pf23
pf24
pf25

Vista previa parcial del texto

¡Descarga Lingüística interactivas e expositivas y más Apuntes en PDF de Lingüística solo en Docsity!

TEMA I

LINGUAXE E LINGUAS. A NATUREZA COMPLEXA DA LINGUAXE

O ser humano nace coa capacidade de poder intercambiar mensaxes e información mediante códigos, isto é coñecido como linguaxe. A etiqueta que nos singulariza a os seres humanos fronte a outras especies é a de Homo Loquens (que fala): a posesión da linguaxe é a capacidade que mellor nos singulariza como humanos. Dende o punto de vista intuitivo solemos establecer unha correlación entre a natureza humana e a posesión da linguaxe: o primeiro rasgo de personificación que atribuímos aos animais ou incluso a outros seres non animados é precisamente a fala. A posesión da linguaxe divide aos seres humanos en dous grupos separados. LINGÜÍSTICA A lingüística é a disciplina científica que estuda a linguaxe e as linguas, é unha ciencia descritiva, non ten regras e analiza as estruturas lingüísticas. A lingüística é aínda hoxe, a pesar dos seus esforzos, unha ciencia débil: os seus métodos son aínda en moitos campos bastante incertos, as súas técnicas de investigación adoecen a miúdo dunha considerable vaguidade e as súas mesmas definicións son controvertidas. É tamén unha disciplina branda: carece do apartado formal da matemática e da física, da capacidade de facer experimentos que poidan ser repetidos e verificados, da paixón pola ficción típica da ciencia dos ordenadores e das súas aplicacións, desa claridade á hora de identificar as súas propias prácticas e os seus propios obxectos que caracteriza a algúns sectores das ciencias experimentais, do aparello tecnolóxico que acompaña, incluso a ollos dun profano, a ciencias como a física, a bioloxía, etc. LINGUAXE A orixe da linguaxe está ligada á orixe da especie. É un comportamento estruturado complexo, xa que a linguaxe caracterízase porque pode transmitir calquera tipo de información cun número limitado de elementos. A natureza da linguaxe é complexa, por iso está o é xa que ten unha natureza biolóxica, porque o comportamento da linguaxe está localizado nunha zona específica do cerebro e tamén son necesarios outros

órganos (ex: pulmóns). Tamén ten unha dimensión social, psicolóxica, cultural e simbólica , xa que cada símbolo ten un significado, no caso dos humanos, coas linguas clasificamos a realidade para representala e transmitila. Grazas á linguaxe podemos transmitir coñecemento, compartilo e seguir avanzando. É máis abstracta e universal, é unha capacidade especificamente humana; representa o unitario, o homoxéneo. A linguaxe é, primordialmente, un sistema auditivo de símbolos. En canto é articulado, é tamén un sistema motor, pero o aspecto motor da fala é, con tanta evidencia, algo secundario en relación co aspecto auditivo. LINGUAS É a máis concreta, é a proxección da linguaxe en linguas concretas. Sistema de signos lingüísticos que se combinan a partir de certas regras que teñen que compartir o emisor e o receptor para codificar e descodificar mensaxes. Representa a diversidade, o heteroxéneo. Estas poden ter variedades; variedades sociais, de contexto, culturais (dialecto), etc. A LINGÜÍSTICA COMO DISCIPLINA NON É OBXECTO DE ESTUDO, OS OBXECTOS DE ESTUDO DA LINGÜÍSTICA SON A LINGUAXE E AS LINGUAS. Outras das características máis notables da nosa especia é a nosa capacidade de manexar os signos. Tendemos a extraer significado de calquera variación do noso entorno, con independencia de que esta fose producida con fines comunicativos ou non. Un signo é unha entidade perceptible que se asocia cun significado. TIPOS DE SIGNOS O principal criterio para clasificar os signos é o do tipo de relación que se establece entre a entidade perceptible e o seu significado. A clasificación máis habitual é a do filósofo estadounidense Charles S. Peirce, estableceu 3 categorías:

Indicio: a relación entre a entidade perceptible e o significado que lle atribuímos é natural, dinámica,

de contigüidade física, mecánica ou de causa-efecto. Nos indicios hai unha relación directa entre un

feito ou unha entidade e o significado que inferimos a partir da súa observación.

Icona: a relación entre a entidade perceptible e o significado é de semellanza. A entidade perceptible

aseméllase á realidade á que quere facer referencia, imítaa. A semellanza pode ser visual olfactiva,

aditiva, táctil...

Símbolo: a relación entre entidade perceptible e o seu significado é convencional e arbitraria, é dicir,

non está baseada na similitude ou na contigüidade. Dise que as linguas son sistemas de símbolos;

xa que a relación é convencional, un símbolo só se pode interpretar cando se coñece o sistema de

equivalencias ao que pertence.

individuo. A fala é unha realidade concreta. Sen embargo, na fala hai moitos aspectos que non reflexan as pautas do sistema, senón que son accidentais. A fala é unha actividade humana que varía sen límites precisos nos distintos grupos sociais, porque é unha herdanza puramente histórica do grupo, produto dun hábito social mantido durante o longo do tempo. A fala non é unha actividade simple, realizada por un ou máis órganos bioloxicamente adaptados para ese obxecto. É unha rede moi complexa e sempre cambiante de adaptacións diversas que tende á desexada meta da comunicación de ideas. Dende o punto de vista fisiolóxico, a fala é un grupo de funcións adxacentes. Aproveita todos os servizos que pode de certos órganos e funcións, nerviosos, musculares, os cales deben a súa orixa e a súa existencia a finalidades moi distintas ás lingüísticas. A lingua e a fala están indisociablemente unidas: o individuo adquire a lingua a partir das mostras da fala; pero as mostras da fala só cobran auténtico sentido cando se conciben como manifestacións da lingua. Para entender a identidade substancial das linguas é preciso atopar aqueles que se atopaban en todas elas precisamente porque son propiedades esenciais e definitorias da linguaxe humana: son propiedades que calquera lingua ten polo mero feito de ser unha manifestación natural da capacidade para a linguaxe. Charles Hockett , lingüista estadounidense (1958): “Os trazos non se dan xuntos en ningún dos sistemas de comunicación non humanos que se coñecen” A linguaxe ten dúas modalidades: oral e xestual. Os catro primeiros trazos dan referencia á canle vocal-auditiva (prima oral fronte visual).

PROPIEDADES DA

LINGUAXE HUMANA

PROPIEDADES DO

SINAL

FÍSICAS

  • CANLE VOCAL-AUDITIVO
  • TRANSMISIÓN IRRADIADA
  • PERCEPCIÓN DIRECCIONAL
  • EVANESCENCIA
  • CARÁCTER DISCRETO SIMBÓLICAS

- SEMANTICIDADE

- ARBRITARIEDADE

ESTRUTURAIS

  • DOBRE ARTICULACIÓN
    • PRODUTIVIDADE PROPIEDADES DO PROCESO

INHERENTES

  • ESPECIALIZACIÓN
  • DESPLAZAMIENTO RELATIVAS AOS PARTICIPANTES
  • INTERCAMBIABILIDADE DE ROTES
  • RETROALIMENTACIÓN TOTAL
  • TRANSMISIÓN

Os demais trazos recollen as dúas modalidades (oral e xestual).

  1. CANAL VOCAL-AUDITIVO A linguaxe humana baséase na emisión e recepción de sons articulados. O son prodúcese nas cordas vocais. Grazas a un tracto vocal especializado sobre o que os humanos temos o control. O sistema auditivo humano presenta capacidades de discriminación tamén especializadas. Esta caracterización anterior ten unha única excepción: trátase das linguas de signos que utilizan as comunidades xordas. As linguas de signos empregan a modalidade xestual-visual, en lugar da vocal-auditiva; polo demais comparten os trazos propios das linguas naturais. O carácter vocal-auditivo inclúese como unha das propiedades definitorias das linguas humanas para subliñar que é a lingua falada, e non a escrita, a modalidade natural e primaria da linguaxe. O medio escrito constitúe unha modalidade artificial e secundaria non un compoñente necesario da linguaxe (os nenos adquiren a lingua no seu entorno natural antes de adquirir a escritura; hai sociedades que non coñecen a escritura pero isto non lles impide ter unha linguaxe).
  2. TRANSMISIÓN IRRADIADA E RECEPCIÓN DIRECCIONAL Deriva do trazo anterior, alude á canle vocal. As sinais lingüísticas transmítense polo medio aéreo en todas as direccións. O son propágase en forma de onda e expándese a partir do punto de orixe. A sinal poderá ser captada por calquera que se atope dentro do radio permitido polas capacidades auditivas humanas.
  3. EVANESCENCIA OU TRANSITORIEDADE Deriva do trazo 1, aluda á canle vocal. As sinais vocais emitidas polos seres humanos desvanécese con rapidez, e non perduran no espazo e no tempo. A sinal que non é captada no momento en que se emite pérdese irremediablemente.
  4. CARÁCTER DISCRETO Cando falamos dunha lingua, reducimos todos os sons posibles a un número moi concreto de fonemas que identificamos. Dicimos que as linguas teñen carácter discreto porque cada unha establece contraste e diferenzas significativas no continuo sonoro. “Discreto” é o contrario de “gradual”: sexa cal sexa o estímulo sonoro que nos presenten, tenderemos a encadralo, a etiquetalo e a identificalo en función das categorías lingüísticas que coñecemos.
  5. SEMANTICIDADE É a existencia dunha asociación fixa e constante entre un signo e aquilo que este signo e aquilo que este signo representa e que fai que ao escoitar o son (significante) se evoque na mente a imaxe que a el vai asociada (significado). Un sistema de comunicación ten a propiedade ou trazo da semanticidade dende o momento en que os elemento que o compoñen remiten a algo externo a eles mesmos, establecéndose vínculos con referentes concretos do contorno. Eses elementos convértense en sinais porque significan algo (teñen semanticidade).

10. DESPRAZAMENTO

Un sinal lingüístico presenta desprazamento se fai referencia a un tempo ou a un espazo diferentes do momento e do ligar onde se produce a emisión da mensaxe. A linguaxe humana permítenos facer referencia a entidades e acontecementos distantes no tempo e no espazo respecto do momento e lugar no que nos atopamos. Non é necesario estar na presencia de algo para poder falar diso. Tipos de desprazamentos: temporal, espacial ou temporal-espacial.

  1. INTERCAMBIABILIDADE DE ROLES Calquera falante pode participar, nun mesmo intercambio comunicativo, como emisor e receptor, e estes son reversibles: o falante convértese en oínte e viceversa.
  2. RETROALIMENTACIÓN TOTAL Alude á canle vocal. Cada emisor é receptor da súa propia emisión, polo que pode vixiar e controlar a súa produción a medida que a emite e incluso corrixir os posibles erros. A retroalimentación fai posible a interiorización do propio comportamento comunicativo, o que constitúe, á súa vez, unha parte do pensamento.
  3. TRANSMISIÓN CULTURAL A capacidade de adquirir e utilizar unha lingua depende, en primeiro lugar, do noso código xenético. Este código constitúe o soporte necesario para que se desenvolva a fala. Sen embargo, a linguaxe non se desenvolve se o individuo non está exposto dende a súa infancia ao uso da lingua (ou linguas) da súa comunidade. Ao non existir unha conexión natural entre as sinais comunicativas e o que significan, esta debe aprenderse. Para que un organismo poida ser participe dun sistema de comunicación deben confluír dous mecanismos: O asento xenético: o ser humano como especie ten a capacidade de desenvolver a facultade que chamamos linguaxe. A tradición cultural: as linguas que os seres humanos chegan a falar son as propias das comunidades (grupos sociais) onde se desenvolve como individuo (ser social → transmisión interxeracional).
  4. PREVARICACIÓN As mensaxes lingüísticas poden ser falsas e poden non ter ningún significado lóxico. Esta propiedade atópase na base da mentira, da ficción, do erro, pero tamén da formulación da hipótese.
  5. REFLEXIVIDADE Un sistema de comunicación é reflexivo se os sinais que o compoñen poden referirse ao propio sistema; coa linguaxe podes falar da propia linguaxe (función metalingüística).

O CARÁCTER DISCRETO, A DUALIDADE E A PRODUTIVIDADE ESTÁN CONECTADOS ENTRE SÍ

O CANLE AUDITIVO, A TRANSMISIÓN IRRADIADA E A RETROALIMENTACIÓN ESTÁN CONECTADOS ENTRE

Características do SINAL FÍSICAS Canle vocal-auditiva Transmisión irradiada e recepción dirixida (ou percepción direccional) Esvaecemento rápido Carácter discreto SIMBÓLICAS Semanticidade Arbitrariedade - Iconicidade Reflexividade Prevaricación ESTRUTURAIS Dualidade = Dobre articulación Produtividade Moitas especies de animais, son capaces de transmitir algunhas informacións e avisos. Pero se se comparan as propiedades dos medios que se serven coas da linguaxe humana, poderase comprobar que, xunto con algunhas semellanzas, existen tamén diferenzas moi significativas. Se se consideran as propiedades da linguaxe humana que non están presentes en ningún de estes outros sistemas, verase que forman un núcleo coherente; os trazos exclusivos das linguas humanas son a dualidade de estruturación a produtividade e o desprazamento. Os sistemas de comunicación animal están constituídos por un inventario de signos, que forman un conxunto de secuencias de sons, que se asocian convencionalmente, con conceptos, pero que non se reduce a isto. Posúe, ademais, un conxunto de principios e de regras que determinan como se combinan estes signos para expresar significados máis complexos. Cada lingua ten un léxico e unha gramática. As gramáticas das linguas naturais non son código simples, senón códigos complexos ou sistemas combinatorios discretos (número finito → mensaxes infinitas). As propiedades específicas das linguas humanas fan da linguaxe unha capacidade universal (ditas propiedades están presentes en todas as linguas) e privativa (porque só as atopamos nelas). Características do PROCESO INHERENTES Especialización Desprazamento RELATIVAS AOS PARTICIPANTES Intercambiabilidade Retroalimentación total Transmisión cultural

FUNDAMENTOS CULTURAIS FUNDAMENTOS SIMBÓLICOS

Visión do mundo (etnolingüística) Existencia de normas (gramática, lexicoloxía) Modos de interacción lingüística (pragmática) Conciencia lingüística, actitudes, prexuízos (socioloxía da linguaxe) Variedade de usos e requisitos (sociolingüística) Natureza biolóxica (natural): xustifícase porque a linguaxe é unha capacidade propia dos seres humanos {cerebro + sistemas fonoarticulatorios (respiratorio, fonatorio, auditivo e articulatorio)}. FUNDAMENTOS PSICOLÓXICOS FUNDAMENTOS NEURONAIS (NEUROLINGÜÍSTICA) E ANATÓMICOS (ORL) Adquisición das linguas maternas Localización e lateralidade Aprendizaxe das linguas estranxeiras Descenso da larinxe Estudio de trastornos comunicativos En certo sentido, o individuo está predestinado a falar, pero isto débese a circunstancia de que naceu non só no medio da natureza, senón tamén no seno dunha sociedade que está segura de facerlle adoptar as súas tradicións. Lingüística teórica ( coñecer por coñecer ) → Modelos teórico-metodolóxicos que permiten describir e coñecer mellor o obxecto de estudo. Lingüística aplicada ( coñecer para resolver ) → Resolución de problemas concretos, propostas teórico- metodolóxicas propias de cada subdisciplina aplicada. Divisións da lingüística: estudo da constitución interna das linguas: aspectos e unidades. Niveis Fónico Fonética e Fonoloxía Gramatical Gramática (Morfoloxía e Sintaxe) Léxico Semántica Ramas da lingüística: estudo das linguas atendendo á súa relación con coordenadas externas reais. Psicolingüística, neurolingüística, sociolingüística da linguaxe, pragmática, antropoloxía lingüística, filosofía da linguaxe.

A lingüística moderna alíñase decididamente coas ciencias naturais e trata de construír un discurso baseado en argumentos e probas obxectivas e fundamentado nunha metodoloxía rigorosa. O uso de métodos e técnicas experimentais e o cambio de orientación do estudo cara obxectos teóricos e explicativos, confluíron neste cambio de paradigma. A lingüística ofrece unha combinación equilibrada entre o carácter humanístico do seu obxecto e o carácter científico do seu enfoque. Toda a análise e teorización que se fai sobre a linguaxe e as linguas naturais non pode facerse senón por medio da linguaxe mesma. No caso da linguaxe, hai unha coincidencia entre o obxecto de estudo e o instrumento con que se aborda dito estudo, é dicir, entre a linguaxe – obxecto e a metalinguaxe. As características que mellor definen á lingüística son:

Empírica e non prescritiva: a reflexión científica debe ocuparse de describir e explicar datos

empíricos, é dicir, fenómenos observables, non de establecer normas sobre o que é correcto, nin

de facer valoracións ao respecto.

Explicativa: o obxectivo final das ciencias é a comprensión do mundo. Aínda que unha parte da tarefa consista en describir a realidade, o fin último de toda ciencia é explicar os datos para comprender o funcionamento dos fenómenos. Con respecto ás linguas particulares, o lingüista trata de atopar os principios adxacentes que regulan a construción e interpretación das estruturas lingüísticas; con respecto á linguaxe en xeral, a súa tarefa é a de identificar os elementos e os principios consecutivos da capacidade lingüística humana. A capacidade explicativa inclúe tamén outro trazo común que se menciona en moitas ocasións: o da sistematicidade. O carácter sistemático da descrición é unha condición previa para poder obter unha explicación completa e adecuada. Obxectiva: todas as afirmacións que se fagan deben ser de natureza obxectiva, como corresponde a calquera disciplina que reclame para si un estatuto científico. Os resultados obtidos teñen que ser comprobables e reproducibles e non estar baseados simplemente en impresións máis ou menos subxectivas do investigador, nin en puntos de vista exclusivamente persoais. Explícita: en lingüística, como en calquera ciencia, é necesario propoñer descricións e explicacións plenamente explícitas, é dicir, detalladas en todos os seus aspectos. Calquera xeneralización que se expoña debe formularse nunha linguaxe precisa e inequívoca, cunha terminoloxía coherente. Requírese, igualmente, non deixar pasos ocultos, nin dar nada por sobreentendido. A linguaxe ofrece facetas moi diversas: A linguaxe fundaméntase nun conxunto de capacidades físicas e cognitivas.

A morfoloxía estuda a estrutura interna das palabras e os principios e procesos que rexen a configuración de dita estrutura. A sintaxe ocúpase das regras e os principios que rexen a combinación das palabras para formar unidades maiores. A semántica é o estudo do significado das unidades léxicas e dos principios que rexen as súas combinacións. Aos niveis estruturais e constitutivos propiamente ditos engádense outras disciplinas que se sitúan na zona de contacto entre o sistema lingüístico e outros sistemas: A fonética é a disciplina auxiliar da Lingüística que estuda os sons como realidade física, tanto no que concirne á súa xénese, como á súa transmisión e á súa descodificación. A pragmática é unha perspectiva da análise que se ocupa da interacción entre os significados codificados pola gramática e os diferentes aspectos do contexto. As linguas cambian e este cambio é en si mesmo un dato que os lingüistas deben analizar e explicar: deben determinar as causas dos cambios e os principios que rexen a dinámica da evolución lingüística. Son Signficado FONÉTICA PRAGMÁTICA Fonoloxía Morfoloxía Sintaxe Semántica

O enfoque diacrónico ocúpase das transformacións acaecidas en subsistemas concretos ao longo da historia. O enfoque que se ocupa de estudar unha lingua nun momento concreto é un enfoque sincrónico, un enfoque no que todos os fenómenos analizados pertencen a un mesmo corte temporal. A adopción dun enfoque sincrónico e a separación clara entre a perspectiva sincrónica e a diacrónica supuxeron tamén unha das grandes novidades da lingüística moderna con respecto aos estudos do século XIX, que poñían a énfase na evolución e na perspectiva diacrónica. O enfoque externo é basicamente un enfoque de tipo empirista que se interesa sobre todo pola lingua como produto. Quen adopta esta perspectiva ocúpanse das manifestacións externas e estudan en profundidade as súas propiedades observables. O enfoque interno centra a súa atención na lingua como capacidade e como coñecemento; interésase especialmente polos mecanismos e polos sistemas subxacentes dos que dependen que sexamos capaces de falar e de comunicarnos. A lingüística proponse: Especificar a natureza da linguaxe, e concretamente as potencialidades que este aporta ao home e as limitacións que lle impón. Identificar, polo menos de maneira abstracta e baixo o criterio de modelo, as regras que os falantes dunha lingua aplican ao producir e recibir unha mensaxe lingüística. Describir e explicar os cambios que se producen, no curso do tempo, na organización e na estrutura das linguas.

Segundo sexa a relación entre a información transmitida (referente) e o elemento comunicativo (sinal). ➢ Códigos arbitrarios: compostos por sinais que non gardan relación de semellanza formal co referente. ➢ Códigos icónicos: compostos por sinais que gardan unha relación de semellanza formal co referente. ➢ Códigos mixtos: compostos por sinais que usan tanto elementos icónicos como arbitrarios.

Cada vez que empregamos a linguaxe, facémolo cunha intencionalidade distinta dependendo de

se o foco da mensaxe está posto no emisor, no receptor, na propia mensaxe, na canle

empregada, etc.

Estas distintas finalidades que se poden acadar mediante o uso social da linguaxe son as

chamadas funcións lingüísticas:

➢ Dependen dos factores (ou elementos) do proceso comunicativo.

➢ Poden actuar de maneira simultánea, predominando unhas ou outras funcións da

natureza da mensaxe.

Os factores do proceso comunicativo son 6: EMISOR: persoa que elabora e emite a mensaxe.

RECEPTOR: persoa que recibe e interpreta a mensaxe.

MENSAXE: información que se quere comunicar.

CÓDIGO: sistema de signos e regras empregados e compartidos por emisor e receptor para

codificar e descodificar a mensaxe.

CANLE: medio físico (aire, papel, pantalla...) a través do cal se transmite a mensaxe.

CONTEXTO, REFERENTE OU SITUACIÓN COMUNICATIVA: circunstancias que engloban a

emisión, transmisión e comprensión da linguaxe.

FUNCIÓN EXPRESIVA OU EMOTIVA: centrada no emisor. O foco ponse na actitude, sentimentos e opinión do falante respecto do contido da mensaxe. FUNCIÓN APELATIVA OU CONATIVA: centrada no receptor. O emisor busca influír sobre a conduta do interlocutor, provocar unha resposta. Esta función está presente cando chamamos a alguén, cando preguntamos algo, cando pedimos algo, cando prohibimos ou ordenamos algo ou cando damos un consello.

FUNCIÓN POÉTICA: centrada na mensaxe cun propósito estético. FUNCIÓN METALINGÜÍSTICA: centrada no código. Falamos sobre a lingua facendo uso dela (reflexividade). FUNCIÓN FÁTICA OU DE CONTACTO: centrada na canle. Son mensaxes que buscan establecer, prolongar ou pechar unha vía de comunicación entre emisor e receptor. FUNCIÓN REPRESENTATIVA, DENOTATIVA OU REFERENCIAL: centrada no contexto, situación ou referente. As mensaxes conteñen información o máis obxectiva posible a realidade extralingüística. Aspecto esencial: instrumento de comunicación. o O campo lingüístico ten a súa razón de ser en necesidade de adaptar confusamente o instrumento ás necesidades comunicativas dos usuarios. o A represión social do soliloquio. o A necesidade comunicativa de facerse comprender e de contribuír a compatibilizar o cambio lingüístico co mantemento da identidade dunha lingua, evitando con iso que as modificacións lle fagan perder no seu carácter instrumental. Aspectos non-esenciais o Carácter socio-institucional. o Soporte do pensamento. o A función expresiva. o A función estética. Os estudosos da linguaxe identificaron varias funcións máis, nas que a comunicación de ideas é unha consideración marxinal e irrelevante. EXPRESIÓN DE EMOCIÓNS Un dos usos da linguaxe máis correntes: un medio de librarnos da nosa tensión nerviosa, cando nos atopamos baixo presión. É o caso máis claro da que soe chamarse función emotiva ou expresiva da linguaxe. A linguaxe expresiva pódese usar tanto se estamos sos como se estamos acompañados. Os xuramentos e as imprecacións son probablemente os signos que se usan máis correntemente neste sentido, especialmente cando nos atopamos nun estado de enfado ou frustración. Pero tamén existen expresións emotivas de tipo positivo, como as nosas reaccións verbais involuntarias ante a beleza da arte ou da paisaxe, as nosas expresións de medo e de afecto, ou as efusións emotivas dun certo tipo de poesía.

REXISTRAR OS FEITOS

Cando se almacena información para uso futuro é imposible predicir quen vai utilizala; en realidade, unha gran parte do material tal vez nunca volva a ser consultado. Polo tanto non existe na comunicación o elemento “diálogo”. A linguaxe que se utiliza co propósito de rexistrar feitos é moi distinto da que usamos nas conversacións de todos os días; en particular mostra un grao moito maior de organización e de impersonalidade, é máis explícito. Esta función da linguaxe está representada por todos os tipos de conservación de rexistros, como relacións históricas, estudos xeográficos, informes comerciais, información científica, actas do parlamento e bancos de datos públicos. É un campo esencial no uso da linguaxe, porque a dispoñibilidade deste material garante as bases de coñecemento das xeracións posteriores, o que constitúe un requisito previo para o desenvolvemento social. INSTRUMENTO DO PENSAMENTO A miúdo as persoas senten a necesidade de expresar os pensamentos en voz alta. Se se lles pregunta que por que o fan, contestan que lles axuda a concentrarse. Quizais o caso máis corrente de utilización da linguaxe como instrumento do pensamento se atope na realización de cálculos matemáticos mentais. Moi a miúdo, este acto supostamente mental vese acompañado por un comentario verbal. Pospuxéronse varias teorías sobre o papel da linguaxe como instrumento do pensamento, entre as que hai que sinalar as do psicólogo ruso Lev Semenovich Vygostsky, quen avogaba por un concepto de “fala interior” , un uso mental das palabras para evocar unha sucesión de pensamentos. EXPRESIÓN DE IDENTIDADE Moitas situacións sociais presentan unha linguaxe cuxa función é unir máis que informar: os cantos da multitude nun partido de fútbol ou a repetición de nomes e lemas nos mitins políticos. O noso uso da linguaxe pode dicir moito de nós a quen nos escoita ou nos le, en particular a propósito da nosa orixe rexional, a nosa clase social, nivel de educación, profesión, idade, sexo e personalidade. Unha importante función da linguaxe é a de expresar a identidade persoal, indicar quen somos e a onde pertencemos. INFORMACIÓN A información fronte aos datos en bruto, permite que o ser modifique a súa conduta → fundamental para a vida de todos os seres vivos (desde bacterias ata persoas). Cando os seres vivos obtemos información do contorno: ➢ Interpretamos algo: outorgamos significación a algo que en si mesmo carece dela

➢ Outorgar significación a algo → Representar A información/significación é importante porque así xorden os signos. COGNICIÓN Coñecer: Coñecemento: capacidade para comprender por medio da razón a natureza e calidades da realidade que nos rodea. Cognición: ➢ Facultade propia do ser vivo específica para cada especie que lle permite (en aras da supervivencia) rexistrar, procesar e interpretar a información que recibe a través da experiencia, producindo un modelo particular de mundo. ➢ Implica o uso de habilidades mentais superiores: a atención, a memoria, os sentimentos, as emocións, o razoamento, a capacidade para resolver problemas, a toma de decisión e a aprendizaxe. COMUNICACIÓN Extraer información → necesidade de compartir esa información → necesidade de comunicarse (transmitir información) con outros seres. A comunicación é inherente a todo ser vivo: ➢ Compartimos información. ➢ Dependemos dela para sobrevivir (socialización: asentamentos, familias, grupos...) A comunicación presupón máis que a información; unha nube de fume non pretende comunicar, transmite información que nos interpretamos. Para que exista comunicación debe haber intencionalidade: intención comunicativa → emitir algo para provocar un efecto concreto sobre un destinatario. COMUNICACIÓN EN SENTIDO FORTE OU FEBLE Comunicación en sentido forte: deben concorrer esta vez 3 aspectos: Información Intención comunicativa Intercambiabilidade