







Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Prepara tus exámenes con los documentos que comparten otros estudiantes como tú en Docsity
Encuentra los documentos específicos para los exámenes de tu universidad
Estudia con lecciones y exámenes resueltos basados en los programas académicos de las mejores universidades
Responde a preguntas de exámenes reales y pon a prueba tu preparación
Consigue puntos base para descargar
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Comunidad
Pide ayuda a la comunidad y resuelve tus dudas de estudio
Ebooks gratuitos
Descarga nuestras guías gratuitas sobre técnicas de estudio, métodos para controlar la ansiedad y consejos para la tesis preparadas por los tutores de Docsity
Apuntes Lingüística Interactivas
Tipo: Apuntes
1 / 13
Esta página no es visible en la vista previa
¡No te pierdas las partes importantes!








A lingüística é a disciplina que estuda a linguaxe humana. Este é o comportamento estruturado máis complexo de estudo e, ao mesmo tempo, responsable da evolución, da historia do ser humano etc. A súa análise remóntase á India e á Grecia clásicas e produciu un corpo de coñecemento extenso e variado. Durante séculos esta, xunto coa lingua, foi estudada dende un número variado de perspectivas. Pero ademais de estudar a linguaxe en si mesmo, de estudar os seus aspectos sociais ou históricos, a relación entre as unidades que a forman e as categorías da lóxica, das innumerables perspectivas de análises desenvoltas durante séculos, podemos tamén estudar a linguaxe como parte esencial para entender a estrutura da mente humana. Esta maneira de enfocar o seu estudo, recibe o nome de perspectiva cognitiva. Ao mesmo tempo, a lingüística ten conexións moi estreitas con varias ciencias, unhas que lle dan datos, outras que llos toman. Os límites que a separan delas non sempre se ven con claridade. Por exemplo, a lingüística ten que diferenciarse coidadosamente da etnografía e da prehistoria, onde a linguaxe non intervén máis que a título de documento; ten que distinguirse tamén da antropoloxía, que non estuda ao home máis que desde o punto de vista da especie, mentres que a linguaxe é un feito social. Para entender cal é o obxecto de estudo da lingüística é necesario facer unha distinción entre lingua, linguaxe e fala Linguaxe : capacidade inherente ao ser humano que lle permite desenvolver unha ou máis linguas. Este é segundo Saussure (corrente estruturalista), multiforme e heclerótico debido a súa dimensión simbólica, biolóxica, social, psicolóxica e cultural. Lingua: código/sistema de comunicación de signos lingüísticos que se comparten nunha comunidade de falantes. Fala: acción/uso que se fai da lingua nun contexto determinado. Caracterízase tanto, pola súa universalidade como diversidade. Finalmente é necesario salientar as personalidades máis importantes dentro da lingüística así como mencionar como cada un deles entende esta disciplina:
Era un lingüista funcionalista. O funcionalismo preocúpase coa linguaxe e a lingua cando se desenvolven as funcións.
Canle (medio a través do cal circulan os sinais perceptibles/sentido psicolóxico) Mensaxe (poden ter tantas finalidades como elementos que configuran o acto de comunicación). Contexto, referente: circunstancias que engloban a emisión, transmisión e comprensión da mensaxe Como contexto ou contorno entendemos a fonte de datos para os seres vivos. Para transformar estes últimos en información os seres vivos analizan e procesan eses datos con mecanismos sensoriais e cognitivos específicos para cada especie. Ao mesmo tempo dentro deste proceso debemos destacar 4 conceptos clave: Coñecemento: capacidade para comprender por medio da razón a natureza e cualidades da realidade que nos rodea. Cognición: facultade propia do ser vivo para cada especie que lle permite, co fin de supervivencia, rexistrar, procesar e interpretar esa información. Esta implica o uso de habilidades mentais superiores (atención, memoria, sentimentos…) Comunicación: é inherente a todo ser vivo mediante ela un emisor produce mensaxes que se trasladan a un receptor(transmite información, dependemos dela para sobrevivir Para que sexa efectiva precisamos dun código (xa mencionado). Esta presupón máis que a información. Para que exista ten que haber unha intencionalidade. A información, fronte aos datos en bruto, permite que o ser modifique a súa conduta (fundamental para a vida) Codificación : trasbase da realidade que nos rodea a sinais (símbolos e signos) con intención comunicativa. Mediante os signos da linguaxe codificamos a realidade para que poida ser comunicada (comprendida). Os signos son un subtipo moi potente dos signos en xeral Cando os seres vivos obtemos información do contorno: interpretamos algo (outorgamos significación a algo que en si mesmo carece dela= Representar). Deste xeito xorden os signos Destacar que o individuo non ten a competencia (esta no uso, facilitando) senón que a percibe xunto coa actuación. Por outra banda, destacar que un individuo é capaz, durante a aprendizaxe ademais de imitando, de formar frases que nunca oíu, a pesar de ser, moitas veces incompletas.
Durante o proceso comunicativo, emítense as chamadas sinais comunicativas, as cales transmiten información un significado. Estas están integradas por un significante (conxunto de sons que integran esa palabra) e un significado as cales están relacionadas entre si, non se pode acceder a un significado, sen significante) Da relación entre ambas, depende, (a comunicación, segundo sexa esta aparecerán 3 tipos de sinais comunicativos. Esta pode ser motivada, (sinais naturais e semellantes) ou inmotivada (sinais arbitrarios) Mais hai casos nos que as relacións non son motivadas (ARBITRARIAS), neles, non hai relación entre significante e significado. As súas características son: Non hai vínculo natural e necesario entre estes dous elementos mencionados Non hai semellanza. Por moito que analicemos unha relación arbitraria non podemos adiviñar o significado a través do seu significante (sinal pouco transparente). As onomatopeas, por exemplo poden ser considerados elementos arbitrarios ou iconas, posto que aínda que se semellen a realidade que pretenden imitar, son distintas en cada unha das linguas. Outro exemplo trátase da propia escolla entre o significante e o significado, é unha escolla convencional dentro das relacións arbitrarias. A iconicidade nalgúns casos tamén é conseguida con elementos arbitrarios. EX: unha persoa iracunda (mediante elementos paralingüísticos.) Entre estes atopamos: Fonosimbolismo (moi discutido) Reduplicación: para designar unha cualidade utilizo un adxectivo pero para remarcar a intensidade uso a repetición (un material fónico para unha realidade) A iconicidade está neste uso reduplicado. Secuencia sintáctica>causa> efecto> consecuencia. Todas as palabras son signos pero en conxunto e nun contexto teñen un significado fixo e obxectivo. O conxunto destes signos recibe o nome de código. As características dun código son: Intercambiabilidade: nun código hai esta característica cando no seu uso un mesmo participante pode ser alternativamente emisor e receptor.
Por outra banda e como xa mencionamos con anterioridade, nun acto de fala o cal é a emisión de varios enunciados nun contexto determinado para logran o fin perseguido polo interlocutor podemos distinguir 2 tipos de enunciados: Enunciados performativos: nos cales se describe o acto que se realiza, é dicir realízase un acto e simultaneamente se describe: “Parabéns”. Moitas veces constan dun verbo performativo que é aquel que usado en 1º persoa do singular ou do plural en presente de indicativo nunha oración simple e afirmativa. Enunciados constatativos: son aqueles que constitúen unha aseveración que describe un certo estado de cousas pero que NON é performativa. A súa vez, todo acto de fala está constituído por 3 actos simultáneos:
1. Acto locutivo: é aquel que realizamos ao emitir un enunciado gramaticalmente aceptable e gracias ao cal se produce un significado interpretable dun universo discursivo. 2 - Acto ilocutivo: é aquel que realizamos ao dicir alfo cunha determinada intención. Polo tanto a forza ilocutiva dun enunciado vaise referir a intención coa que se produce. As ilocución son actos definidos polas convencións sociais. Estes, a súa vez poden ser: - Asertivos: aqueles no que o falante afirma ou nega algo como verdadeiro. - Directivos: aqueles nos que o falante intenta lograr que o oínte se comporte dunha maneira determinada. - Comisivos: aqueles nos que o falante se compromete a comportarse de determinada maneira. - Expresivos: os que serven para manifestar sentimentos e actitudes do falante respecto ao contido do enunciado (elicitar, agradecer…) - Declarativos: son aqueles nos que o falante cambia o estado no que se atopa algo xa que o seu propósito é crear unha nova situación, xeralmente fan referencia a un sistema normativo como o dereito. 3. Acto perlocutivo: é aquel que se corresponde aos efectos perseguidos ou non que calquera enunciado pode producir no oínte determinadas circunstancias(asustar, convencer…) Os actos de fala tamén poden ser divididos segundo sexan directos ou non. Os actos directos son aqueles que, pola súa intención comunicativa se corresponden co significado literal (o falante expresa unha orde coa intención de que o falante se comporte de certo xeito.) Mentres que mos actos de fala indirectos, o significado literal non se corresponde coa intención comunicativa. En adición é necesario falar das chamadas implicaturas conversacionais: Estas son os significados adicionais que xeralmente se producen de forma implícita cando se incumpren as máximas propostas por PAUL GRICE as cales son: Máxima de cantidade: non digas máis do necesario as túas contribucións deben ser tan informativas como sexa preciso.
Máxima de cualidade: non digas aquelo de cuxa veracidade dubides. Máxima de maneira: débese ser breve e ordenado. Máxima relevancia: fai contribucións relevantes. O incumprimento destas máximas é a orixe destas implicaturas.
sinal de que se sobrepasou un límite funcional e pasouse a outra unidade, é dicir, de que a diferencia que introducimos é elemento distintivo na lingua considerada. Se, ó contrario, noutro plano non ocorre nada, iso é sinal de que a modificación introducida no primeiro non é funcional e de que seguimos atopándonos fronte a mesma unidade de lingua. Por conseguinte, dados dous (ou máis) elementos de expresión (ou de contido) identificables na lingua que examinamos, é dicir, se lles corresponden necesariamente elementos diferentes tamén no outro plano. É a operación chamada de conmutación que permite illar os monemas. A conmutación consegue seu obxectivo cando se comproba que unha diferencia de sentido correspóndese cunha diferencia de forma e viceversa. A utilización desta operación fundaméntase na noción saussureana de signo, que supón a coincidencia dun significado e dun significante, e da que pode deducirse que nada é propiamente lingüístico se non implica esta coincidencia. A operación conmutativa que permite illar as diferencias de sentido que corresponden a diferencias de forma proseguirase na análise da lingua ata o momento no que se chegue a signos que xa non é posible analizar como a suma de dous signos distintos. A determinación das unidades funcionais dunha lingua lévase a cabo mediante la técnica da conmutación , que constitúe un corolario ou consecuencia do principio da funcionalidade. Dita técnica consiste en substituír nun mesmo contexto e nun mesmo plano un elemento lingüístico por outro para comprobar se con tal substitución prodúcese algunha alteración no outro plano. En caso positivo, determinaremos a existencia dunha diferencia funcional (e, por tanto, de dúas unidades funcionais distintas); en caso negativo, os elementos substituídos son meras variantes de realización dunha mesma e única unidade funcional.
O concepto de distinción ou diferencia presupón o de contraste, o de oposición. Non pode distinguirse unha cousa de outra, se non están opostas entre si, se non se relacionan por contraste. Unha característica fónica terá función distintiva cando se opoña a outra propiedade fónica; isto é, cando ambas formen unha oposición fónica. As diferencias fónicas que nunha lingua dada permiten distinguir as significacións, son oposicións fonolóxicas, distintivas ou relevantes. Polo contrario, as diferencias fónicas que non permiten esta distinción son fonoloxicamente irrelevantes ou non pertinentes. En español, a oposición r/rr é distintiva, pois permite distinguir a significación de certas palabras: moro/morro , vara/barra; pero a oposición de s apical [ asma ] a s dental [ pasta ] non é distintiva, pois non permite distinguir ningunha parella de palabras, sendo indiferente o emprego dunha ou outra para a significación destas. COMO SE RECOÑECEN AS UNIDADES DA LINGUA DO PLANO DO CONTIDO? As unidades do contido non corresponden ao que unha lingua pode dicir en contextos particulares, senón ao que debe dicir para expresar determinados contidos de pensamento. Así, podemos preguntarnos: existe en español, como unidade de lingua, o número dual (ou sexa, un número gramatical limitado a dous)? Sen dúbida, podemos referirnos a dous obxectos, ou sucesos ou características, etc., usando explicitamente o numeral dous ( dous libros, dous encontros, dúas virtudes ). Pero podemos facelo tamén sen iso. En Xoán e María quérense moito a referencia a dous resulta do feito de que as persoas nomeadas son dúas, en seus fillos, pode resultar de que sabemos que a persoa coa que falamos teñen dous fillos; e en estas árbores , do feito de que tantos son as árbores que se sinalan, etc. Quérense, seus fillos, estas árbores (...) presentan a mesma forma para a referencia a dous ou a máis de dous. Por conseguinte, o dual non existe en español como feito de lingua, xa que non debe dicirse e non se expresa por medio de formas específicas. O, se se quere, existe só nos numerais dous, ambos, entrambos , que, sen embargo, non se distinguen materialmente dos plurais e constrúense con substantivos en plural. O dual existía, en cambio, como valor de lingua en grego ático e no indio antigo, linguas nas que formas específicas expresaban precisamente este contido, tanto no nome como no verbo. E certas linguas teñen incluso un trial. Os catro principios (o de funcionalidade e os tres que se formulan a continuación) son característicos do estruturalismo europeo de orientación funcional, representado por lingüistas como André Martinet ou Eugenio Corseriu. Outras correntes estruturalistas, que comparten co funcionalismo a idea de que as linguas son sistemas de signos estruturados do mesmo tipo, rexeitan algún destes principios. PRINCIPIO DE OPOSICIÓN Este principio explica como están constituídas as unidades funcionas dunha lingua e, por tanto, serve para determinar a súa identidade. Segundo o principio da oposición, a identidade das unidades funcionais está determinada polas oposicións nas que participan. O feito de que unhas unidades funcionais se opoñan a outras é o que fai que existan como tales e non meramente o feito de que teñan trazos distintos.
A unidade resultante dunha neutralización é unha archiunidade que se define polos trazos funcionais comúns ás unidades neutralizadas. Cando se produce unha neutralización, as unidades neutralizadas convértense en variantes da archiunidade. A neutralización non debe confundirse co sincretismo que con frecuencia se manifesta nas unidades gramaticais. Hai sincretismo cando dous signos gramaticais distintos teñen un significante idéntico. Entendido deste modo, o sincretismo é idéntico ao fenómeno que no ámbito do léxico recibe o nome de homonimia.