















































Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Prepara tus exámenes con los documentos que comparten otros estudiantes como tú en Docsity
Encuentra los documentos específicos para los exámenes de tu universidad
Estudia con lecciones y exámenes resueltos basados en los programas académicos de las mejores universidades
Responde a preguntas de exámenes reales y pon a prueba tu preparación
Consigue puntos base para descargar
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Comunidad
Pide ayuda a la comunidad y resuelve tus dudas de estudio
Ebooks gratuitos
Descarga nuestras guías gratuitas sobre técnicas de estudio, métodos para controlar la ansiedad y consejos para la tesis preparadas por los tutores de Docsity
Asignatura: realizacion, Profesor: Paulino Garcia, Carrera: Comunicación Audiovisual, Universidad: USC
Tipo: Exámenes
1 / 55
Esta página no es visible en la vista previa
¡No te pierdas las partes importantes!
















































En oferta
1.-Que é a profundidade de campo? A. É a zona da imaxe onde se pode axustar a profundidade ao nivel de saída de vídeo, podendo forzar nesa zona a sensibilidade cando a iluminación é escasa B. É a distancia existente entre o centro da lente e o plano onde se forma a imaxe cando o obxectivo está enfocado a infinito C. É a distancia comprendida entre os puntos máis próximo e máis afastado da escena que se vaia fotografar ou gravar que pode reproducirse nitidamente no plano focal D. É a maior cantidade de escena que queda proxectada dentro da cobertura do obxectivo enfocado a infinito
2.-Que é un CCD? A. Un dispositivo fotocaptor que almacena a información que recolle B. Un dispositivo fotocaptor que a xeito de prisma separa a luz branca nas tres cores primarias R, G, B C. Un dispositivo fotocaptor que recibe a luz, convértea en enerxía, almacénaa e transfírea D. Un dispositivo que converte o sinal analóxico en dixital
3.-Cal é a ecuación fundamental da luminancia? A. Y = 0,30G +0,59 B +0,11 R B. Y = 0,59G +0,11 B +0,30 R C. RGB = ( R - Y ) + YUB D. Y = 0,11G +0,30 B +0,59 R
4.-Cal destas expresións relacionadas coa profundidade de campo é a correcta? A. Canto máis aberto estea o diafragma maior é a profundidade de campo B. Canto máis preto se atope o suxeito enfocado maior será a profundidade de campo C. A maior profundidade de campo conséguese cos teleobxectivos D. Canto maior sexa a distancia focal do obxectivo menor será a profundidade de campo
5.-Cal é o ancho de banda do sinal de vídeo no sistema PAL? A. 5,5 MHz B. 8,5 MHz C. 3,5 MHz D. 1,5 MHz
6.-Que é o número f? A. É o diafragma dun obxectivo B. É o numero de fotogramas por segundo á hora de gravar C. É o numero de fotogramas por segundo na reprodución
D. É unha escala de valores para medir o poder de admisión da luz que ten un obxectivo
7.-Que quere dicir que unha cámara é RÉFLEX? A. Corrixe de xeito electrónico o erro de paralaxe B. Vemos no visor o mesmo que entra polo obxectivo C. Que a película se controla de xeito manual D. Que se poden facer fotografías de gran formato
8.-A que se chama plano nadir? A. Ao plano horizontal B. Ao oposto ao cenital C. Ao plano vertical D. Ao que non ten elementos significantes
9.-Un plano dun personaxe tomado substancialmente por riba do eixe da mirada chámase: A. Plano de altura B. Picado C. Contrapicado D. Nadir.
10.-Cal destas afirmacións é a correcta? A. Maior abertura diafragma = nºf máis pequeno = menor profundidade de campo B. Menor abertura de diafragma = nºf máis pequeno = menor profundidade de campo C. Maior abertura de diafragma = maior profundidade de campo D. Nº f máis alto = menor profundidade de campo
11.-Cales destas características forman parte da definición dun teleobxectivo? A. Ten un menor ángulo de cobertura B. Aumenta a profundidade de campo da escena C. Aumenta a sensación de perspectiva D. O ángulo vertical refórzase en detrimento do horizontal.
12.-Como se chama o instrumento que gradúa a entrada de luz á cámara? A. Luxómetro B. Tacómetro C. Ollo de peixe D. Diafragma
13.-Cal é a parte común dunha cámara de cinema e mais dunha de vídeo de entre as catro que se indican? A. O corpo óptico B. O almacenamento das imaxes do target C. O magnetoscopio incorporado D. A electrónica
14.-A distancia entre o centro óptico dunha lente e o foco chámase: A. A profundidade de campo B. A profundidade de foco
A. 100% de amplitude e 75% de saturación B. 75% de amplitude e 100% de saturación C. Cada barra de cor ten a que se corresponde co seu ancho de banda D. Todos os sinais ao 100%
22.-Que significan as siglas NTSC? A. National Television System Commitee B. National Television System Center C. National Television Sature Color D. Never True Same Color
23.-Como se denomina o número de cores diferentes que pode conter cada un dos puntos ou píxeles que conforman a imaxe? A. Resolución espacial B. Frecuencia de cor C. Entropía D. Profundidade de cor
24.-Que é a profundidade de foco? A. A distancia entre o punto nodal posterior do obxectivo e o plano focal B. O espazo que vemos totalmente nítido diante e detrás do suxeito enfocado C. A capacidade de enfoque que ten o meu obxectivo D. A distancia que queda enfocada por diante e por detrás do plano focal
25.-Falando da profundidade de campo, esténdese por igual por diante que por detrás do suxeito enfocado? A. Si. Unha vez enfocado o suxeito, a profundidade de campo é a mesma tanto por diante coma por detrás B. Non. Unha vez enfocado o suxeito só hai foco dende o obxectivo ata o suxeito; por detrás del, non C. Non. Unha vez enfocado o suxeito, a profundidade de campo esténdese 1/3 por diante e 2/ por detrás D. Non. Unha vez enfocado o suxeito, a profundidade de campo esténdese 1/3 por detrás e 2/3 por diante
26.-Cal destas escalas corresponde á forma habitual de referirnos á escala de abertura dun obxectivo? A. 1,4 - 2 -2,8-4- 5,6 - 8 - etc. B. 1 - 2 -3 - 4 - 5 - 6 -7-8- etc. C. 2 - 4 - 6 - 8 D. 1 - 2 - 4 - 8
27.-Que significan as siglas CCD? A. Control Camera Device B. Charge Camera Device C. Charge Coupled Device D. Color Charge Device
28.-A luz forma parte do espectro electromagnético de ondas de radio que é visible nun rango limitado de lonxitudes de onda. Entre que zonas se atopa a luz visible? A. Entre a zona ultravioleta e a infravermella B. Entre a zona de raios gamma e a ultravioleta C. Entre as microondas e a zona de sinais infravermellos D. Na zona de sinais de radio e televisión
29.-Se enfoco o meu obxectivo sobre a distancia hiperfocal, a profundidade de campo esténdese: A. Dende a metade da hiperfocal ata o seu dobre B. Dende o infinito ata a hiperfocal C. Dende a metade da hiperfocal ata o infinito D. A profundidade de campo non varía, é a distancia focal a que se modifica
30.-O fenómeno polo cal a luz sofre unha desviación no seu traxecto ao pasar dun medio transparente a outro de densidade distinta coñécese por... A. Reflexión especular B. Reflexión difusa C. Refracción D. Transmisión
31.-O triángulo internacional de cores ou sistema CIE permite describir unha cor en termos matemáticos e representala graficamente pero, de cal das seguintes variantes relacionadas coa cor non achega información este sistema? A. Brillo B. Saturación C. Matiz D. Lonxitude de onda
32.-En televisión, a que se chama barricuda? A. A unha ferramenta de montaxe B. Está relacionado con caracterización ou maquillaxe C. A un elemento de iluminación D. A unha estrutura para construír decorados
33.-En iluminación de televisión, que é unha viseira? A. Son láminas planas de metal que hai no foco para limitar a área de incidencia B. É un sistema de protección para evitar o cegamento C. É unha forma rutineira de colocar os focos nos pantógrafos D. Un elemento de seguridade e hixiene
34.-A que denominamos ciclorama dun estudio de gravación? A. A un tipo de pintura azul uniforme coa que se pintan as paredes do estudio de gravación B. A un tipo de construción de decorado de cor uniforme, normalmente azul
D. As barras telescópicas
42.-O plano, normalmente de longa duración, que resolve unha situación complexa sen cambiar de toma, aínda que o tamaño da imaxe poida variar chámase: A. Plano secuencia B. Plano en travelling C. Plano elíptico D. Plano total
43.-Segundo o triángulo cromático da CIE, así que nos imos afastando do centro do triángulo, as cores representadas: A. Son máis saturadas B. Son máis contrastadas C. Son menos saturadas D. Tenden ao ultravioleta
44.-A sensación de pestanexo que recibe o ollo ao recibir unha secuencia de imaxes descontinua denomínase: A. Blinking B. Flicker C. Flashing D. Blinder
45.-Que é o proxector fresnel? A. Aparato de luz reflectida B. Aparato de luz refractada C. Aparato de luz modular D. Aparato de luz especular
46.-A candela é unha unidade de medición de: A. O fluxo luminoso B. A intensidade luminosa C. A iluminancia D. O contraste
47.-Que é o fluxo luminoso? A. É a intensidade dunha fonte luminosa ou brillo; mídese en candelas. B. É a cantidade de luz que emite unha fonte por segundo; a súa unidade é o lumen. C. É a cantidade de luz que incide sobre unha superficie; mídese en lux. D. É a claridade proporcionada por un obxectivo; mídese en stops de diafragma.
48.-Que é un CTO? ( CTO : color temperature orange) A. Un filtro de cor neutra que se coloca entre a fonte iluminante e a cámara para poder traballar con diafragmas abertos
B. Un filtro de cor laranxa que modifica a temperatura de cor da escena C. Un filtro de cor azul que modifica a temperatura de cor da escena D. Un filtro que serve para igualar a dureza das distintas fontes luminosas
49.-Cales son as cores primarias? A. Vermello, amarelo e azul B. Verde, azul e vermello C. Branco e negro D. Cián, maxenta e amarelo
50.-Por que se caracteriza un proxector con lente Fresnel? A. É un proxector elipsoidal que proporciona feixes de luz de contorno preciso con bordos recortados B. É unha fonte de luz suave, tamén chamada scoop, que se utiliza para obter un feixe ancho e uniforme C. É unha fonte de luz dura onde se pode correr cara a adiante ou cara a atrás o conxunto de lámpada e espello para axustar o feixe dende spot ata flood D. É a fonte de luz suave que se utiliza para iluminar cicloramas
51.-As cores espectrais, caracterízanse por: A. Existir como tales B. Existir como tales e como mestura doutras C. Existir só como mestura de cores D. Existir sempre unha cor complementaria dominante
52.-A que nos referimos cando falamos de etalonaxe? A. Ao axuste en parámetros sonoros dunha produción audiovisual B. Ao axuste en parámetros argumentais dunha produción audiovisual C. Ao axuste en parámetros de ambientación de decorados dunha produción audiovisual D. Ao axuste en parámetros de colorimetría dunha produción audiovisual
53.-Cales son as características do sistema NTSC? A. 525 liñas, varrido entrelazado, 30 cadros por segundo B. 525 liñas, varrido progresivo, 30 cadros por segundo C. 525 liñas, varrido aleatorio e 30 cadros por segundo D. 625 liñas, varrido entrelazado e 25 cadros por segundo
54.-Que é un proxector de efectos de cabeza móbil? A. Ferramenta para proxección de deseño gráfico en 3D B. Proxector robotizado para iluminación espectacular C. Proxector dunha cabeza quente nun guindastre D. Unha minicámara que se pode conectar a un mesturador de efectos de cabeza móbil
55.-Como se chama en vídeo ao que sería o equivalente do fotograma do cinema?
61.-Como se obtén a sección áurea dun segmento AB? A. Divídese o segmento AB en tres partes iguais co que temos resolto o problema dos puntos fortes ou centros de interese e aplicariamos a regra dos dous terzos. B. Dividimos o segmento AB en catro partes, en cada unha delas levántase unha perpendicular ata un segmento paralelo ao primeiro ao que chamamos A´B´. Só hai que repetir unha vez máis o proceso e teremos dividida a pantalla en 9 zonas, cada unha delas representa a sección áurea. C. Levántase no punto B unha perpendicular BC igual á metade de AB. Únense os puntos C e A. Dende C trázase un arco de raio CB que corta a AC en S. Dende A trázase un arco de raio AS que cortará a AB nun punto T. Este punto T divide AB en dúas partes segundo a proporción áurea. D. O concepto de sección áurea relaciónase coa composición harmónica, ten a súa orixe en Luca Pacioli que dividía calquera distancia dun segmento en dúas partes iguais que eran a máxima garantía da simetría e a orde perfecta que nos impón a sección áurea.
62.-Para que se utiliza a sección áurea? A. Para dar sensación de envellecemento nas imaxes B. Para compoñer harmonicamente a imaxe C. Para separar claramente as secuencias D. Para mellorar algúns elementos de decoración
63.-O plano americano é: A. O habitualmente usado nas películas norteamericanas B. Un plano aberto onde se ve toda a figura humana C. Un tipo de plano que corta a figura humana polos xeonllos D. É unha expresión inadecuada porque os planos non teñen nacionalidade
64.-Chámase aire o espazo que existe: A. Entre a cámara e o obxectivo B. Entre o suxeito e o decorado C. Entre o obxecto e as marxes do cadro D. Entre a cámara e o obxecto
65.-Se suprimimos algunhas secuencias, normalmente innecesarias, para entender a acción principal, de que procedemento falamos? A. Elipse. B. Cut back C. Salto por omisión D. Raccord de acción retardada
66.-Como se chama a prolongación de audio dun plano no seguinte? A. Inserto continuado B. Cabalgado C. Contratase D. Key audio frame
67.-A que se asocia a regra dos terzos en televisión?
A. A unha forma de división do tempo para mellorar o ritmo do programa B. Á división das cores en tres primarias e tres complementarias C. A unha forma de compoñer os planos D. Á intensidade da luz
68.-Que é un flash back? A. Un plano de detalle de moi curta duración B. Un salto atrás no tempo da narración C. O procedemento rápido de facer un balance de negros D. A supresión de elementos do pasado na narración
69.- O suspense na narración audiovisual relacionámolo: A. Co xénero de terror ou misterio B. Cun desaxuste entre o tempo real e o tempo psicolóxico C. Cun tipo de interpretación propia do cinema clásico D. A interrupción dunha secuencia sen xustificación
70.- Que entendes por erro de paralaxe? A. Cando ao positivar a película cinematográfica non obtemos as cores reais B. Cando o obturador da cámara cinematográfica obtura a unha velocidade diferente de 1/48 de segundo C. Cando en cinema se roda a unha velocidade diferente a 24 fotogramas por segundo D. En fotografía cando o que ve o fotógrafo a través do visor non coincide coa imaxe capturada a través do obxectivo da cámara
71.-Que é o Fig Rig? A. Unha forma concreta do flash back B. Un volante estabilizador coa cámara no centro C. A relación entre ruído e entropía do sinal dixital D. Un efecto dixital de mesturador
72.-Que é o contragancho? A. Un mecanismo de suxeición para aparatos de iluminación B. Un mecanismo da cámara cinematográfica para o arrastre intermitente da película C. Un dispositivo para o control da estabilidade da película na cámara cinematográfica D. O mecanismo que permite o xiro do obturador nos proxectores cinematográficos
73.-Nun mesturador de vídeo, a conmutación por corte entre dous sinais, prodúcese... A. Durante o impulso horizontal B. Durante o período de vertical C. Nas primeiras 25 liñas de cada campo D. Nas últimas 25 liñas do cadro.
74.- A que se denomina "set" no argot televisivo? A. A cada un dos diferentes decorados dun mesmo estudio ou que participan nun programa. B. A un plano onde conviven varios personaxes e onde se usa máis intensamente a profundidade de campo como elemento construtor do espazo. C. A un plano onde hai movemento interno e externo con varios decorados.
A. Un practicable en altura onde se coloca a cámara B. Un espazo de descanso aberto no decorado para o operador de cámara C. Un trípode de altura baixa onde colocar a cámara D. Un oco no decorado para camuflar a cámara
82.-Que coñecemos por dura trans? A. Un tipo de bobina de micrófono B. Unha lámina fina de material compacto que serve como elemento escenográfico C. Unha cinta transparente que se coloca en superficies pulidas para evitar reflexos por cámara D. Un produto que se aplica ao chan ou outras superficies para reforzar o seu brillo ou luminosidade
83.-Se nos piden que apliquemos o efecto sfumato na solución visual dun programa de televisión, que é o "sfumato"? A. O efecto de perspectiva cónica. B. Unha corrente cinematográfica que se deu en Italia nos anos 50. C. O lixeiro esvaído dos contornos e cores características da pintura de Leonardo. D. O primeiro soporte estabilizador de cámara.
84.-A que fai referencia o termo "paraelipse"? A. É un recurso narrativo que consiste en eliminar da narración todo o superfluo B. É un recurso narrativo que consiste en dar ao espectador un dato importante que o personaxe descoñece. C. É un recurso narrativo que consiste en ocultar un dato de capital importancia ao espectador, que o personaxe coñece. D. É unha estratexia narrativa que se emprega para desviar a atención e a anticipación do espectador
85.-Que se entende por un monitor de status? A. Un monitor onde vemos a saída do sinal que estamos a sacar ao aire B. O monitor que mostra o que está a emitir a nosa cadea, que non ten por que coincidir coa saída do control de realización onde estamos a traballar C. Un monitor-espello dunha play list de emisión que adoita utilizar o editor ou o director dun programa para o seu seguimento D. Un monitor situado no panel de control dun mesturador de vídeo onde se reflicten as ordes, as operacións de conmutación e os efectos que foron activados
86.-Falando de guión, que é un hook? A. Unha ferramenta do guionista para captar a atención do espectador B. A frase ou diálogo que resolve o conflito da trama principal da película e que ten lugar no terceiro acto C. Unha estratexia de guión que serve como rampla para reforzar o clímax da película D. Un punto de xiro da trama que fai avanzar a película nunha dirección imprevista
87.-A premisa dramática é... A. A tese ou idea central da historia resumida nunha soa frase
B. A estrutura básica da historia desenvolvida dramática e linealmente C. O por que do conflito do personaxe D. A razón que fai emerxer e evolucionar o conflito
88.-A que se chama cadea de cámaras? A. Ao conxunto de cámaras dun estudio B. Ao cable, tipo cadea, que une a cámara e o control C. A un mecanismo de seguridade de cámaras de estudio D. A la CCU que controla todas as cámaras dunha cadea de televisión
89.-A que se denomina plano sonoro? A. Á adecuación do son e os planos de imaxe B. Á norma de son CCIR C. A unha forma de ecualizar os agudos D. A un son de frecuencia constante ou plana
90.-Que entendemos por composición dunha imaxe? A. Ordenar os elementos da imaxe con linearidade espacial B. Crear simetría entre os elementos encadrados C. Ordenar os elementos da imaxe en función do seu punto de fuga D. Situar os elementos dunha imaxe de tal forma que a atención do espectador sexa guiada e recaia no punto que nos interesa
91.-Visualmente, cales son as cores máis pesadas? A. As cores cálidas B. As da gama azul C. Dependen da súa mestura co branco D. As cores non pesan visualmente
92.-Que entendemos por "raccord"? A. Os distintos elementos comúns entre dous planos consecutivos. B. A diferenza entre os elementos comúns de dous planos. C. A relación en canto ao ritmo de dous planos consecutivos. D. A continuidade visual entre un plano e o que o precede ou o segue.
93.-Cal destes factores identifican a composición dunha cor? A. Brillo, ton e píxel B. Matiz, saturación e timbre C. Matiz, saturación e brillo D. Saturación, ton e píxel
94.-Falando de narrativa audiovisual, que entendemos por PLOT? A. O desenlace da historia B. O drama interior do personaxe principal C. A trama, a historia principal D. O clímax da historia
D. En candelas
103.-Que se entende por movemento paraláctico? A. É o erro de distancia na toma cando non coincide o que vemos polo visor co que capta o obxectivo da cámara. Dáse sobre todo en fotografía con cámaras que non son réflex B. É o movemento interno de todos os compoñentes do cadro que teñen acción no plano C. Prodúcese cando realizamos un travelling orixinándose unha alteración das posicións relativas dos obxectos e as persoas no plano D. É o típico efecto de movemento falso que se orixina cando realizamos un zoom ou travelling óptico
104.-Dende o punto de vista narrativo, que entendemos se nos falan do "paradigma"? A. É o conflito interno do personaxe que o move para conseguir o seu obxectivo B. É o interrogante da trama principal que se resolve no terceiro acto C. É o arco de transformación que sofre o protagonista D. É o modelo de guión desenvolvido en tres actos
105.-Respecto ao peso visual nunha composición, cal é a expresión axeitada? A. Os tons claros sobre fondo escuro pesan máis que os escuros sobre fondo claro B. Os tons escuros sobre fondo claro pesan máis que os claros sobre fondo escuro. C. A forma irregular é máis pesada que a regular D. A igualdade de fondo, é máis pesado o contraste que o ton
106.-Respecto á percepción, que di a lei da pregnancia? A. As figuras tenden a organizarse de acordo coa unidade, simplicidade, simetría, orde, estabilidade e regularidade. B. Os estímulos próximos percíbense como máis doadamente formando parte dun todo que os estímulos afastados C. A inercia cinética de calquera trazo lineal, superficial ou progresión de matices tende á continuidade. D. As figuras abertas péchanse para obter unha figura completa, estable e pechada.
107.-Tradicionalmente a montaxe en vídeo coñécese como: A. Edición B. Sonorización C. Revelado D. Rotulación
108.-A que chamamos figurinos na industria audiovisual? A. Aos actores ou actrices que forman unha repartición secundaria, á marxe do elenco ou intérpretes máis destacados. B. Como o seu nome indica, ás figuras prefabricadas ou manequíns que serven para facer probas de vestiario ou dobres de luces. C. Aos debuxos que serven de pauta para fabricar o vestiario. Así pódese visualizar o que logo será o vestiario. D. É unha forma coloquial de referirnos aos actores ou presentadores que máis se prodigan nos chamados programas amarelos e/ou do corazón.
109.-Os conos e os bastóns son unhas células sensitivas cuxa función esencial é converter a luz en impulsos eléctricos, pero, en que parte do ollo se localizan? A. No cristalino B. Na córnea C. Na retina D. Na fóvea
110.-Na norma europea de 625 liñas e 50 campos, cal é o período de liña, é dicir, canto tarda o feixe de electróns en ler unha liña? A. 64 microsegundos B. 15.625 Hz C. 44 nanosegundos D. 64 milisegundo
111.-Aínda que non corresponda a unha categoría laboral comunmente admitida, o/a script nas rodaxes ou gravacións é: A. O/a secretario/a de rodaxe B. O/a director/ra de actores C. O/a encargado/a dos guións D. O/a director/ra dos medios
112.-Para que usamos o vectorscopio? A. Para medir o nivel máximo de brancos e negros B. Para medir o sinal de televisión dixital ou analóxica C. Para controlar o sinal de crominancia D. A zona de máxima amplitude de onda de cada sinal
113.-En televisión, de que se encarga o “forillista”? A. De deseñar, supervisar e ambientar os decorados B. De realizar as maquetas necesarias para simular ou complementar os decorados C. De deseñar e realizar os panos e siluetas corpóreas que simulan os fondos dos decorados D. Do vestiario e da xastraría
114.-Cal destas definicións distingue a diferenza entre secuencia e escena? A. A secuencia é a parte da acción gravada ou filmada entre dúas paradas consecutivas da cámara e a escena é unha unidade menor espazo-temporal. B. Unha escena pode ter varias secuencias, mentres que unha secuencia é unha unidade de acción que non se pode fragmentar. C. A secuencia é tamén chamada secuencia dramática e a escena é chamada tamén secuencia mecánica. D. A secuencia é chamada secuencia mecánica fronte á escena que se chama tamén secuencia dramática.
115.-Que é un escotillón ou trapela? A. Unha abertura disposta no decorado a través da cal pode traballar a cámara sen ser vista
122.-A liña que enlaza a mirada dun suxeito co punto a onde dirixe a súa mirada ou atención chámase: A. Eixe de acción B. Eixe de atención C. Tiro de cámara D. Toma de cámara
123.-A cal destas expresións correspondería o que normalmente chamamos ver unha imaxe a cámara lenta?( ips é imaxes por segundo) A. 18 ips B. 24 ips C. 11 ips D. 200 ips
124.-O sinal de vídeo en branco e negro, tanto para a norma americana coma para a europea, é dun volt "pico a pico" de amplitude. En que nivel de tensión eléctrica está o branco? A. 0 volt B. 1 volt C. 0,7 volt D. -0,3 volt
125.-Con que se relaciona o Sistema Runge, o Sistema Munsell e o Sistema Ostwald? A. Son diferentes sistemas de medición, atendendo ao mesmo padrón de referencia, da onda electromagnética B. Son sistemas de medición de niveis de potencia dos sinais que ocupan o espazo radioeléctrico C. Son modelos lóxicos para a sistematización e clasificación da cor D. Son modelos para a medición da luz das cores non espectrais
126.-Que é o "dither"? A. Un filtro de audio que permite filtrar as altas frecuencias nun sinal de entrada B. Un sinal de baixo nivel que nalgunhas ocasións se suma ao sinal analóxico antes de ser mostrado para asegurar un nivel mínimo de cuantificación C. Unha aplicación de audio para reducir o ruído de cuantificación D. Un filtro de reconstrución para todas as compoñentes de frecuencia dun sinal de audio mostrado que excedan a frecuencia de Nyquist
127.-En cantos decibeles se atopa o nivel dunha conversación normal? A. En 100 dB B. En 85 dB C. En 50 dB D. En 150 dB
128.-En que unidade se mide a impedancia? A. Volts B. Decibeles C. Ohms D. Pascais
129.-Que frecuencia de mostraxe desenvolve o formato DVCPro 50? A. 4:1: B. 4:2: C. 4:2: D. 4:0:
130.-Que tipo de micrófono, segundo o seu transdutor, é o micrófono de "gravata"? A. Micrófono de resistencia variable B. Micrófono piezoeléctrico C. Micrófono de cinta D. Micrófono electret
131.-En que codifica o estándar DIV-X, amplamente desenvolvido no ámbito para internet? A. MPEG- B. MPEG- C. MPEG- D. MPEG-
132.-A que se denomina "sound-track"? A. A banda de diálogos B. A banda con todos os elementos sonoros, agás diálogos C. Ao son de proba para os play backs D. Á música dunha película ou programa de televisión
133.-Se facemos un travelling óptico de achegamento sobre un obxecto... A. É coma se achegásemos o obxecto á cámara B. É que achegamos a cámara ao obxecto C. É un movemento sobre raís cara ao obxecto D. Non hai cambio de perspectiva ao achegarnos ao obxecto
134.-O concepto de cadro existe no vídeo con varrido progresivo dos novos formatos de alta definición? A. Existen os conceptos de cadro e de campo B. Si, de feito só existe este concepto e non o de campo C. Non, só existe o de campo D. Depende; só cando o formato é 1080i
135.-Nas conversións entre sinais analóxicos e dixitais, a que nos referimos se falamos de interpolación? A. Á conversión ao formato 4:2: B. Ao proceso inverso á mostraxe C. A unha imaxe subliminal D. Ao formato adoptado para a distribución de cinema dixital
136.-Posto que o ollo é máis sensible ao detalle da luminancia que ao da cor, cal destas afirmacións é a correcta para manter a calidade da imaxe? A. Abonda con tomar o dobre de mostras en cada sinal de crominancia respecto ás que necesitemos para o sinal de luminancia. B. Os píxeles quedan definidos polo brillo e a cor; polo tanto, haberá que tomar igual de mostras do sinal de crominancia que da de luminancia. C. Abonda con aumentar a cantidade de luz.