Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


Vanguardias, Apuntes de Idiomas

Asignatura: literatuta italiana, Profesor: , Carrera: Lenguas y Literaturas Modernas, Universidad: USC

Tipo: Apuntes

2015/2016

Subido el 29/02/2016

nagore_fernandez
nagore_fernandez 🇪🇸

4.2

(6)

5 documentos

1 / 6

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
AS VANGARDAS (1903-1925)
Movementos Literarios, Poéticas e Revistas
1.AS VANGARDAS
A literatura italiana nas dúas primeiras décadas do século XX caracterízase polo
desexo de renovación, de novidade e de rexuvenecemento. Dentro destes movementos
de renovación e reacción, destacan as vangardas.
O termo “vangarda” deriva do francés (“avant gardé”). Este concepto procede dunha
orixe militar que quere dicir o “que vai diante”.
Historicamente podemos afirmar que o nacemento deste concepto naceu no período
comprendido entre a 1ª e a 2ª Guerra Mundial (1914-1939), ou incluso con anterioridade
no comezo do Novecento. Esta época caracterízase por ser un período de cambios
políticos e sociais, que a nivel literario, supoñen unha ruptura co realismo e o
sentimentalismo do período anterior. As Vangardas supoñen un cambio radical con todo
o que precedía, algo semellante ao que significou o Renacentismo con respecto ao
Medievo, que estas se producen a un curto prazo. Nacen como resposta ao
movemento do Decadentismo e Naturalismo, co obxectivo de redescubrir unha nova
arte. As vangardas teñen a súa orixe en París (centro cultural da arte daquel momento),
fonte de anteriores tendencias de carácter renovador, como o Simbolismo, o
Impresionismo ou o Modernismo.
As Vangardas supoñen unha reivindicación das materias artísticas que deron lugar a
uns movementos que coñecemos como “ISMOS”. É importante aclarar que aínda que
en París naceran movementos como o cubismo, o futurismo ou o surrealismo, outros
como o expresionismo ou o dadaísmo naceron lonxe desta cidade, en Alemaña e Zurich
respectivamente.
Os artistas das vangardas negan a tradición, a memoria, os gustos e os valores, sobre
todo a sociedade das masas, aínda que buscasen a súa aprobación. Propoñen unha arte
que rompa por completo co pasado.
pf3
pf4
pf5

Vista previa parcial del texto

¡Descarga Vanguardias y más Apuntes en PDF de Idiomas solo en Docsity!

AS VANGARDAS (1903-1925)

Movementos Literarios, Poéticas e Revistas

1.AS VANGARDAS

A literatura italiana nas dúas primeiras décadas do século XX caracterízase polo desexo de renovación, de novidade e de rexuvenecemento. Dentro destes movementos de renovación e reacción, destacan as vangardas.

O termo “vangarda” deriva do francés (“avant gardé”). Este concepto procede dunha orixe militar que quere dicir o “que vai diante”.

Historicamente podemos afirmar que o nacemento deste concepto naceu no período comprendido entre a 1ª e a 2ª Guerra Mundial (1914-1939), ou incluso con anterioridade no comezo do Novecento. Esta época caracterízase por ser un período de cambios políticos e sociais, que a nivel literario, supoñen unha ruptura co realismo e o sentimentalismo do período anterior. As Vangardas supoñen un cambio radical con todo o que precedía, algo semellante ao que significou o Renacentismo con respecto ao Medievo, só que estas se producen a un curto prazo. Nacen como resposta ao movemento do Decadentismo e Naturalismo, co obxectivo de redescubrir unha nova arte. As vangardas teñen a súa orixe en París (centro cultural da arte daquel momento), fonte de anteriores tendencias de carácter renovador, como o Simbolismo, o Impresionismo ou o Modernismo.

As Vangardas supoñen unha reivindicación das materias artísticas que deron lugar a uns movementos que coñecemos como “ISMOS”. É importante aclarar que aínda que en París naceran movementos como o cubismo , o futurismo ou o surrealismo , outros como o expresionismo ou o dadaísmo naceron lonxe desta cidade, en Alemaña e Zurich respectivamente.

Os artistas das vangardas negan a tradición, a memoria, os gustos e os valores, sobre todo a sociedade das masas, aínda que buscasen a súa aprobación. Propoñen unha arte que rompa por completo co pasado.

Algunhas das características xerais das Vangardas son:

  • É unha arte minoritaria, intelectual e dirixida a aqueles que a poidan entender.
  • Actitude antirromántica e antisentimental.
  • Deshumanización porque vai desvincular a obra de arte da realidade. Non interesan os motivos que deron lugar a escrita senón a escrita en si mesma.
  • Pretenden unha renovación do material poético, entrando a formar parte da arte elementos que non tiñan que ver con ela, os cales son propios da vida cotiá. Exemplo: canto a un cravo, á roda dun coche... Ao mesmo tempo dáse unha dependencia entre as distintas artes: a pintura invade a lírica, a música trasládase ao verso, etc.
  • Hai un claro respecto á linguaxe, esta faise automática e irracional (as veces, deliberadamente absurda)
  • A arte non ten outra finalidade que existir por si mesma, se ben exista un sentido lúdico e transgresor, rompendo coas normas e coa tradición.

Estas características represéntanse formalmente no poema coa:

  • Supresión dos signos de puntuación.
  • Utilización de diferentes tipos de letra.
  • Aparición de siglas.
  • Caligramas (representación pictóricas).
  • Etc. Todos os movementos deste período fan a súa aparición a través de manifestos, declaracións públicas que explican a razón da súa aparición. Os principais movementos das vangardas son: futurismo, cubismo, dadaísmo, surrealismo ou superrealismo, ultraísmo, creacionismo...

1.1 AS VANGARDAS EN ITALIA

FUTURISMO Foi o primeiro dos ismos ou vangardas artísticas e movemento rompedor que facilitou o camiño ás demais correntes da primeira metade do século XX.

Nace en París no 1909, a mans de Marinetti quen publica o primeiro manifesto futurista no periódico francés “Le Figaro”, o que precede ao “Manifesto técnico della letteratura futurista” do 1912. Marinetti exaltaba neste manifesto o progreso, o culto do automóbil

xeométricas. Na pintura destaca especialmente Picasso ( Les demoiselles d'Avignon/Las señoritas de Avignon ) e na literatura o poeta Guilleaume Apollinaire ( Caligrammes ) O ultraísmo, nado en España, pretende destruir a cultura tradicional mediante a irracionalidade. A revista “Grecia” e o literato Jorge Luis Borges son fundamentais.

Vangarda vociana

Este movemento de vangarda recibe o nome de “vociana” polos poetas (Piero Jahier, Giovanni Boine ou Clemente Rebora)que escribían na revista florentina La Voce e trataban de evitar a tradición herdada do Ottocento e inclinarse máis cara o Frammentismo. A súa temática era de carácter autobiográfico, transmiten unha gran inquedanza moral e ética. Utilizan numerosos códigos lingüísticos

O Crepuscolarismo

O Crepuscolarismo é un movemento literario de principios do S XX que malia carecer de manifesto poético común si comparten afinidades culturais e actitudes existenciais. O termo "crepuscolarismo foi utilizado a partires da definición "crepuscolari". Este termo nace a partires dun artigo publicado en "La Stampa" por Giuseppe Antonio Borghese, con "crepuscolari" referíase á situación histórica, xa que ten lugar despois dunha época brillante da literatura italiana: a Dannuziana e a pascoliana. Baixo esta definición Borghese agrupa a todos os poetas deste novo movemento, sendo Guido Gozzano, Marino Moretti, Sergio Corazzini e Aldo Palazzeschi os máis influíntes e ademais pon en dúbida a súa calidade literaria. Este movemento rexeita a sociedade e cultura de inicio de século, isto pode recordarnos ao futurismo, pero aínda que comparten unha base non teñen os mesmos obxectivos nin tiveron a mesma influencia.

Características do crepuscolarismo : o Opoñíase á sociedade e á mentalidade do momento. o Idealizaba o mundo das cousas pequenas.

o Renunciaba ao compromiso político e social. o Actitude humilde e pouco chamativa. o Carecía de ideoloxía política. o Inspírase no clasicismo. o A vida é algo que superar con axuda da arte. o A súa poesía reflicte esa melancolía e bacío interior.

*Non é de todo acertado considerar o Crepuscolarismo como vangarda, xa que carece de manifesto e dun programa estrito.

REVISTAS

Na difusión das vangardas foron tamén importantes as revistas as cales contribuíron á difusión das ideas.

> La Voce Fundada por G. Prezzolini e G. Papini en 1908, La Voce era unha revista con contido político e social. O propósito principal era levar a cabo unha renovación cultural: criticando o conformismo da burguesía italiana, as clases dirixentes ou dar unha misión civil ao intelectual entre outras cousas.

> Poesia Esta revista fundada por Marinetti en Milan entre os anos 1905 e 1909 foi o motor da difusión do verso libre e nela foi publicado o manifesto do Futurismo. Autores de renome como Govoni ou Lucini publicaron en Poesia.

> Lacerba En 1913 G.Papini e A.Soffici crean a revista Lacerba despois de deixar La Voce. Trataba temas políticos, literarios e doutras artes. As súas críticas estiveron dirixidas principalmente aos costumes burgueses e ao conformismo popular. As súas publicacións tiñan pinceladas futuristas e antitradicionais.