Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


SANTA SOFÍA DE CONSTANTINOPLA, Resúmenes de Historia del Arte

Comentario basílica de Santa Sofía de Constantinopla (Estambul, Turquía) Arte bizantina

Tipo: Resúmenes

2020/2021

Subido el 01/06/2021

mery265
mery265 🇪🇸

4.4

(7)

19 documentos

1 / 2

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
SANTA SOFÍA
Santa Sofía é unha igrexa bizantina do século VI d.C., deseñada polos arquitectos
Antemio de Tralles e Isidoro de Mileto. Cronoloxicamente, pertence á Primeira Idade de
Ouro.
A división do Imperio Romano por Teodosio, no ano 395, entre os seus fillos
consumarase coas invasións bárbaras que afectarán letalmente á parte occidental. O
Imperio Romano de Oriente perdurará ata a caída de Constantinopla polos turcos en
1453.
Este imperio, cada vez máis helenizado, coñécese como Imperio bizantino e nel,
podemos destacar o reinado de Xustiniano (s.VI). En Bizancio, o máximo dirixente é un
emperador e o Estado tiña un forte sentido teocrático.
Os piares do Imperio foron a economía comercial (favorecida pola súa situación
estratéxica), a política exterior expansionista e a Igrexa, que serviu de elemento de
unificación. Ademais, o Imperio fundamentouse no cesaropapismo, que consistía na
unión do poder político e relixioso, de xeito que o Emperador era o representante de
Deus na terra.
A arte bizantina é, fundamentalmente, simbólica e transcendente, xa que pretende
representar mediante símbolos unha realidade que transcende o mundo visible.
Ademais, é unha arte colorista e luxosa que pretende impresionar o espectador.
Na arquitectura bizantina continúan en uso as formas baixorromanas e paleocristiás.
Durante a Primeira Idade de Ouro, séguense construíndo basílicas e edificios de planta
central, inspirados nos martirya paleocristiáns. É necesario destacar a importancia que
adquiren as cúpulas.
Os interiores dos edificios cóidanse o máximo cunha decoración a base de mosaicos,
pinturas e taraceas que invaden ata o último recuncho do muro. Ademais dos temas
cristiáns, abundan os motivos vexetais e zoomorfos.
As cubertas planas son substituídas por bóvedas de canón ou de aresta ou por cúpulas
múltiples nas que a transición do espazo cadrado da planta ao circular da bóveda faise
mediante as pechinas (triángulos curvilíneos). Para soster o peso destas cubertas
utilizáronse grosos contrafortes no exterior, materiais lixeiros (como ladrillo) que logo se
revestían de materiais máis nobres. Ademais, utilízase un complexo sistema de cúpulas
e semicúpulas cuxas forzas íanse contrarrestando ata descargar no muro; o resultado
desta operación é un gran espazo diáfano cun alto sentido simbólico.
Diferéncianse tres Idades de Ouro, separadas por períodos de decadencia. O momento
de máximo esplendor corresponde á Primeira Idade de Ouro (s.V-VI), concretamente,
durante o reinado de Xustiniano (s.VI), no que se asentan as bases da arte bizantina e se
crean as obras máis representativas. Esta época remata coa etapa iconoclasta, onde as
imaxes serán prohibidas e arte entrará nunha etapa de decadencia. A Segunda Idade de
Ouro (s.IX-XII) vive a expansión cara a Rusia e ó nordeste, e a Terceira Idade de Ouro
será o último renacer de Bizancio.
pf2

Vista previa parcial del texto

¡Descarga SANTA SOFÍA DE CONSTANTINOPLA y más Resúmenes en PDF de Historia del Arte solo en Docsity!

SANTA SOFÍA

Santa Sofía é unha igrexa bizantina do século VI d.C., deseñada polos arquitectos Antemio de Tralles e Isidoro de Mileto. Cronoloxicamente, pertence á Primeira Idade de Ouro.

A división do Imperio Romano por Teodosio, no ano 395, entre os seus fillos consumarase coas invasións bárbaras que afectarán letalmente á parte occidental. O Imperio Romano de Oriente perdurará ata a caída de Constantinopla polos turcos en

Este imperio, cada vez máis helenizado, coñécese como Imperio bizantino e nel, podemos destacar o reinado de Xustiniano (s.VI). En Bizancio, o máximo dirixente é un emperador e o Estado tiña un forte sentido teocrático.

Os piares do Imperio foron a economía comercial (favorecida pola súa situación estratéxica), a política exterior expansionista e a Igrexa, que serviu de elemento de unificación. Ademais, o Imperio fundamentouse no cesaropapismo, que consistía na unión do poder político e relixioso, de xeito que o Emperador era o representante de Deus na terra.

A arte bizantina é, fundamentalmente, simbólica e transcendente, xa que pretende representar mediante símbolos unha realidade que transcende o mundo visible. Ademais, é unha arte colorista e luxosa que pretende impresionar o espectador.

Na arquitectura bizantina continúan en uso as formas baixorromanas e paleocristiás. Durante a Primeira Idade de Ouro, séguense construíndo basílicas e edificios de planta central, inspirados nos martirya paleocristiáns. É necesario destacar a importancia que adquiren as cúpulas.

Os interiores dos edificios cóidanse o máximo cunha decoración a base de mosaicos, pinturas e taraceas que invaden ata o último recuncho do muro. Ademais dos temas cristiáns, abundan os motivos vexetais e zoomorfos.

As cubertas planas son substituídas por bóvedas de canón ou de aresta ou por cúpulas múltiples nas que a transición do espazo cadrado da planta ao circular da bóveda faise mediante as pechinas (triángulos curvilíneos). Para soster o peso destas cubertas utilizáronse grosos contrafortes no exterior, materiais lixeiros (como ladrillo) que logo se revestían de materiais máis nobres. Ademais, utilízase un complexo sistema de cúpulas e semicúpulas cuxas forzas íanse contrarrestando ata descargar no muro; o resultado desta operación é un gran espazo diáfano cun alto sentido simbólico.

Diferéncianse tres Idades de Ouro, separadas por períodos de decadencia. O momento de máximo esplendor corresponde á Primeira Idade de Ouro (s.V-VI), concretamente, durante o reinado de Xustiniano (s.VI), no que se asentan as bases da arte bizantina e se crean as obras máis representativas. Esta época remata coa etapa iconoclasta, onde as imaxes serán prohibidas e arte entrará nunha etapa de decadencia. A Segunda Idade de Ouro (s.IX-XII) vive a expansión cara a Rusia e ó nordeste, e a Terceira Idade de Ouro será o último renacer de Bizancio.

Nas construcións da Primeira Idade de Ouro, os exteriores son sobrios e o o efecto estético céntrase na propia estrutura do edificio e na gradación de volumes en altura.

A Primeira Idade de Ouro é unha época de esplendor político grazas á expansión do Imperio Bizantino por parte do Mediterráneo tras a conquista dalgúns territorios do norte de África, Italia e o sureste da Península Ibérica. Grazas a este esplendor engrandécese e embelécese a capital do Imperio, Constantinopla.

Esta igrexa toma moitos elementos da tradición romana e paleocristiá, e combínaos dunha forma moi innovadora.

Segue a tradición paleocristiá de planta basilical de tres naves, pero está inscrita nun cadrado deixando así un gran espazo central. Nos pés, hai un pórtico ou nártice, e na cabeceira, unha ábsida que sobresae ao exterior. Sobre as naves laterais de menor altura, sitúase unha tribuna ou matroneum que permite iluminar a nave.

As naves laterais cóbrense con bóveda de aresta e o gran espazo central cóbrese cunha gran cúpula que descansa sobre catro grandes arcos sostidos por catro grosos piares. O gran peso da cúpula é contrarrestado por un sistema articulado de cúpulas menores: dúas medias cúpulas nos eixes este e oeste, e estas á súa vez suxeitábanse con outras dúas medias cúpulas máis pequenas e diagonais, que transmiten o peso sobre o muro. Nos eixes norte e sur, o sistema de suxeición cambia, os grandes arcos cóbrense cun paramento no que se abren galerías e por riba tres filas de ventás. Os piares que reciben os empuxes refórzanse no exterior con grosos contrafortes.

O exterior é sobrio e pouco decorado, pero sen aspecto macizo, pois traduce ao exterior o xogo de volumes do interior, dándolle un aspecto moi dinámico.

No interior, créase un gran espazo diáfano e dinámico cun dobre eixe de movemento. Por un lado hai movemento dos pés á cabeceira (desde o profano ao sagrado) e por outro lado ascensional, desde o chan (terreal) cara as cúpulas (celestial).

A decoración a base de mármores de cores e mosaicos de fondos dourados confírenlle unha sensación de gran riqueza e dota á igrexa de gran dinamismo polo efecto da luz. A luz aumenta progresivamente desde as naves laterais, moi escuras, á nave central, máis luminosa, e acada o seu máximo na cúpula grazas ás 40 ventás que se abren na base e que proxectan luz sobre os mosaicos dourados, dando a sensación de que a cúpula flota sobre a igrexa, o que aumenta o seu valor simbólico. A decoración de carácter relixioso foi suprimida tras a conquista turca polo carácter iconoclasta do islam.

Grazas ao esplendor da Primeira Idade de Ouro, embelécese a capital do Imperio (Constantinopla) construíndo numerosas igrexas sobre as que destaca Santa Sofía. Santa Sofía pasa a converterse no modelo de outras moitas igrexas e, tras a toma de cidade polos turcos, de moitas mesquitas.