






Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Prepara tus exámenes con los documentos que comparten otros estudiantes como tú en Docsity
Encuentra los documentos específicos para los exámenes de tu universidad
Estudia con lecciones y exámenes resueltos basados en los programas académicos de las mejores universidades
Responde a preguntas de exámenes reales y pon a prueba tu preparación
Consigue puntos base para descargar
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Comunidad
Pide ayuda a la comunidad y resuelve tus dudas de estudio
Ebooks gratuitos
Descarga nuestras guías gratuitas sobre técnicas de estudio, métodos para controlar la ansiedad y consejos para la tesis preparadas por los tutores de Docsity
Asignatura: CONCEPTOS DE TEORIA Y CRITICA LITERARIA, Profesor: Fernando Cabo, Carrera: Lengua y Literatura Española, Universidad: USC
Tipo: Resúmenes
1 / 11
Esta página no es visible en la vista previa
¡No te pierdas las partes importantes!







Campo literario : Pierre Bordieu desenvolve a súa noción de campo literario, aínda que esta non tivo moita repercusión como outras teorías sistémicas. Dentro dos campos culturais encontramos o literario no que se sitúan os autores ou productores, mentres que os consumidores integran os chamados campos de poder. Distinguense dous subcampos : o subcampo da gran producción onde non hay moita autonomía e guianse polo beneficio económico, e o subcampo da producción restrinxida que goza de autonomía e non guia se polo beneficio económico.
Ficción : Nela baseanse as teorías obxetivistas. Propiedade de determinado tipo de formas culturais para desenvolver unha especial capacidade de representación que proporciona a experiencia imaxinaria de seres imaxinarios. A estimación dun texto como ficcional ou non,é que a ficción depende moi directamente do contexto cultural. Movementos teórico- críticos actuais atenderon a ficción literaria como efecto ideolóxico.
Literariedade : Concepto cuñado por Jakobson "Literaturnost". También ha recibido el nombre de literaturidade. Roman Jakobson na súa obra de 1919, determinou que o estudo da ciencia da literatura non é a literatura, senón a literariedade, o que fai dun texto un texto literario. Igual que é imposible falar de tempo e espazo como absolutos, senón que se fala de temporalidade e espacialidade dos obxectos. A literatura non pode ser analizada, so podemos analizar e probar a existencia dun conxunto de relacións mediante as cales a linguae adelgaza a súa dimensión comunicativa con outro obxectivo, dirixir a atención sobre ela mesma.
Crítica literaria : Considérase como unha das disciplinas que compoñen a ciencia da literatura, e é a encargada de analizar dende unha perspectiva sincrónica os textos e obras literarias. Sendo o crítico literario primeiramente un lector, non é un lector calquera, xa que fronte o lector normal, non busca o gozo e o deleite, senón as razóns que levan a ese gozo. Alfonso Reyes no seus prolegomenos a historia da literatura distingue tres graos ou niveis da crítica : impresión, interpretación e xuízo.
Estudos culturais : Conxunto de moitas disciplinas e vertentes culturais. Son moi valorados no ámbito anglosaxón. As vertentes máis importantes son o multiculturalismo e o materialismo cultural, ambas conflúen no seu compromio político. No caso do materialimo cultural, os estudos e análises non se presentan como mera investigación, senón como unha práctica, unha maneira de intervención ligada á defensa de modos de vida e cultura marxinais con respecto a hexemónica. O materialismo cultural, defínese como unha teoría fundada no compromiso da transformación da orde social que oprime á xente en función da súa clase, xénero ou raza.
Historia literaria : Disciplina que estudia dende unha perspectiva diacrónica, os textos e obras literarias. Rene Wellek é un dos grandes defensores de esta noción aínda que equipara o seu campo característico co conxunto de obras literarias dispostas como partes do proceso histórico e inscritas nunha serie temporal.
Arquitextualidade : Termo que, na teorización de Genette, designa o conxunto de categorías xénericas (formais e temáticas) que atinxen a cada texto en particular. Genette afirma que o obxecto da poética non é o texto considerado na súa singularidade, senón o arquitexto ou arquitextualidade, é dicir, " a literariedade da literatura".
Comedia : Ten as súas orixes na Grecia clásica. Nas festas agrícolas representabanse accións rituais nas que os diversos coros se enfrontaban invocando os deuses. A comedia xorde cando algúns compoñentes do coro separánse del comezan a dialogar deixando o canto polo recitado. A comedia para Aristóteles en su poética, xunto coa traxedia, son mimesis, imitación. A comedia representa situacións reais, ou polo menos verosímiles.
Novela Lírica : Freedman cuñou o término de novela lírica tras estudar e analizar a obra de diversos autores entre os que destaca Virginia Woolf, James Joyce, Thomas Mann o Franz Kafka. É un tipo de discurso mixto : novelesco por narrativo e lírico polo seu intimismo. Estas novelas caracterizáronse por un mundo subxectivo rico e variado, no cal os elementos estéticos teñen moita relevancia., dispostas a alcanzaren un clímax lírico. Ricardo Gullón considerou que está etiqueta non era a máis correcta xa que non había seguridade nos seus trazos definitorios.
Teatro épico : Ao poñer de relevo a oposición dramático/épico, Bertold Brecht
Autor implícito : Noción teórica introducida por Booth, para se referir a configuración por parte do autor real dunha figura non necesariamente explicitada que ten en sí mesma as normas e valores presentes na novela. É quen determina se o lector percibe o resultado da súa lectura.
Enuciación / enunciado : Se entende por enunciado unha determinada manifestación lingüística que se delimita polo seu contido ou pola súa dependencia dun acto expresivo único dun enunciador concreto. / A enunciación sería o acto de producir un mensaxe lingüístico nun contexto dado. Manifestase no enunciado mediante marcas deícticas do narrador. As dúas voces coinciden no mesmo plano polo que hay confusión.
Enunciador --------------------------------- Enunciado ------------------------- Receptor Enunciación
Estilo indirecto libre : Técnica de representación do discurso, moi identificada coa linguaxe literaria e mesmo coa ficcionalidade, na que se traspoñen as palabras ou os pensamentos dun personaxe mantendo o seus usos lingüísticos pero coas marcas deícticas do narrador. As dúas voces chegan incluso a coincidir no mesmo plano polo que hay confusión a hora de dicir quen é o narrador.
Hipodiéxese : Nivel narrativo constituido pola enunciación dun relato de segundo grao, dependente e subordinado ao nivel intradiexético ou principal. Este termo foi proposto por Mike Ball en sustitución do termo nivel metadiexético debido a que o prefixo non otorgaba a significación debida.
Analepse : Recurso narrativo de ampla utilización. Trátase dun tipo de anacronía que supón unha ruptura da orde cronolóxico sucesiva no relato para retomar acontecementos anteriores a o presente da acción ou mesmo ao seu inicio. Pode ser : interna, externa, mixta.
Duración : Categoría de temporalización narrativa que engloba o conxunto de fenómenos vinculados a relación de desaxuste (anisocronía) ou de equivalencia (isocronía) entre o tempo da historia e o tempo do discurso. O tempo da historia pode calcularse mediante marcas temporais que o autor vai establecendo, o tempo do discurso non pode fixarse. Mecanismos do autor para xogar coa duración poden ser as elipses, pausas ...
Espírito : Hálito divino infundido a un poeta "inspirado" ao que se lle dan uns coñecementos vetados para o home. Para Platón o poeta é un mero intermediario entre a linguaxe poética e a divinidade.
Frecuencia : Categoría da temporalización narrativa proposta por Genette, que engloba o conxunto de fenómenos vinculados ás relacións cuantitativas establecidas entre o número de acontecementos da historia e o número de veces que son enunciados no discurso. Existen varios tipos : Iterativa, singulativa e repetitiva
Cronotopo : Noción propia da Teoría da Relatividade de Albert Einstein levaba aos estudos literarios por Mijail Bakhtin. Mediante esta noción, Bakhtin pretende referirse ao caracter indisolubel do tempo e do espazo tanto na forma como no contido das expresións literarias.
Glosolalia : Na terminoloxía bíblica, glosolalia refírese ao feito de falar unha lingua que ou é allea o falante, ou resulta incomprensíbel para os oíntes. Serve tamén para designar os delirios verbais de certos enfermos mentais e unha forma lúdica de tratamento da linguaxe empregada polos nenos.
Escansión : División métrica dun verso co obxectivo de establecer as súas unidades características. Cada lingua ten diversos métodos de versificación e polo tanto diversas formas de escansión. Nas linguas romances como galego e castelán utilízase para a escansion o método da silabicación.
Espazo : Unha das categorías estructurantes máis destacadas do relato. Integra os elementos físicos e perceptibles do escenario no que se desenvolve a acción e os diferentes movementos dos personaxes. O estudo do espazo ten que considerar aspetos como a distribución en planos, volumes ou niveis. Chatman distingue entre espazo da historia e espazo do discurso. A importancia do espazo é tan grande que mesmo poden chegar a non ser necesarias outras instancias de forma específica, como sucede no caso do cronotopo, no que tempo e espazo son un só.
Escena : No teatro, o significado do termo escena refírese á área espacial acoutada para a representación e provén da denominación que recibiu o escenario no teatro grego e, por derivación, no romano ( scaena). Nun sentido diferente, a utilización do termo como división estrutural do texto dramático foi resultado da aplicación na dramaturxia clásica dun criterio preciso: a entrada e saída de personaxes.
Diálogo : No ámbito literario, enténdese por diálogo a representación do intercambio verbal de dous ou máis personaxes, normalmente nun contexto de oralidade nunha situación de copresenza. Trátase dun dos xeitos que emprega o relato para acoller a voz dos personaxes e consiste na representación da comunicación oral entre dous ou máis suxeitos. A presenza do diálogo pode responder a unha motivación mimética, para tratar de recoller a fala das persoas que serven de modelo aos personaxes ficticios. Pero a introdución dos diálogos na novela adoita amosar implicacións de tipo estilístico, pragmático e semántico, de xeito que o diálogo pasa a ser un signo literario máis que contribúe a crear o sentido do texto narrativo
Espazo teatral : Dende un punto de vista da semiótica, o espazo é o dominio fundamental a partir do que o teatro pode ser analizado, xa que, nesta arte todo pode ser lido e comprendido a partir do funcionamento do espazo como lugar (concreto e xeométrico) dos signos escénicos. O espazo substitúe no teatro dalgún xeito á voz narrativa propia da novela como condición de lectura a través da que o espectador se achega á comprensión do texto en todos os seus aspectos. Por outra banda, unha definición de espectáculo ten de pasar polo recoñecemento de polo menos tres elementos constantes, sen os que o acontecemento teatral non pode concibirse: o actor, o espectador e o espazo. o teatro caracterizaríase, por riba doutras consideracións, como un conxunto de signos manifesto nun espazo que acolle, nun momento dado, a emisores e receptores dunha mensaxe artística. Chámase espazo escenográfico á organización espacial que, no interior dun lugar teatral, pon en relación os emisores e receptores dun espectáculo teatral.