Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


términos diterli resumidos, Resúmenes de Idiomas

Asignatura: Teoria y critica literaria, Profesor: , Carrera: Lenguas y Literaturas Modernas, Universidad: USC

Tipo: Resúmenes

2014/2015
En oferta
30 Puntos
Discount

Oferta a tiempo limitado


Subido el 14/12/2015

estela12-7
estela12-7 🇪🇸

4.1

(7)

1 documento

1 / 7

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
DITERLI
Campo literario: Segundo Bourdieu, o espazo social contemporáneo está integrado por distintos campos
que se estruturan ao redor de dous tipos de capital: o capital económico e o capital cultural. Artellándose
sobre este último atópase o literario, no que se sitúan os autores ou produtores, mentres que os
consumidores de tales produtos se sitúan no campo do poder, no que prevalece o capital económico.
A estrutura do campo literario, pola súa parte, depende do grao de autonomía que manteña con respecto
ao campo do poder. E así distínguense dous subcampos: o da gran produción e o da produción restrinxida.
O primeiro deles goza de pouca autonomía ao se guiar polo beneficio económico. Neste campo, os
produtores mídense segundo o éxito comercial. O segundo, pola contra, mostra un alto grao de autonomía.
A busca de beneficio económico queda excluída, así que os produtores manteñen unha forte
independencia respecto da demanda maioritaria, tendo por consumidores aos outros produtores do campo.
Ficción: propiedade activa de determinado tipo de formas culturais –non necesariamente lingüísticas– para
desenvolver unha especial capacidade de representación que fornece, en palabras de José María Pozuelo
Yvancos, a experiencia imaxinaria de seres inexistentes ademais de que é historicamente variábel e
tamén xeograficamente movediza.
Literariedade: termo co que o formalismo ruso designou a propiedade formal constitutiva do uso artístico
da linguaxe. Para Jakobson, é o obxecto definitorio da ciencia da literatura, é dicir, o que fai dunha
determinada peza una obra literaria.
Os formalistas crían que unha obra non é literaria por posuír unha determinada configuración formal,
senón porque esta estrutura produce un determinado efecto estético
Crítica literaria: a noción de crítica literaria máis empregada no eido académico é a que a concibe como a
disciplina encargada de analizar dende unha perspectiva sincrónica os textos e as obras literarias.
O escritor Alfonso Reyes distinguía entre tres niveis da crítica: a impresión, a éxese e o xuízo. A impresión
consistiría na resposta máis directa e espontánea á lectura dunha obra e dela xorden as intuicións. O
xuízo sería a actividade pola que se valora a obra.
Estudos culturais:
Historia literaria: Nunha primeira aproximación pode entenderse como historia literaria a disciplina que ten
por obxecto o estudo da literatura entendida dende unha perspectiva cronolóxica. Dun xeito algo máis
preciso, a Historia literaria ocupouse tradicionalmente da investigación das fontes e relacións mutuas dos
textos literarios e da análise e mais da aclaraión do seu orixe, tanto dende o punto de vista da traxectoria
biográfica e creativa dos seus autores, como do contexto estético e cultural pertinente. O fin destas tarefas
sería a plasmación das ligazóns entre os diferentes feitos de relevancia literaria, de xeito tal que se
puidese amosar unha evolución histórica na que os fenómenos de cambio e permanencia terían unha
importancia funcional igualmente substantiva.
Arquitextualidade: segundo Gérard Genette, é a literariedade da literatura, designa o conxunto de categorías
xenéricas (formais e temáticas) que atinxen a cada texto en particular, tales como os tipos de discurso, os
modos da enunciación e os xéneros literarios.
Comedia: o xénero da comedia ten a súa orixe na Atenas do século V antes de cristo, nas ceremonias celebradas en
honra ao deus Dionisio. Durante estas festas agrarias representábanse accións rituais nas que diversos
coros se enfrontaban invocando aos deuses, facendo mofa do público ou intervindo en xogos eróticos. A
comedia xorde cando algúns actores se independizan do coro para dialogar entre si e dar corpo a mitos de
tipo carnavalesco, pasando do canto ao recitado. Como sinala Francisco Rodríguez Adrados, toda comedia
se abre cunha situación de inestabilidade na que está inmerso o coro e se pecha co triunfo do heroe e a
felicidade xeral.
pf3
pf4
pf5
Discount

En oferta

Vista previa parcial del texto

¡Descarga términos diterli resumidos y más Resúmenes en PDF de Idiomas solo en Docsity!

DITERLI

Campo literario: Segundo Bourdieu, o espazo social contemporáneo está integrado por distintos campos que se estruturan ao redor de dous tipos de capital: o capital económico e o capital cultural. Artellándose sobre este último atópase o literario, no que se sitúan os autores ou produtores, mentres que os consumidores de tales produtos se sitúan no campo do poder, no que prevalece o capital económico.

A estrutura do campo literario, pola súa parte, depende do grao de autonomía que manteña con respecto ao campo do poder. E así distínguense dous subcampos: o da gran produción e o da produción restrinxida. O primeiro deles goza de pouca autonomía ao se guiar polo beneficio económico. Neste campo, os produtores mídense segundo o éxito comercial. O segundo, pola contra, mostra un alto grao de autonomía. A busca de beneficio económico queda excluída, así que os produtores manteñen unha forte independencia respecto da demanda maioritaria, tendo por consumidores aos outros produtores do campo.

Ficción: propiedade activa de determinado tipo de formas culturais –non necesariamente lingüísticas– para desenvolver unha especial capacidade de representación que fornece, en palabras de José María Pozuelo Yvancos, a experiencia imaxinaria de seres inexistentes ademais de que é historicamente variábel e tamén xeograficamente movediza.

Literariedade: termo co que o formalismo ruso designou a propiedade formal constitutiva do uso artístico da linguaxe. Para Jakobson, é o obxecto definitorio da ciencia da literatura, é dicir, o que fai dunha determinada peza una obra literaria.

Os formalistas crían que unha obra non é literaria só por posuír unha determinada configuración formal, senón porque esta estrutura produce un determinado efecto estético

Crítica literaria: a noción de crítica literaria máis empregada no eido académico é a que a concibe como a disciplina encargada de analizar dende unha perspectiva sincrónica os textos e as obras literarias.

O escritor Alfonso Reyes distinguía entre tres niveis da crítica: a impresión, a éxese e o xuízo. A impresión consistiría na resposta máis directa e espontánea á lectura dunha obra e dela xorden as intuicións. O xuízo sería a actividade pola que se valora a obra.

Estudos culturais:

Historia literaria: Nunha primeira aproximación pode entenderse como historia literaria a disciplina que ten por obxecto o estudo da literatura entendida dende unha perspectiva cronolóxica. Dun xeito algo máis preciso, a Historia literaria ocupouse tradicionalmente da investigación das fontes e relacións mutuas dos textos literarios e da análise e mais da aclaraión do seu orixe, tanto dende o punto de vista da traxectoria biográfica e creativa dos seus autores, como do contexto estético e cultural pertinente. O fin destas tarefas sería a plasmación das ligazóns entre os diferentes feitos de relevancia literaria, de xeito tal que se puidese amosar unha evolución histórica na que os fenómenos de cambio e permanencia terían unha importancia funcional igualmente substantiva.

Arquitextualidade: segundo Gérard Genette, é a literariedade da literatura, designa o conxunto de categorías xenéricas (formais e temáticas) que atinxen a cada texto en particular, tales como os tipos de discurso, os modos da enunciación e os xéneros literarios.

Comedia: o xénero da comedia ten a súa orixe na Atenas do século V antes de cristo, nas ceremonias celebradas en honra ao deus Dionisio. Durante estas festas agrarias representábanse accións rituais nas que diversos coros se enfrontaban invocando aos deuses, facendo mofa do público ou intervindo en xogos eróticos. A comedia xorde cando algúns actores se independizan do coro para dialogar entre si e dar corpo a mitos de tipo carnavalesco, pasando do canto ao recitado. Como sinala Francisco Rodríguez Adrados, toda comedia se abre cunha situación de inestabilidade na que está inmerso o coro e se pecha co triunfo do heroe e a felicidade xeral.

Nova lírica:

Teatro épico: Ao poñer de relevo a oposición dramático/épico, Bertolt Brecht quixo manifestar a necesidade de reflectir as novas e conflitivas relación humanas a partir dunha mirada obxectiva e científica.

Neste novo contexto teatral, a ilusión dramática é desbotada e substituída pola oposición épica entre suxeito e obxecto. Nun primeiro momento, ao espectador do teatro épico o representado resultáballe comodamente alleo, pero logo era confrontado, de súpeto, coa súa propia realidade político-social, á maneira, como sinalou Bernard Dort (1960), dunha imaxe-boomerang que dende o escenario lle devolvese as circunstancias da configuración ideolóxica do mundo. O teatro épico nacía así cunha vocación marcadamente didáctica.

O teatro épico ou narrativo propugnou a posta en escena dunha totalidade, a historización do relato e a subordinación do discurso dos personaxes á perspectiva única dun eu épico, que favorecía o desenvolvemento dunha reflexión sobre o papel do individuo como ser social. Con esta intención Brecht botou man dun extenso repertorio de recursos escenográficos (os denominados efectos de distanciamento ). A súa función era romper coa continuidade dramática para presentar o normal e natural como algo insólito e estraño, como unha situación histórica que tiña de se explicar dende a distancia e o compromiso ideolóxicos. O teatro épico rexeitaba así mesmo a identificación como mecanismo de recepción e participación espectacular e, co fin de impedir estes efectos catárticos, desenvolveu un sistema propio de interpretación no que o actor debía gardar a distancia con respecto ao seu personaxe, é dicir, citalo, relatalo, preparalo ou lembralo, mais nunca confundirse con el (encarnalo).

Autor implícito: Denominación introducida por Wayne Clayson Booth para se referir á configuración por parte do autor real dunha figura non necesariamente explicitada que contén en si as normas e valores presentes na novela. Booth considera que o que el denomina implied author, propiamente en galego autor implicado, ten un precedente no concepto de "segundo eu" (second self) utilizado por Edward Dowden. É unha figura que cómpre distinguir tanto do autor real como do narrador.

Darío Villanueva matiza a Booth ao distinguir entre autor implícito non representado e autor implícito representado. O primeiro correspóndese co "segundo eu", mentres que o representado se refire a aqueles casos nos que existe unha figura ficticia que actúa como responsábel do texto. En moitos casos o autor implícito representado asimílase ao narrador.

Enunciación/Enunciado: Se se entende por enunciado unha determinada manifestación lingüística que se delimita polo seu contido dun acto expresivo único dun enunciador concreto, a enunciación sería a acción de producir esa mensaxe lingüística nun contexto dado no que se inclúe tamén o enunciatario. En termos de Émile Benveniste (1974), identificaríase co "poñer a funcionar a lingua mediante un acto individual de enunciación".

A enunciación maniféstase no enunciado mediante marcas deícticas (como as presentes en pronomes, verbos, demostrativos, etc.), que sinalan a posición do suxeito da enunciación como orixe do enunciado. Tal dimensión do enunciado, que apunta ao acto que o xera, é o que Benveniste denominou discurso.

Hai unha relación de presuposición entre enunciador e enunciado: ningún deles pode concibirse sen o outro. Con todo, cómpre tamén falar de casos de dobre enunciación, especialmente nos textos de ficción onde hai un suxeito da enunciación (ficticio), que non transcende o seu carácter interno ao propio texto, e outro (efectivo) que elude aparecer como eixo das referencias deícticas textuais.

Ademais do que sucede na narrativa, a enunciación é unha dimensión moi relevante no teatro e nos textos líricos.

Estilo indirecto libre: técnica de representación do discurso na que se traspoñen as palabras ou os pensamentos dun personaxe mantendo o seu idiolecto pero coas marcas deícticas do narrador. A diferenza do que ocorre no estilo indirecto, no estilo indirecto libre non existe subordinación sintáctica, de xeito que as dúas voces (a do narrador e a do personaxe) conflúen no mesmo plano e provocan, xa que logo, ambigüidade á hora de determinar quen é o responsábel do discurso.

Frecuencia: definida por Gérard Genette (1972), engloba o conxunto de fenómenos vinculados ás relacións cuantitativas establecidas entre o número de acontecementos da historia e o número de veces que son enunciados no discurso.

  • Relato singulativo, un enunciado narrativo pode contar unha vez (no discurso D) o que ocorreu unha vez (na historia H), adoptando a fórmula de Genette 1D/1H. Considera tamén como relato singulativo aquel enunciado narrativo que conta n veces o que sucedeu n veces ( nD/nH) ( "o luns deiteime cedo, o martes deiteime cedo, o mércores deiteime cedo ...").
  • Relato iterativo, consiste en mencionar unha vez no relato acontecementos que se produciron varias veces na historia (1D/nH)
  • Relato repetitivo, cando se presenta varias veces no relato un acontecemento ocorrido unha soa vez. Trátase de episodios que se reiteran na consciencia do narrador ou dos personaxes.

Cronotopo: O cronotopo literario caracterízase pola intersección de dúas dimensións: os elementos do tempo revélanse no espazo, á vez que o espazo é medido e entendido a través do tempo. No marco dos grandes cronotopos tipolóxicos atópase ademais un número ilimitado de cronotopos máis pequenos, que poden coexistir, combinarse, confrontarse, sucederse, etc.

O cronotopo ten ademais unha sinalada relevancia temática, pois con frecuencia é centro organizador dos principais acontecementos do argumento da novela.

Espazo: é unha das categorías estruturantes máis destacadas de todo relato. Integra elementos físicos e perceptivos do escenario no que se desenvolven a acción e os diferentes movementos dos personaxes.

Para un estudio pormenorizado do espazo adóitase recorrer á tipoloxía. Seymour Chatman (1978) distingue entre o espazo da historia e o espazo do discurso.

  • Espazo da historia : aquel no que se desenrolan os acontecementos. Hai quen prefire chamar a isto lugar.
  • Espazo do discurso : mediado pola perspectiva, contado polo narrador/persoa sometida a elaboración e construción (discontinua, dispersa e incompleta).

Tamén é posíbel distinguir entre un espazo alto e un espazo baixo e asocialos na literatura occidental coas concepcións bíblicas do ceo e o inferno e coa mitoloxía grecolatina. Trátase de oposicións axiolóxicas baseadas na segmentación do espazo

Locus Amoenus: Tópico asociado á descrición dun contorno natural harmónico e pracenteiro. Representa a integración coa natureza, o lugar feliz onde o ser humano se contempla substraído do fluír do tempo. Segundo sintetizou Ernst Robert Curtius (1948) , na súa forma canónica o locus amoenus identifícase coa paisaxe bela e umbría que inclúe, necesariamente, unha ou varias árbores, un prado e unha fonte ou arroio. Destinado ao ocio e o pracer e non a fins utilitarios, en ocasións, o espazo idílico é unha illa de boa ventura ou adopta a forma dunha gruta deliciosa.

Espírito: O termo espírito, como equivalente do grego pneuma, designa o hálito divino infundido no poeta "inspirado", que lle permite acceder a un tipo especial de coñecemento, vedado para o resto dos homes.

Na tradición ascética cristiá, tense empregado a miúdo na acepción de principio inmaterial, dotado de razón. Así, da distinción paulina entre carne e espírito derivou unha tipoloxía de seres humanos, desenvolvida polos gnósticos.

Dentro da filosofía contemporánea, a doutrina do espírito acada o seu punto culminante en Hegel. Para o autor alemán, o Espírito (Geist), concreción da Idea, constitúe "a verdade de todo".

Glosolalia: Na terminoloxía bíblica, glosolalia refírese ao feito de falar unha lingua que ou é allea ao falante, ou resulta incomprensíbel aos oíntes. Serve tamén para designar os delirios verbais de certos enfermos mentais e unha forma lúdica de tratamento da linguaxe empregada polos nenos. Caracterízase pola creación de palabras mediante a alteración de termos xa existentes na lingua (adicións, supresións, inversións). Estas palabras posúen un significado preciso para quen as emprega.

Monólogo dramático: No teatro, discurso extenso dun personaxe que non espera resposta de ningún interlocutor. Está relacionada con outras intervencións como o aparte ou a apelación ao público.

Ten unha presenza destacada, por exemplo, dentro da dramaturxia posmoderna, que pon de manifesto as limitacións da linguaxe como forma de comunicación humana e explora as múltiples formas da subxectividade. Patrice Pavis (1984) distinguiu tres tipos de monólogo segundo a súa función dramatúrxica.

  • monólogo técnico/monólogo-relato, que introduce unha serie de acontecementos que non se puxeron en escena.
  • monólogo lírico, que supón un momento de reflexión ou de expresión dos sentimentos dun personaxe.
  • monólogo de decisión/monólogo-dilema, a través do que o personaxe argumenta ante si mesmo as vantaxes e inconvenientes que comportan unha determinada actuación.

En poesía, enténdese por monólogo dramático aquel poema no que o falante aparece caracterizado como un "personaxe" diferente do autor, falante recoñecíbel e situado nunha circunstancia precisa. O seu obxectivo non consiste tanto en expor unha serie de contidos como en levar a cabo un retrato do falante, que se define a través do seu propio discurso. Cultivado por Ezra Pound.

Escansión: división métrica dun verso co obxectivo de estabelecer as súas unidades constitutivas. Os sistemas de versificación varían dependendo das tradicións literarias e das súas bases lingüísticas respectivas e, en función disto, haberá diferentes posibilidades analíticas de escansión.

Estrofa: xeralmente as estrofas sepáranse graficamente, como unidades dun conxunto maior, por espazos en branco, conservando certa homoxeneidade temática e coherencia sintáctica individual dentro do marco do poema, ao que contribúe o especial deseño editorial que fai distinguir os bloques estróficos dun claro xeito visual.

Licenza poética: aplícase a expresión licenza poética á vulneración das normas fonéticas, morfolóxicas, sintácticas ou léxicas na composición dun poema. Estas licenzas afectan, entre outros aspectos, á métrica dos versos. De aí a expresión licenza métirca , que consiste en atenuar as convencións e normas métricas. Deste xeito, por exemplo, o poeta modifica o número de sílabas fónicas dos versos para adaptalos á medida esixida (hiato, sinalefa, diérese, sinérese).

Cohesión:

Fragmentación: O fragmento preséntase como unha parte illada pertencente real ou virtualmente a un todo ausente, xa sexa un texto literario ou unha obra de arte. Kazimierz Bartoszynski (1991) ofrece, partindo de diferentes concepcións do texto, seis posibilidades de categorización:

  • Fragmento como oposto fronte a un todo que constitúe unha obra literaria, e con respecto ao cal estabelece unha relación de dependencia.
  • Fragmento no sentido delimitacional, isto é, como contrario ao texto delimitado de xeito regular.
  • Fragmento no sentido estrutural, unha obra enteira pódese considerar un fragmento se non cumpre as condicións de integridade estrutural requiridas.

musical ou fílmica. Tradicionalmente a función principal que se lle concede á escenografía é a de localizar e ambientar espacial e temporalmente a acción.

Apelación ao público: feito de que un actor, saíndose fóra do seu personaxe, dirixa parte dun texto (improvisado ou non) directamente ao público, rompendo así o efecto de illamento da representación fronte aos espectadores, isto é, a chamada ilusión teatral.

Este recurso non é normalmente usado no teatro dramático, onde é moi importante o mantemento da ilusión, a non ser que exista a figura do raisonneur , personaxe marxinal encargado de transmitir ao público o punto de vista idóneo da acción.

Diálogo: No ámbito literario, enténdese por diálogo a representación do intercambio verbal de dous ou máis personaxes, normalmente nun contexto de oralidade nunha situación de copresenza. Trátase dun dos xeitos que emprega o relato para acoller a voz dos personaxes.

Bobes Naves distingue varios tipos de diálogo:

  • diálogo referido e resumido narrativízase na voz do narrador, quen se encarga de referir dun xeito narrado ou seminarrado as ideas intercambiadas entre determinados personaxes.
  • No diálogo directo parcial un dos personaxes reproduce directamente unha intervención representada previamente polo narrador nun diálogo referido.
  • O diálogo directo amosa unha estrutura lingüística segmentada e organizada sobre o esquema pregunta-resposta.
  • Por último, o diálogo panorámico posúe un valor iterativo, é dicir, ten como referencia escenas repetidas.

Espazo teatral: